EL AYUNTAMIENTO DE SANTIAGO Y KALANDRAKA CONVOCAN EL XIII PREMIO INTERNACIONAL COMPOSTELA DOTADO CON 9.000 EUROS AL MEJOR ÁLBUM ILUSTRADO

El plazo de recepción de trabajos finaliza el 30 de abril y el fallo del jurado se conocerá la primera quincena de junio

 

El Departamento de Educación del Ayuntamiento de Santiago de Compostela y Kalandraka Editora convocan el XIII Premio Internacional Compostela para Álbumes Ilustrados, con una dotación económica única de 9.000 euros. El plazo de presentación de los trabajos finalizará el 30 de abril de 2020 y el fallo del jurado se dará a conocer durante la primera quincena de junio en el marco de las actividades de la XX Campaña de Animación a la Lectura del Ayuntamiento de Santiago.

Al XIII Premio Internacional Compostela pueden optar autores e ilustradores de cualquier nacionalidad con obras orignales e inéditas, escritas en cualquier lengua oficial de la Península Ibérica. Las personas interesadas en participar en el certamen deberán enviar cinco copias del texto, tres ilustraciones originales y cinco fotocopias en color de cada una de ellas, junto con una maqueta acabada de todo el proyecto.

Los proyectos podrán presentarse en cualquier tamaño, técnica y formato; la extensión no deberá superar las 40 páginas interiores (sin contar guardas ni cubiertas). El material, firmado bajo lema o seudónimo, y los datos personales de los participantes incluidos en un sobre cerrado, se enviarán al Registro General del Ayuntamiento de Santiago (calle del Presidente Salvador Allende nº4, 15705 Santiago de Compostela).

Kalandraka publicará la obra premiada en las cinco lenguas oficiales peninsulares —castellano, galego, català, euskara y portugués— en noviembre de 2020. La editorial podrá publicar también los trabajos que reciban una mención especial. El jurado estará formado por profesionales de reconocido prestigio en el ámbito de la literatura y la ilustración infantil. Las bases completas de participación en el XIII Premio Internacional Compostela para Álbumes Ilustrados podrán consultarse en las páginas web de Kalandraka (www.kalandraka.com) y del Ayuntamiento de Santiago (www.santiagodecompostela.gal).

OBRAS PREMIADAS EN ANTERIORES EDICIONES

La ganadora de la primera edición del Premio Internacional Compostela fue la argentina Natalia Colombo, autora e ilustradora de la obra titulada “Cerca”. Al año siguiente el mexicano Felipe Ugalde recibió el galardón por “Un gran sueño”. El autor Pep Bruno y la ilustradora Mariona Cabassa fueron distinguidos en la tercera edición por el libro “La familia C”. El uruguayo Martín León Barreto ganó la cuarta convocatoria con “El camino de Olaj”. Le siguió “Bandada”, de los mexicanos Julia Díaz y David Álvarez. En la sexta edición la obra elegida fue “Mamá”, de la argentina Mariana Ruiz Johnson. En la convocatoria de 2014 fue premiado “Ícaro”, del pacense Federico Delicado. La galardoada en 2015 fue “Después de la lluvia”, del cordobés Miguel Cerro. Al año siguiente, el premio recayó en los autores griegos Antonis Papatheodoulou e Iris Samartzi por “Una última carta”. En la décima edición ganó “La huerta de Simón”, de la argentina Rocío Simón. Fran Pintadera y Christian Inaraja fueron los autores galardonados en 2018 por “Cándido y los demás” y, el pasado año, la búlgara Mariann Máray con el álbum “El perro de Milu”. A lo largo de estas doce convocatorias, el certamen suma unas 3.000 obras presentadas desde numerosos países. Además, algunos de los libros dintinguidos con el Premio Compostela han cosechado otros reconocimientos de ámbito estatal e internacional: figuran en la Lista de Honor IBBY, la selección The White Ravens, el Premio Cuatrogatos y, recientemente, la obra distinguida en la undécima convocatoria obtuvo el Premio Nacional a los Libros Mejor Editados en la categoría infantil-juvenil.

La convocatoria del certamen se enmarca en la Campaña de Animación a la Lectura que organizan anualmente el Departamento de Educación del Ayuntamiento de Santiago y Kalandraka. Las actividades programadas —sesiones de cuentos y música para público infantil y familiar, talleres escolares de ilustración y escritura creativa, cuentacuentos para pre-lectores, charlas para docentes, madres y padres, exposición de ilustraciones— llegan a más de 5.000 niños y niñas de la comarca compostelana.

…………………….

O CONCELLO DE SANTIAGO E KALANDRAKA CONVOCAN O XIII PREMIO INTERNACIONAL COMPOSTELA DOTADO CON 9.000 EUROS AO MELLOR ÁLBUM ILUSTRADO

O prazo de recepción de traballos remata o 30 de abril e o fallo do xurado coñecerase a primeira quincena de xuño

 

O Departamento de Educación do Concello de Santiago de Compostela e Kalandraka Editora convocan o XIII Premio Internacional Compostela para Álbums Ilustrados, cunha dotación económica única de 9.000 euros. O prazo de presentación dos traballos rematará o 30 de abril de 2020 e o fallo do xurado darase a coñecer durante a primeira quincena de xuño no marco das actividades da XX Campaña de Animación á Lectura do Concello de Santiago.

Ao XIII Premio Internacional Compostela poden optar autores e ilustradores de calquera nacionalidade con obras orixinais e inéditas, escritas en calquera lingua oficial da Península Ibérica. As persoas interesadas en participar no certame deberán enviar cinco copias do texto, tres ilustracións orixinais e cinco fotocopias en color de cada unha delas, xunto cunha maqueta acabada de todo o proxecto.

Os proxectos poderán presentarse en calquera tamaño, técnica e formato; a extensión non deberá superar as 40 páxinas interiores (sen contar gardas nin cubertas). O material, asinado baixo lema ou seudónimo, e cos datos persoais dos participantes incluídos nun sobre pechado, enviarase ao Rexistro Xeral do Concello de Santiago (rúa do Presidente Salvador Allende nº4, 15705 Santiago de Compostela).

Kalandraka publicará a obra premiada nas cinco linguas oficiais peninsulares —galego, castelán, catalán, éuscaro e portugués— en novembro de 2020. A editorial poderá publicar tamén os traballos que reciban unha mención especial. O xurado estará formado por profesionais de recoñecido prestixio no eido da literatura e da ilustración infantil. As bases completas de participación no XIII Premio Internacional Compostela para Álbums Ilustrados poderán consultarse nas páxinas web de Kalandraka (www.kalandraka.com) e do Concello de Santiago (www.santiagodecompostela.gal).

OBRAS PREMIADAS EN ANTERIORES EDICIÓNS

A gañadora da primeira edición do Premio Internacional Compostela foi a arxentina Natalia Colombo, autora e ilustradora da obra titulada “Cerca”. Ao ano seguinte o mexicano Felipe Ugalde recibiu o galardón por “Un gran soño”. O autor Pep Bruno e a ilustradora Mariona Cabassa foron distinguidos na terceira edición polo libro “A familia C”. O uruguaio Martín León Barreto gañou a cuarta convocatoria con “A viaxe de Olaf”. Seguiulle “Bandada”, dos mexicanos Julia Díaz e David Álvarez. Na sexta edición a obra elixida foi “Mamá”, da arxentina Mariana Ruiz Johnson. Na convocatoria de 2014 foi premiado “Ícaro”, do pacense Federico Delicado. A galardoada en 2015 foi “Despois da chuvia”, do cordobés Miguel Cerro. Ao ano seguinte, o premio recaeu nos autores gregos Antonis Papatheodoulou e Iris Samartzi por “Unha última carta”. Na décima edición gañou “A horta de Simón”, da arxentina Rocío Simón. Fran Pintadera e Christian Inaraja foron os autores galardoados en 2018 por “Cándido e os demais” e, o pasado ano, a búlgara Mariann Máray co álbum “O can de Milu”. Ao longo destas doce convocatorias, o certame suma unhas 3.000 obras presentadas dende numerosos países. Ademais, algúns dos libros dintinguidos co Premio Compostela teñen colleitado outros recoñecementos de ámbito estatal e internacional: figuran na Lista de Honra IBBY, na selección The White Ravens, no Premio Cuatrogatos e, recentemente, a obra distinguida na undécima convocatoria obtivo o Premio Nacional aos Libros Mellor Editados na categoría infantil-xuvenil.

A convocatoria do certame enmárcase na Campaña de Animación á Lectura que organizan anualmente o Departamento de Educación do Concello de Santiago e Kalandraka. As actividades programadas —sesións de contos e música para público infantil e familiar, obradoiros escolares de ilustración e de escrita creativa, contacontos para pre-lectores, charlas para docentes, nais e pais, exposición de ilustracións— chegan a máis de 5.000 nenos e nenas da bisbarra compostelá.


Deja un comentario