Campaña en Santiago



Publicado diciembre 23rd, 2011 por comunicacion

CONVOCATORIA V PREMIO INTERNACIONAL COMPOSTELA

BASES EN CASTELLANO

BASES EN GALEGO

REGULAMENTO EM PORTUGUÉS

RULES IN ENGLISH

EL AYUNTAMIENTO DE SANTIAGO Y KALANDRAKA CONVOCAN EL V PREMIO COMPOSTELA, DOTADO CON 9.000 EUROS AL MEJOR ÁLBUM ILUSTRADO A NIVEL INTERNACIONAL

El Departamento de Educación del Ayuntamiento de Santiago y Kalandraka convocan el V Premio Internacional Compostela para Álbumes Ilustrados, con una dotación económica única de 9.000 euros en concepto de adelanto por los derechos de autor. El plazo de presentación de los trabajos terminará el 2 de marzo de 2012 y el fallo del jurado se dará a conocer en torno al 2 de abril, en el marco del Día Internacional del Libro Infantil y Juvenil y de las actividades de la XII Campaña de Animación a la Lectura del Ayuntamiento de Santiago.

El Premio Internacional Compostela está dirigido a autores e ilustradores de cualquier nacionalidad que presenten obras originales e inéditas, escritas en cualquiera de las lenguas oficiales de la Península Ibérica. Las personas interesadas en presentarse al certamen deberán enviar cinco copias del texto, tres ilustraciones originales y cinco fotocopias en color de cada una de ellas, junto con una maqueta acabada de todo el proyecto. El material, firmado bajo lema o seudónimo, se enviará al Registro General del Ayuntamiento de Santiago (calle del Presidente Salvador Allende, 4, 15705 Santiago de Compostela).

Kalandraka publicará la obra premiada en las cinco lenguas oficiales peninsulares -castellano, gallego, castellano, catalán, euskera y portugués- en octubre de 2012. La editorial podrá publicar también los trabajos que reciban una mención especial. El jurado estará formado por profesionales de reconocido prestigio en el ámbito de la literatura y la ilustración infantil. Las bases completas de participación en el V Premio Internacional Compostela se podrán consultar en las respectivas páxinas web de Kalandraka (www.kalandraka.com) y del Ayuntamiento de Santiago (www.santiagodecompostela.org).

ÁLBUMES GANADORES

La ganadora de la primera edición del Premio Internacional Compostela -al que se presentaron 335 trabajos- fue la argentina Natalia Colombo, autora e ilustradora de la obra titulada “Cerca”. En la convocatoria de 2009 -a la que optaban 280 aspirantes- el mexicano Felipe Ugalde recibió el galardón por “Un gran sueño”. El autor Pep Bruno y la ilustradora Mariona Cabassa fueron distinguidos en la tercera edición por el libro “La familia C”, que compitió con outras 518 obras. El uruguayo Martín León Barreto ganó la convocatoria de 2011 con el álbum “El camino de Olaj”, seleccionado entre 374 trabajos procedentes de 19 países.

La convocatoria de este certamen se encuadra en la Campaña de Animación a la Lectura que el Ayuntamiento de Santiago y Kalandraka organizan anualmente en el mes de abril, y que en 2012 alcanzará su duodécima edición. Las actividades programadas -sesiones de cuentos y música, talleres de ilustración y de escrita creativa, actos en las librerías de la ciudad, charlas para docentes y familias- llegan a más de 5.000 escolares de la comarca compostelana.

MÁS INFORMACIÓN:

● AYUNTAMIENTO DE SANTIAGO. DEPARTAMENTO DE EDUCACIÓN

Tlf. 981 554 400 | dptoeducacion@santiagodecompostela.org

● KALANDRAKA EDITORA

Tlf. 986 860 276 | comunicacion@kalandraka.com

(La ilustración que representa el certamen es obra de Óscar Villán).

O CONCELLO DE SANTIAGO E KALANDRAKA CONVOCAN O V PREMIO COMPOSTELA, DOTADO CON 9.000 EUROS AO MELLOR ÁLBUM ILUSTRADO A NIVEL INTERNACIONAL

O Departamento de Educación do Concello de Santiago e Kalandraka convocan o V Premio Internacional Compostela para Álbums Ilustrados, cunha dotación económica única de 9.000 euros en concepto de adianto polos dereitos de autor. O prazo de presentación dos traballos rematará o 2 de marzo de 2012 e o fallo do xurado darase a coñecer en torno ao 2 de abril, no marco do Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil e das actividades da XII Campaña de Animación á Lectura do Concello de Santiago.

O Premio Internacional Compostela está dirixido a autores e ilustradores de calquera nacionalidade que presenten obras orixinais e inéditas, escritas en calquera das linguas oficiais da Península Ibérica. As persoas interesadas en presentarse ao certame deberán enviar cinco copias do texto, tres ilustracións orixinais e cinco fotocopias en cor de cada unha delas, xunto cunha maqueta acabada de todo o proxecto. O material, asinado baixo lema ou seudónimo, enviarase ao Rexistro Xeral do Concello de Santiago (rúa do Presidente Salvador Allende, 4, 15705 Santiago de Compostela).

Kalandraka publicará a obra premiada nas cinco linguas oficiais peninsulares -galego, castelán, catalán, éuscaro e portugués- en outubro de 2012. A editorial poderá publicar tamén os traballos que reciban unha mención especial. O xurado estará formado por profesionais de recoñecido prestixio no eido da literatura e da ilustración infantil. As bases completas de participación no V Premio Internacional Compostela pódense consultar nas páxinas web de Kalandraka (www.kalandraka.com) e do Concello de Santiago (www.santiagodecompostela.org).

ÁLBUMS GAÑADORES

A gañadora da primeira edición do Premio Internacional Compostela -ao que se presentaron 335 traballos- foi a arxentina Natalia Colombo, autora e ilustradora da obra titulada “Cerca”. Na convocatoria de 2009 -á que optaban 280 aspirantes- o mexicano Felipe Ugalde recibiu o galardón por “Un gran soño”. O autor Pep Bruno e a ilustradora Mariona Cabassa foron distinguidos na terceira edición polo libro “A familia C”, que competiu con outras 518 obras. O uruguaio Martín León Barreto gañou a convocatoria de 2011 co álbum “A viaxe de Olaf”, seleccionado entre 374 traballos procedentes de 19 países.

A convocatoria deste certame encádrase na Campaña de Animación á Lectura que o Concello de Santiago e Kalandraka organizan anualmente no mes de abril, e que en 2012 acadará a súa duodécima edición. As actividades programadas -sesións de contos e música, obradoiros de ilustración e de escrita creativa, actos nas librarías da cidade, charlas para docentes e familias- chegan a máis de 5.000 escolares da bisbarra compostelá.

MÁIS INFORMACIÓN:

● CONCELLO DE SANTIAGO. DEPARTAMENTO DE EDUCACIÓN

Tlf. 981 554 400 | dptoeducacion@santiagodecompostela.org

● KALANDRAKA EDITORA

Tlf. 986 860 276 | comunicacion@kalandraka.com

(A ilustración que representa o certame é obra de Óscar Villán).

Publicado octubre 25th, 2011 por comunicacion

IV PREMIO COMPOSTELA: ACTO INSTITUCIONAL DE ENTREGA

(Premer na imaxe para aumentala).

Olaf vivía nun planeta moi, moi pequeno. Nunha casa moi, moi grande. Un bo día, aburrido, Olaf saíu a camiñar… e camiñou! Olaf camiñou e camiñou, e un peixe que tiña a cola do revés atopou.

–Vés comigo? –preguntoulle.

E como non dixo que non…

Así principia “A viaxe de Olaf”, a obra distinguida co IV Premio Internacional Compostela de Álbum Ilustrado. O protagonista deste relato acumulativo de estrutura repetitiva e circular é unha sorte de Principiño que, farto da soidade, emprende un camiño iniciático. Diversos animais fantásticos -de inspiración mítica e valor simbólico- vanlle facendo compaña e conformando un grupo heteroxéneo e compacto: o peixe que tiña a cola do revés, o cabalo alado, o tigre arco da vella, o elefante elegante…

Mañá mércores no Pazo de Raxoi celebramos a presentación do libro -que foi editado en galego, castelán, portugués, catalán e éuscaro- e a entrega do galardón ao seu autor e ilustrador.

———————————————–

Olaj vivía en un planeta muy, muy chiquito, en una casa muy, muy grande. Un buen día, aburrido, Olaj salió a caminar… ¡y caminó!

Olaj caminó y caminó, y con un pez que tenía la cola al revés se encontró.

–¿Me acompañas? –le preguntó.

Y como no dijo que no…

Así comienza “El camino de Olaj”, la obra distinguida con el IV Premio Internacional Compostela de Álbum Ilustrado. El protagonista de este relato acumulativo de estructura repetitiva y circular es una suerte de Principito que, harto de la soledad, emprende un camino iniciático. Diversos animales fantásticos -de inspiración mítica y valor simbólico- le van haciendo compañía y conformando un grupo heterogéneo y compacto: el pez de la cola al revés, el caballo alado, el tigre arcoiris, el elefante elegante…

Mañana miércoles en el Pazo de Raxoi celebramos la presentación del libro -que fue editado en castellano, galego, portugués, catalán y euskera- y la entrega del galardón a su autor e ilustrador.

Continuar leyendo ‘IV PREMIO COMPOSTELA: ACTO INSTITUCIONAL DE ENTREGA’

Publicado abril 30th, 2011 por comunicacion

CAMPAÑA DE ANIMACIÓN LECTORA EN SANTIAGO: CLAUSURA

A XI Campaña Municipal de Animación á Lectura do Concello de Santiago chegou ao seu fin. Nenos e nenas, pais e nais, asistiron á derradeira sesión de contos e música celebrada na Galería Sargadelos. O invitado especial da actividade foi o profesor e escritor Toño Núñez, autor do álbum “Mago Goma”, incluido no repertorio das sesións e na exposición de ilustracións. Dende o pasado 14 de marzo, “Contando e cantando coa Familia C” reuniu a milleiros de escolares e adultos nestas xornadas multidisciplinares organizadas polo Departamento de Educación do Concello e mais Kalandraka Editora.

————————————————

La XI Campaña Municipal de Animación a la Lectura del Ayuntamiento de Santiago llegó a su fin. Niños y niñas, padres y madres, asistieron a la última sesión de cuentos y música celebrada en la Galería Sargadelos. El invitado especial de la actividad fue el profesor y escritor Toño Núñez, autor del álbum “Mago Goma”, incluido en el repertorio de las sesiones y en la exposición de ilustraciones. Desde el pasado 14 de marzo, “Contando e cantando coa Familia C” reunió a miles de escolares y adultos en estas jornadas multidisciplinares organizadas por el Departamento de Educación del Ayuntamiento y Kalandraka Editora.

Continuar leyendo ‘CAMPAÑA DE ANIMACIÓN LECTORA EN SANTIAGO: CLAUSURA’

Publicado abril 29th, 2011 por comunicacion

CLAUSURA DA XI CAMPAÑA DE ANIMACIÓN É LECTURA DE SANTIAGO

A XI Campaña Municipal de Animación á Lectura do Concello de Santiago, organizada polo Departamento de Educación e KALANDRAKA, chega mañá sábado ao seu fin. “Contando e cantando coa familia C”, que tomara o seu lema da obra gañadora do III Premio Internacional Compostela de Álbum Ilustrado, titulado “A familia C”, comezou o pasado 14 de marzo. Dende esa data sucedéronse as sesións de contos e música para escolares da bisbarra compostelá, as visitas guiadas á exposición de ilustracións, os obradoiros de escrita creativa e de ilustración, as visitas ás escolas infantís, as sesións de contos para bebés, as xornadas formativas para o profesorado e as sesións de animación á lectura para familias. O colofón a todo este abano de actividades será unha sesión especial de contacontos e música que se celebrará mañá, sábado 30 de abril, a partir das 12:00 horas, na Galería Sargadelos de Santiago. A festa continuará no Liceo Casino de Santiago, coa participación do alumnado da Escola Municipal de Música.

Continuar leyendo ‘CLAUSURA DA XI CAMPAÑA DE ANIMACIÓN É LECTURA DE SANTIAGO’

Publicado abril 14th, 2011 por comunicacion

XI CAMPAÑA DE ANIMACIÓN LECTORA EN SANTIAGO: A EXPOSICIÓN

A GALERÍA SARGADELOS ACOLLE ATA O 30 DE ABRIL A EXPOSICIÓN DE ILUSTRACIÓNS E LIBROS DA CAMPAÑA DE ANIMACIÓN É LECTURA

 

A mostra recolle a obra gráfica de varios artistas de nivel internacional nun espazo con diferentes ambientacións escénicas

 

Ata o 30 de abril pódese visitar na Galería Sargadelos (Rúa Nova, 16) de Santiago, e en horario comercial, a exposición de ilustracións e libros da XI Campaña Municipal de Animación á Lectura, co lema “Contando e cantando coa Familia C”, que organizan o Departamento de Educación do Concello de Santiago e KALANDRAKA. A mostra reúne a obra gráfica de varios artistas de nivel internacional: o galego David Pintor, os barceloneses Mariona Cabassa e Adrià Fruitós, o oscense Antonio Santos, a arxentina Vanina Starkoff e a italiana Giulia Campolmi. As sesións de contos e música para os escolares dos centros educativos da bisbarra de Santiago celebráronse neste incomparable marco artístico, que está tamén aberto ao público en xeral.

Continuar leyendo ‘XI CAMPAÑA DE ANIMACIÓN LECTORA EN SANTIAGO: A EXPOSICIÓN’

Publicado abril 8th, 2011 por comunicacion

ROBERTO INNOCENTI EN COMPOSTELA: CONFERENCIA

Continuar leyendo ‘ROBERTO INNOCENTI EN COMPOSTELA: CONFERENCIA’

Publicado abril 6th, 2011 por comunicacion

CAMPAÑA DE ANIMACIÓN LECTORA EN SANTIAGO: CONTOS+MÚSICA

Había unha vez un paraugas amarelo nunha fábrica de paraugas negros. A quen lle iría gustar un paraugas desa cor? Había unha vez un papá, unha mamá e un neno aos que lles gustaba moito o circo. Gústanche máis os pallasos, os equilibristas, os domadores? Había unha vez un mago que era feliz facendo felices aos nenos e nenas. Que aspecto tiña o Mago Goma? Había unha vez un pequeno elefante grisazulado que vivía na sabana. Sabes o que lle pasou por gustarlle unha tea de cadros? Había unha vez un pobo que crecía, e crecía, con máis e máis casas. Con que lle gustaba bailar á nena protagonista desta historia? Patricia e Nébeda póñenlle voz e música a estes relatos na Galería Sargadelos de Santiago, no marco da XI Campaña de Animación á Lectura: escoitar a narración, contemplar as ilustracións, participar imaxinando posibles finais para estes contos… Os nenos e nenas da Escola Infantil Cativos, de Vedra, do CEIP Lamas de Abade, e da EEI de Sabaxáns foron os protagonistas desta experiencia tan enriquecedora a carón dos libros e da lectura.

Continuar leyendo ‘CAMPAÑA DE ANIMACIÓN LECTORA EN SANTIAGO: CONTOS+MÚSICA’

Publicado abril 4th, 2011 por comunicacion

7 DE ABRIL: CHARLA DE INNOCENTI EN COMPOSTELA

Roberto Innocenti é un ilustrador de prestixio internacional, galardoado en 2008 co Premio Hans Christian Andersen de Ilustración, a máxima distinción no eido da Literatura Infantil e Xuvenil. Entre as súas obras destacan “As aventuras de Pinocho”, “A historia de Erika” e “A casa”, editadas por Kalandraka. No marco da XI Campaña Municipal de Animación á Lectura que organizan o Departamento de Educación do Concello de Santiago e Kalandraka, o artista italiano participará nun encontro aberto ao público, que terá lugar este xoves 7 de abril, a partir das 19:00 horas, na Fundación Caixa Galicia de Santiago (Rúa do Vilar, 19). Ao día seguinte, venres 8, Roberto Innocenti será un dos integrantes do xurado que decidirá o fallo do IV Premio Internacional Compostela de Álbum Ilustrado.

Publicado marzo 28th, 2011 por comunicacion

PABLO OTERO NAS ESCOLAS INFANTÍS DE SANTIAGO

A XI Campaña Municipal de Animación á Lectura do Concello de Santiago chega esta semana ás Escolas Infantís. O ilustrador Pablo Otero visitou a Escola Infantil Municipal de Conxo para converter os seus alumnos e alumnas nos protagonistas dun circo moi especial: o Circus Conxo. Na liña da imaxe circense desta campaña, co lema “Contando e cantando coa Familia C”, Pablo Otero propúxolles aos nenos e nenas elaborar un mural colectivo a base de elementos adhesivos de cores e formas diferentes que foron pegando nas súas respectivas fotografías, creando una composición orixinal e divertida que vai quedar ocupando un lugar destacado na propia escola.

Continuar leyendo ‘PABLO OTERO NAS ESCOLAS INFANTÍS DE SANTIAGO’

Publicado marzo 15th, 2011 por comunicacion

CAMPAÑA DE ANIMACIÓN LECTORA EN SANTIAGO 2011: INAUGURACIÓN

   

A XI Campaña Municipal de Animación á Lectura do Concello de Santiago xa está en marcha, un ano máis. Ata o 30 de abril, na Galería Sargadelos de Santiago, nas diversas escolas infantís e nas librarías da cidade, respirarase ambiente lector e arrecendo a fantasía. Máis de 5.000 escolares de Compostela e da súa bisbarra van estar “Cantando e contando coa familia C”; tamén os seus educadores, os bibliotecarios, e o público familiar en xeral. Na xornada inaugural de onte, a concelleira de Educación de Santiago, Mercedes Rosón, e o xefe do Departamento de Educación, Xosé Manuel Rodríguez-Abella, visitaron a exposición de ilustracións e libros, asistiron á sesión de contacontos e música na que participaron os nenos e nenas das Escolas Municipais Infantís de Conxo e de Fontiñas, e aos obradoiros de ilustración e de escrita. Tamén se sumou o ilustrador David Pintor, cuxo caderno de viaxe “Compostela” inspira os relatos creados polo alumnado.   

Continuar leyendo ‘CAMPAÑA DE ANIMACIÓN LECTORA EN SANTIAGO 2011: INAUGURACIÓN’