KALANDRAKA COLABORA CON EL MINISTERIO DE EDUCACIÓN EN LA DOTACIÓN DE CONTENIDOS PARA «APRENDEMOS EN CASA» 

KALANDRAKA es una de las entidades que colabora con el Ministerio de Educación y Formación Profesional al dotar recursos para el programa “Aprendemos en casa”, una iniciativa que -a través del portal infantil Clan TV y La 2 de TVE, de Radio Televisión Española- proporciona materiales educativos dirigidos a alumnos y alumnas de 6 a 16 años mientras dure la suspensión de las clases presenciales en los centros de enseñanza como consecuencia del estado de alarma sanitaria.

«El Pequeño Conejo Blanco», de Xosé Ballesteros y Óscar Villán, que forma parte de los Cuentos Contados del canal de televisión digital KALANDRAKA TV, se emitirá mañana a partir de las 9:00 horas en el marco de esta programación especial que, de lunes a viernes y en abierto, ofrece cinco horas diarias de contenidos audiovisuales sobre distintas áreas de conocimiento y para distintas franjas de edad. «El Pequeño Conejo Blanco» se suma así a la reciente emisión de «¿A qué sabe la luna?».

Con esta colaboración solidaria, KALANDRAKA TV contribuye a que los niños y jóvenes que carecen de acceso a Internet puedan continuar su formación con recursos accesibles.  “Aprendemos en casa” presenta, desde el 23 de marzo, propuestas educativas para facilitar que todos los estudiantes puedan culminar este curso escolar a pesar de las dificultades motivadas por la pandemia.

 

 

KALANDRAKA COLABORA CO MINISTERIO DE EDUCACIÓN NA DOTACIÓN DE CONTIDOS PARA «APRENDEMOS EN CASA» 

KALANDRAKA é unha das entidades que colabora co Ministerio de Educación e Formación Profesional ao dotar recursos para o programa “Aprendemos en casa”, unha iniciativa que -a través do portal infantil Clan TV e La 2 de TVE, de Radio Televisión Española- proporciona materiais educativos dirixidos a alumnos e alumnas de 6 a 16 anos mentras dure a suspensión das clases presenciais nos centros de ensino como consecuencia do estado de alarma sanitaria.

«O Coelliño Branco», de Xosé Ballesteros e Óscar Villán, que forma parte dos Contos Contados da canle de televisión dixital KALANDRAKA TV, emitirase mañá a partir das 9:00 horas no marco desta programación especial que, de luns a venres e en aberto, ofrece cinco horas diarias de contidos audiovisuais sobre distintas áreas de coñecemento e para distintas franxas de idade. «O Coelliño Branco» súmase así á recente emisión de «A que sabe a lúa?».

Con esta colaboración solidaria, KALANDRAKA TV contribúe a que os nenos e os mozos que carecen de acceso a Internet poidan continuar a súa formación con recursos accesibles.  “Aprendemos en casa” presenta, dende o 23 de marzo, propostas educativas para facilitar que todos os estudantes poidan culminar este curso escolar a pesar das dificultades motivadas pola pandemia.


A GALA DO LIBRO GALEGO 2020 PREMIA LIBROS DE POESÍA, TEATRO E A TELEVISIÓN DIXITAL DE KALANDRAKA 

«Feliz Idade», de Olga Novo, na categoría de poesía, «Citizen», do Grupo Chévere, no apartado de teatro, e a canle de televisión dixital KALANDRAKA TV como proxecto literario na rede, veñen de ser distinguidos na quinta edición dos Premios Gala do Libro Galego 2020 que organizan a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega, a Asociación Galega de Editoras e a Federación de Librarías de Galicia.

A alarma sanitaria motivada pola pandemia de COVID-19 motivou que a celebración da Gala, programada inicialmente para este serán no Teatro Principal de Santiago, se adiase ata outono e que o xurado se reunise telematicamente para valorar as candidaturas.

O poemario de Olga Novo, en palabras da autora, foi “escrito ao mesmo tempo que foi vivido”. Nos seus versos mestúranse experiencias vitais tan importantes como a perda do pai e o nacemento da filla, tendendo entre ambos unha ponte xeracional e vital. Trátase dunha obra que, ademais dos sentimentos e das emocións, tamén está ancorada na terra, no mundo rural en nun valioso patrimonio colectivo.

Tras «Río Bravo» e «Eroski Paraíso», Chévere recibe por terceiro ano consecutivo este galardón, convertendo a Biblioteca de Teatro nun referente dos textos dramáticos. A compañía galega, Premio Nacional de Teatro 2014, presenta nesta obra multidisciplinar -documental, performance, comedia, audiovisual- unha proposta crítica baseada no «Citizen Kane» de Orson Welles para artellar a historia dun empresario galego do téxtil que constrúe un imperio económico.

KALANDRAKA TV suma uns 80 vídeos de Contos Contados en distintas linguas dende que se decretou o confinamento da poboación como medida para acompañar as familias e darlle apoio aos docentes e aos mediadores durante o tempo no que cómpre quedarmos na casa. Os contidos desta sección especial engádense a unha bagaxe de ano e medio de traballo con máis dun cento de reportaxes, entrevistas, vídeos musicais e outros contidos creados para poñer en valor a literatura infantil e xuvenil, dar a coñecer a obra das autoras e autores, ademais de informar sobre novidades editoriais e actualidade vencellada ao libro e á lectura.