Barcelona

El cuaderno de viaje “Barcelona”, de David Pintor, es uno de los diez títulos seleccionados para la exposición itinerante “Libros sin palabras: destino Lampedusa”, un proyecto de cooperación internacional promovido por IBBY Italia cuyo objetivo es crear una biblioteca infantil en esta isla mediterránea que sirva de apoyo tanto a la población infantil de este enclave insular como a los niños y niñas que llegan al Centro de Primeros Auxilios y Recepción de inmigrantes.

La tercera edición de esta selección bibliográfica bianual se ha dado a conocer en un acto celebrado en el Café de Autores, en el marco de la 54ª Feria Internacional del Libro Infantil y Juvenil de Bolonia, que hoy llega a su fin tras cuatro días de intensa actividad.

“Barcelona” ha sido elegido entre un total de 80 títulos que conforman, según IBBY Italia, “lo mejor de la producción del mundo en materia de libros sin palabras de los dos últimos años”. Un jurado de expertos ha evaluado las propuestas procedentes de 21 países, de las que finalmente diez títulos de Bélgica, Dinamarca, Italia, Japón, Países Bajos, Francia, Australia y España han sido destacados por su “originalidad, complejidad, valor estético y temática”.

"Barcelona", de David Pintor (Kalandraka): MACBA.

Reconocido por su obra en Italia, donde ha sido seleccionado en varias ocasiones para exponer en la Feria del Libro Infantil de Bolonia y ha recibido el premio Città del Sol como mejor ilustrador de 2011, David Pintor es el artífice de una colección de libros de artista publicados por KALANDRAKA que recorren las ciudades de Compostela, Lisboa, Barcelona y -de reciente publicación en este mes de abril- Venezia.

La exposición en la que “Barcelona” va a estar presente cuenta con la colaboración de IBBY y del Palazzo delle Esposizioni, un gran espacio expositivo situado en el centro de Roma, que será el punto de partida de la muestra. El proyecto “Libros sin palabras: destino Lampedusa” contempla que el Palazzo delle Esposizioni albergue un archivo histórico de este género editorial para que esté a disposición de docentes, investigadores, escolares y público en general.

Desde IBBY Italia han destacado la importancia de los libros sin palabras “como poderosas herramientas para cruzar las fronteras lingüísticas, geográficas y culturales”. Así, junto con la exposición itinerante bianual, el proyecto aspira a crear una biblioteca pública en Lampedusa, que recibe a miles de inmigrantes cada año, muchos en edad infantil.

En el marco de esta iniciativa, IBBY Italia comenzó en 2013 a desarrollar un campo de trabajo con voluntarios de varios países, consistente en la recogida de libros y la realización de talleres de lectura y actividades escolares. La quinta edición de estas jornadas contó con la participación de 35 cooperantes europeos y 15 habitantes de Lampedusa.

Ante la demora en la creación de la biblioteca y en defensa del “derecho de toda persona a tener acceso libre a la cultura”, el pasado mes de noviembre los voluntarios de IBBY enviaron una carta al alcalde de la isla italiana para pedirle “un esfuerzo” para concluir tan pronto como sea posible el proyecto de apertura de esta biblioteca por la que llevan esperando “mucho tiempo”.

 


 

"Barcelona", de David Pintor, destacado por IBBY Italia en Bolonia

O caderno de viaxe “Barcelona”, de David Pintor, é un dos dez títulos seleccionados para a exposición itinerante “Libros sen palabras: destino Lampedusa”, un proxecto de cooperación internacional promovido por IBBY Italia cuxo obxectivo é crear unha biblioteca infantil nesta illa mediterránea que sirva de apoio tanto á poboación infantil deste enclave insular como aos nenos e nenas que chegan ao Centro de Primeiros Auxilios e Recepción de inmigrantes.

A terceira edición desta selección bibliográfica bianual deuse a coñecer nun acto celebrado no Café de Autores, no marco da 54ª Feira Internacional do Libro Infantil e Xuvenil de Boloña, que hoxe chega ao seu fin tras catro días de intensa actividade.

“Barcelona” foi elixido entre un total de 80 títulos que conforman, segundo IBBY Italia, “o mellor da producción do mundo en materia de libros sen palabras nos dous últimos anos”. Un xurado de expertos avaliou as propostas procedentes de 21 países, das que finalmente dez títulos de Bélxica, Dinamarca, Italia, Xapón, Países Baixos, Francia, Australia e España foron destacados pola súa “orixinalidade, complexidade, valor estético e temática”.

Recoñecido pola súa obra en Italia, onde foi seleccionado en varias ocasións para expoñer na Feira do Libro Infantil de Boloña e recibiu o premio Città del Sole como mellor ilustrador de 2011, David Pintor é o artífice desta colección de libros de artista publicados por KALANDRAKA e que percorren as cidades de Compostela, Lisboa, Barcelona e -de recente publicación neste mes de abril- Venezia.

A exposición na que “Barcelona” vai estar presente conta coa colaboración de IBBY e do Palazzo delle Esposizioni, un grande espazo expositivo situado no centro de Roma, que será o punto de partida da mostra. O proxecto “Libros sen palabras: destino Lampedusa” contempla que o Palazzo delle Esposizioni albergue un arquivo histórico deste xénero editorial para que estea a disposición de docentes, investigadores, escolares e público en xeral.

Dende IBBY Italia destacaron a importancia dos libros sen palabras “como poderosas ferramentas para cruzar as fronteiras lingüísticas, xeográficas e culturais”. Así, xunto coa exposición itinerante bianual, o proxecto aspira a crear unha biblioteca pública en Lampedusa, que recibe milleiros de inmigrantes cada ano, moitos en idade infantil.

No marco desta iniciativa, IBBY Italia comezou en 2013 a organizar un campo de traballo con voluntarios de varios países, consistente na recollida de libros e na realización de talleres de lectura e actividades escolares. A quinta edición desas xornadas contou coa participación de 35 cooperantes europeos e 15 habitantes de Lampedusa.

Ante a demora na creación da biblioteca e en defensa do “dereito de toda persoa a ter acceso libre á cultura”, o pasado mes de novembro os voluntarios de IBBY enviáronlle unha carta ao alcalde da illa italiana para pedirlle “un esforzo” para rematar tan pronto como sexa posible o proxecto de apertura desta biblioteca pola que levan agardando “moito tempo”.


One Response to ‘BARCELONA’, DE DAVID PINTOR, DESTACADO POR IBBY ITALIA

  1. Pingback: Kalandraka - Blog K

Deja un comentario