Xulio Gutiérrez e Chema Heras, directores da colección de Ciencias de Kalandraka

Xulio Gutiérrez e Chema Heras, directores da colección de Ciencias de KALANDRAKA

Ollos”, de Xulio Gutiérrez e Nicolás Fernández, publicado na serie Animais Extraordinarios de KALANDRAKA, vén de ser incluído na selección The White Ravens 2017 pola Internationale Jugendbibliothek de Munich, que seleccionou 200 obras de 56 países para formar parte desta prestixiosa escolma dos mellores libros infantís e xuvenís.

Con esta distinción, o galego é unha das 38 linguas representadas en The White Ravens 2017 que, ao destacar “Ollos”, fai un recoñecemento a esta colección do selo Faktoría K: “Mentres moitos libros de non-ficción sobre animais do mundo se parecen uns aos outros porque organizan os seus contidos arredor de especies ou grupos, Animais Extraordinarios emprega unha estratexia diferente para explicar a abraiante diversidade e creatividade da natureza”, expón o comité de selección.

Asemade, os especialistas da Internationale Jugendbibliothek destacaron a claridade dos textos do profesor galego Xulio Gutiérrez, xunto coa precisión e co detallismo das ilustracións de Nicolás Fernández, madrileño afincado na Coruña.

“Ollos” é un dos títulos destacados no stand de KALANDRAKA en Liber, que remata hoxe en Madrid, e tamén ocupará un espazo importante no stand da editorial na Feira Internacional do Libro de Frankfurt, do 11 ao 15 de outubro. Precisamente, será na Feira de Frankfurt onde se vai presentar o catálogo impreso dos White Ravens, nun acto programado para o xoves día 12.

Dende a curuxa á lura xigante, pasando polo león ou o falcón peregrino, ata unha ducia de animais están representados neste libro científico que compara a visión da fauna -destacando as peculiaridades de cada especie- co sentido da vista dos humanos. Trátase do quinto volume dunha colección na que figuran “Bocas”, “Nacer”, “Construtores” e “Ocultos”, algúns dos cales xa foron distinguidos pola Fundación Germán Sánchez Ruipérez e pola Asociación Galega de Editores.

Profesor no IES da Pobra do Caramiñal, Xulio Gutiérrez é autor dunha vintena de libros sobre natureza e numerosos artigos en revistas especializadas. De formación autodidacta, Nicolás Fernández tamén ten publicadas varias obras como autor, ademais de compaxinar a súa faceta artística coa xestión dunha empresa ambiental.

Con “Ollos”, o catálogo de KALANDRAKA xa suma 15 títulos na veterana lista que impulsa a Internationale Jugendbibliothek, unha institución fundada en 1949 por Jella Lepman e que reúne libros infantís e xuvenís de todo o mundo para analizalos e achegarllos aos lectores como ferramenta de coñecemento e de intercambio cultural.

. . . . . .

"Ojos", de Xulio Gutiérrez y Nicolás Fernández (Faktoría K)

Ojos”, de Xulio Gutiérrez y Nicolás Fernández, publicado en la serie Animales Extraordinarios de KALANDRAKA, ha sido incluido en la selección The White Ravens 2017 por la Internationale Jugendbibliothek de Munich, que ha seleccionado 200 obras de 56 países y en 38 lenguas para formar parte de esta prestigiosa selección de los mejores libros infantiles y juveniles.

Esta distinción a “Ojos” -en la versión en gallego de la obra, editada también en castellano y portugués- supone un reconocimiento a esta colección del sello Faktoría K: “Mientras muchos libros de no-ficción sobre animales del mundo se parecen entre sí porque organizan sus contenidos en torno a especies o grupos, Animales Extraordinarios utiliza una estrategia diferente para explicar la asombrosa diversidad y creatividad de la naturaleza”, expone el comité de selección.

Además, los especialistas de la Internationale Jugendbibliothek han destacado la claridad de los textos del profesor Xulio Gutiérrez, junto con la precisión y detallismo de las ilustraciones de Nicolás Fernández.

“Ojos” es uno de los títulos destacados en el stand de KALANDRAKA en Liber, que finaliza hoy en Madrid, y también ocupará un espacio importante en el stand de la editorial en la Feria Internacional del Libro de Frankfurt, del 11 al 15 de octubre. Precisamente, será en la Feria de Frankfurt donde se presentará el catálogo impreso de los White Ravens, en un acto programado para el jueves día 12.

Desde la lechuza al calamar gigante, pasando por el león o el halcón peregrino, una docena de animales están representados en este libro científico que compara la visión de la fauna -destacando las peculiaridades de cada especie- con el sentido de la vista de los humanos. Se trata del quinto volumen de una colección en la que figuran “Bocas”, “Nacer”, “Constructores” y “Ocultos”, algunos de los cuales ya han sido distinguidos por la Fundación Germán Sánchez Ruipérez y la Asociación Galega de Editores.

Xulio Gutiérrez es autor de una veintena de libros sobre naturaleza y numerosos artículos en revistas especializadas. De formación autodidacta, Nicolás Fernández también ha publicado varias obras como autor.

Con “Ojos”, el catálogo de KALANDRAKA ya suma 15 títulos en la veterana selección The White Ravens que impulsa la Internationale Jugendbibliothek, una institución fundada en 1949 por Jella Lepman y que reúne libros infantiles y juveniles de todo el mundo para analizarlos y acercárselos a los lectores como herramienta de conocimiento e intercambio cultural.

"Ollos", de Xulio Gutiérrez e Nicolás Fernández (Faktoría K)

 


Deja un comentario