KALANDRAKA estará presente na Semana do Libro de Compostela (SELIC) dando a coñecer algunhas  das súas publicacións máis recentes, como “Cara de velocidade”, de Marga Tojo, que participará nun encontro co público este sábado 2 ás 13:30 horas na carpa instalada na Praza da Quintana. Tamén contará co músico Paco Nogueiras, que ofrecerá un mini-concerto co repertorio do seu novo libro-disco “Radio Bulebule” o luns día 4 ás 18:30 horas. Ademais, o sábado 9 ás 13:30 horas contará cunha representación do elenco do Grupo  Chévere para debullar as claves da Biblioteca de Teatro, cuxo primeiro título, “Río Bravo”, vén de recibir o Premio da Gala do Libro Galego 2018 ao mellor libro neste xénero.

 

Para a presentación deste sábado, a escritora e xornalista compostelá Marga Tojo recitará unha selección de textos da obra coa que gañou o X Premio Internacional Cidade de Orihuela de Poesía para Nenas e Nenos. Tras recoller o galardón na vila natal do poeta Miguel Hernández no pasado mes de marzo e visitar posteriormente o Espacio Kalandraka de Madrid, Santiago será a súa primera cita literaria en Galicia coa edición do poemario na nosa lingua. A protagonista de “Cara de velocidade” é unha nena que -malia á adversidade- afronta a vida cotiá con humor, fortaleza e imaxinación.

No seu pulso pola liberdade, a pequena «H» é unha superheroína con superpoderes que dá “pasos de xigante” e ten a capacidad de converter a hora de comer nun xogo disparatado ou nunha festa con improvisados instrumentos musicais; ou facer que un incidente doméstico sexa a excusa para fantasear con fascinantes peripecias. As súas andanzas transcorren nunha cidade hostil coa infancia, tratando de atopar maxia no caos urbano e actuando á marxe das directrices que marcan os adultos.

Marga Tojo elabora divertidas metáforas baixo o punto de vista infantil e apóiase nunha lírica musical que bebe de voces contemporáneas como Patti Smith, The Rolling Stones, Nina Simone ou Fran Pérez Narf. Afincada en Madrid, a autora traballou tanto en prensa digital -Eldiario.es, Praza.gal e Galizaanocero.tv- como impresa -Galicia Hoxe, Revista Luzes, El Correo Gallego e Revista do Audiovisual Galego-. Foi co-fundadora do proxecto xornalístico Dioivo, ademais de ter participado no Festival Cineuropa, e formar parte do consello editorial de Altermundo.

As próximas actividades abranguen tanto o público infantil e familiar como os lectores adultos. Os primeiros poderán gozar da música e das cancións de Paco Nogueiras, que está percorrendo Galicia cos espectáculos de RADIO BULEBULE. O seu novo libro-disco, que volve contar co ilustrador David Pintor e co realizador audiovisual José Miguel Sagüillo, xira arredor do medio radiofónico. Os temas configuran a  programación dunha emisora, dende a sintonía de entrada ata a axenda cultural ou o magazine de variedades, pasando polo faladoiro, as noticias, a información deportiva e a previsión meteorolóxica, entre outros contidos.

Por último, Xesús Ron e outros integrantes do Grupo Chévere presentarán os primeiros tres volumes da colección Biblioteca de Teatro: “Río Bravo”, “Annus Horríbilis e outros musicais” e “Eroski Paraíso”. Esta iniciativa conxunta da compañía compostelá, con 30 anos de traxectoria sobre os escenarios, e de KALANDRAKA, que vén de cumprir dúas décadas de produción editorial, pretende documentar o teatro “feito a pé de escenario” e poñer a disposición do público as súas obras completas para seguir gozando delas cando se pecha o pano.

O stand da libraría El Faro de los Tres Mundos na SELIC acollerá a Marga Tojo, Paco Nogueiras e o Grupo Chévere ao remate de cada presentación para que os autores asinen exemplares das súas obras.


Este viernes comienza la 77º Feria del Libro de Madrid en el Parque del Buen Retiro, hasta el 10 de junio. Un año más, los ‘Libros para soñar’ no faltarán a su cita con los lectores y lectoras. Os esperamos en la caseta 164 con un amplio calendario de firmas y variadas propuestas de lectura: los clásicos de siempre… ¡y muchas novedades! Este primer fin de semana no te pierdas el encuentro con:
Antonio Rubio: sábado 26 a las 12h.
Óscar Villán: sábado 26 a las 18:30h.
Fernando Alonso: domingo 27 a las 12h.
Xosé Ballesteros: domingo 27 a las 18:30h.


A III Gala do Libro Galego reuniu en Compostela o persoal das empresas editoras, das librarías, as escritoras e os escritores, convocados polos seus respectivos gremios, xunto con representantes doutros ámbitos do sector cultural, para premiar as mellores obras publicadas no último ano. O xurado designou «Pippi Mediaslongas» como a mellor tradución, pola frescura e a fluidez deste clásico universal de Astrid Lindgren na nosa lingua, e «Río Bravo» como o mellor libro de teatro, por darlle corpo impreso -nunha coidada edición- a unha obra pioneira que revolucionou o panorama dramático galego. O tradutor David A. Álvarez e Xesús Ron, do Grupo Chévere, recolleron estes galardóns.

David A. Álvarez, tradutor de «Pippi Mediaslongas»

Xesús Ron, do Grupo Chévere

Entre os títulos finalistas nesta Gala do Libro Galego tamén estiveron presentes «A horta de Simón«, de Rocío Alejandro, e «Cervatos«, de Lucía Novas, nas categoría de Libro Ilustrado e de Poesía, respectivamente.

Malia o descenso no número de títulos publicados, a merma na visibilidade da literatura galega e a perda de dereitos por parte dos galegofalantes, o xurado destacou «a gran calidade e o esforzo» dos axentes que interveñen na creación e produción bibliográfica.

Entre os momentos máis emocionantes da Gala, a prolongada ovación a Xabier P. Docampo, autor de «A nena do abrigo de astracán», que recibiu o premio de Narrativa; e o apoio -co público en pé- ao programa Diario Cultural da Radio Galega na figura da súa directora durante 28 anos, Ana Romaní, que obtivo o premio de Xornalismo Cultural.

Fran Alonso recolleu o premio a Proxecto Literario na Rede en nome de Ramón Nicolás, promotor d’O caderno da crítica

Ana Romaní, premio de Xornalismo Cultural

A Gala do Libro Galego é unha celebración conxunta da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega, a Asociación Galega de Editoras e a Federación de Librarías de Galicia. Cada unha das tres entidades entregou os seus premios honoríficos: a AELG recoñeceu a traxectoria literaria de Isabel-Clara Simó nomeándoa Escritora Galega Universal 2018 pola súa defensa da lingua, da cultura, e da dignidade nacional dos Països Catalans. A AGE recoñeceu a prolongada e constante aposta a prol do libro galego de Xavier Senín, subdirector do Libro e de Promoción Cultural da Xunta entre 1987 e 2005. Polo seu compromiso co libro galego e coa lectura, Xurxo Patiño, da libraría viguesa Librouro, recibiu a homenaxe da FLG. A presidenta desta entidade, Pilar Rodríguez, reivindicou -en nome das tres organizacións- máis apoio institucional para a lingua galega, o libro e a lectura, recuperando a Subdirección do Libro e a aplicación da Lei do Libro e da Lectura de Galicia.

 

Isabel-Clara Simó

Xavier Senín

Xurxo Patiño

Pilar Rodríguez, intervindo en representación das tres entidades organizadoras


Hasta el 13 de mayo se celebra, en la Plaza Nueva, una nueva edición de la Feria del Libro de Sevilla, con el lema Mujeres de letras tomar. Un año más, la librería Rayuela Infancia y KALANDRAKA van de la mano ofreciendo a los lectores y lectoras una amplia propuesta de lecturas para todas las edades. Los personajes de «El pequeño conejo blanco» y «La cebra Camila«, junto con «Luna«, dan la bienvenida al público que se acerca hasta estas dos casetas hermanadas, entre los 46 expositores participantes.

El autor de «Después de la lluvia«, Miguel Cerro, será uno de los autores, este sábado a las 20:00 horas, que visite este espacio. Junto con la obra ganadora del VIII Premio Internacional Compostela de Álbum Ilustrado, tampoco faltan el trabajo distinguido en la décima edición, «La huerta de Simón«, de Rocío Alejandro, y el X Premio Ciudad de Orihuela, «Cara de velocidad«, de Marga Tojo, ilustrado por María Hergueta, entre otros títulos galardonados en este certamen de poesía para niñas y niños.

 

Precisamente, entre los autores distinguidos por la organización de la Feria del Libro de Sevilla se encuentra el escritor y librero Fran Nuño, artífice del poemario «La hora de los relojes«; un reconocimiento a su trayectoria de fomento de la lectura, su obra literaria y su labor en colegios, bibliotecas y salas culturales.

Más de 200 actividades conforman el programa de la Feria del Libro de Sevilla, entre encuentros con autores e ilustradores, exposiciones, conferencias o rutas literarias. Además, los escolares de los centros de Educación Infantil, Primaria y Secundaria serán asiduos visitantes de las casetas y de los espacios destinados a la programación.