A XI Campaña Municipal de Animación á Lectura do Concello de Santiago chega esta semana ás Escolas Infantís. O ilustrador Pablo Otero visitou a Escola Infantil Municipal de Conxo para converter os seus alumnos e alumnas nos protagonistas dun circo moi especial: o Circus Conxo. Na liña da imaxe circense desta campaña, co lema “Contando e cantando coa Familia C”, Pablo Otero propúxolles aos nenos e nenas elaborar un mural colectivo a base de elementos adhesivos de cores e formas diferentes que foron pegando nas súas respectivas fotografías, creando una composición orixinal e divertida que vai quedar ocupando un lugar destacado na propia escola.

Seguir leyendo


   

A XI Campaña Municipal de Animación á Lectura do Concello de Santiago xa está en marcha, un ano máis. Ata o 30 de abril, na Galería Sargadelos de Santiago, nas diversas escolas infantís e nas librarías da cidade, respirarase ambiente lector e arrecendo a fantasía. Máis de 5.000 escolares de Compostela e da súa bisbarra van estar “Cantando e contando coa familia C”; tamén os seus educadores, os bibliotecarios, e o público familiar en xeral. Na xornada inaugural de onte, a concelleira de Educación de Santiago, Mercedes Rosón, e o xefe do Departamento de Educación, Xosé Manuel Rodríguez-Abella, visitaron a exposición de ilustracións e libros, asistiron á sesión de contacontos e música na que participaron os nenos e nenas das Escolas Municipais Infantís de Conxo e de Fontiñas, e aos obradoiros de ilustración e de escrita. Tamén se sumou o ilustrador David Pintor, cuxo caderno de viaxe “Compostela” inspira os relatos creados polo alumnado.   

Seguir leyendo


A XI CAMPAÑA DE ANIMACIÓN Á LECTURA DO CONCELLO DE SANTIAGO CONTARÁ CO PRESTIXIOSO ILUSTRADOR ITALIANO ROBERTO INNOCENTI

A programación, do 14 de marzo ao 30 de abril, inclúe sesións de contos para escolares, familias e educadores, obradoiros, exposicións e encontros con creadores

O 8 de abril anunciarase a obra gañadora do IV Premio Internacional Compostela

A XI Campaña Municipal de Animación á Lectura que organizan o Departamento de Educación do Concello de Santiago e mais Kalandraka, coa colaboración da Galería Sargadelos e da Deputación da Coruña, comeza este próximo 14 de marzo e vaise prolongar ata o 30 de abril, con sesións de contacontos e obradoiros para escolares, xornadas formativas para o profesorado, exposicións, encontros con ilustradores e actividades abertas ás familias. A principal novidade desta edición, co lema “Contando e cantando coa Familia C”, en alusión á obra que en 2010 gañou o Premio Internacional Compostela de Álbum Ilustrado, é a presenza do prestixioso artista plástico italiano Roberto Innocenti, Premio Hans Christian Andersen.

Seguir leyendo


El Departamento de Educación del Ayuntamiento de Santiago y KALANDRAKA convocan el IV Premio Internacional Compostela para Álbumes Ilustrados, con una dotación económica única de 12.000 euros en concepto de adelanto por los derechos de autor. El plazo de presentación de los trabajos terminará el 28 de febrero de 2011 y el fallo del jurado se dará a conocer el 1 de abril, previo a la celebración del Día Internacional del Libro Infantil y Juvenil, y en el marco de las actividades de la XI Campaña de Animación a la Lectura que organizan el Ayuntamiento de Santiago y Kalandraka.

El prestigioso artista italiano ROBERTO INNOCENTI (Florencia, 1940), ilustrador de obras como “Las aventuras de Pinocho”, “La historia de Erika” o “La casa”, y galardonado con el Premio Hans Christian Andersen en 2008, formará parte del jurado del certamen.

——————————————-

O Departamento de Educación do Concello de Santiago e KALANDRAKA convocan o IV Premio Internacional Compostela para Álbums Ilustrados, cunha dotación económica única de 12.000 euros en concepto de adianto polos dereitos de autor. O prazo de presentación dos traballos rematará o 28 de febreiro de 2011 e o fallo do xurado darase a coñecer o 1 de abril, previo á celebración do Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil, e no marco das actividades da XI Campaña de Animación á Lectura que organizan o Concello de Santiago e KALANDRAKA.

O prestixioso artista italiano ROBERTO INNOCENTI (Florencia, 1940), ilustrador de obras como “As aventuras de Pinocho”, “A historia de Erika” ou “A casa”, e galardoado co Premio Hans Christian Andersen en 2008, formará parte do xurado do certame.

BASES EN CASTELLANO: IV PREMIO INTERNACIONAL COMPOSTELA DE ÁLBUMES ILUSTRADOS

BASES EN GALEGO: IV PREMIO INTERNACIONAL COMPOSTELA DE ÁLBUMS ILUSTRADOS

REGULAMENTO EM PORTUGUÉS: IV PRÉMIO INTERNACIONAL COMPOSTELA DE ÁLBUNS ILUSTRADOS

RULES IN ENGLISH: IV INTERNATIONAL COMPOSTELA PRIZE FOR PICTURE BOOKS

Seguir leyendo


El número de junio de la Revista DeLibros contiene un reportaje de Jorge Riobóo sobre la X Campaña de Animación a la Lectura “Un gran sueño” que organizaron el Departamento de Educación del Ayuntamiento de Santiago y KALANDRAKA. Otro grato hallazgo, en la sección de Libros con encanto, es la reseña de “Miguel Hernández: 25 poemas ilustrados”.

—————————————

O número de xuño da Revista DeLibros contén unha reportaxe de Jorge Riobóo sobre a X Campaña de Animación á Lectura “Un gran soño” que organizaron o Departamento de Educación do Concello de Santiago e KALANDRAKA. Outro grato achado, na sección de Libros con encanto, é a reseña de “Miguel Hernández: 25 poemas ilustrados”.

Seguir leyendo


Rematou. Dende o pasado 6 de abril ata este 22 de maio, a X Campaña de Animación á Lectura do Concello de Santiago -organizada polo Departamento de Educación e KALANDRAKA, coa colaboración da Galería Sargadelos- debullou toda clase de soños, de contos, de relatos propios e alleos, de cantigas, de aplausos, de sorrisos, de experiencias artísticas, de consellos para animar a ler aos cativos. Rematou. Pero o ano próximo volverá para seguir estimulando a imaxinación dos escolares, para enriquecer con novas iniciativas o traballo nas aulas, para fornecer o profesorado de máis estratexias lectoras, para rodear os contos de música e arte. Moitas grazas pola vosa compaña neste tempo. Foi, como o lema desta X Campaña, “Un gran soño”.

————————

Terminó. Desde el pasado 6 de abril hasta este 22 de mayo, la X Campaña de Animación a la Lectura del Ayuntamiento de Santiago -organizada por el Departamento de Educación y KALANDRAKA, con la colaboración de la Galería Sargadelos- derrochó toda clase de sueños, de cuentos, de relatos propios y ajenos, de canciones, de aplausos, de sonsirras, de experiencias artísticas, de consejos para animar a leer a los más pequeños. Terminó. Pero el año próximo volverá para seguir estimulando la imaginación de los escolares, para enriquecer con nuevas iniciativas el trabajo en las aulas, para proporcionarle al profesorado más estrategias lectoras, para rodear los cuentos de música y arte. Muchas gracias por vuestra compañía en todo este tiempo. Fue, como el lema de esta X Campaña, “Un gran sueño”.

Seguir leyendo


Non só os centros educativos e a comunidade escolar de Santiago e da bisbarra participaron activamente nas actividades; tamén as librarías de Compostela se empaparon do espírito da X Campaña de Animación á Lectura, nesta edición tan importante. Aenea, San Pablo, Follas Novas e Encontros luciron nos seus escaparates unha montaxe biblio-artística especial, realizada pola nosa compañeira Mari-Sol García, co libro “Un gran soño”, de Felipe Ugalde, gañador do III Premio Internacional Compostela de Álbum Ilustrado.

———————————————–

No solo los centros educativos y la comunidad escolar de Santiago y su comarca participaron activamente en las actividades; también las librerías de Compostela se empaparon del espíritu de la X Campaña de Animación a la Lectura, en esta edición tan importante. Aenea, San Pablo, Follas Novas y Encontros lucieron en sus escaparates un montaje biblio-artístico especial, realizado por nuestra compañera Mari-Sol García, con el libro “Un gran sueño”, de Felipe Ugalde, ganador del III Premio Internacional Compostela de Álbum Ilustrado.

Seguir leyendo


Os nenos e nenas das Escolas Infantís Municipais do Polígono do Tambre e de San Roque tiveron a oportunidade de seren artistas por un día, coa axuda do ilustrador Pablo Otero. Estes cativos xa coñecen a sensación de enfrontarse ao lenzo en branco, de colorear guiándose unicamente pola imaxinación e de crear unha obra colectiva que en ambos casos ocupa un lugar destacado dos seus respectivos centros. As sesións amenizáronse coa música de Alberto Barreiro; o binomio arte e ritmo serviu para estimular dous sentidos ben importantes: a vista e o oído, ver e escoitar, como principios fundamentais no proceso educativo. Neste caso, Pablo Otero -ilustrador dos álbums titulados “Mateo”, “O príncipe das sombras”, “ABCdiario” e a portada de “Gramática da fantasía”- optou por unha técnica sinxela: a pintura a man e a estampación con moldes, co seu toque persoal ao final.

———————————————————

Los niños y niñas de las Escuelas Infantiles Municipales del Polígono del Tambre y de San Roque tuvieron la oportunidad de ser artistas por un día, con la ayuda del ilustrador Pablo Otero. Estos escolares ya conocen la sensación de enfrentarse al lienzo en blanco, de colorear guiándose únicamente por la imaginación y de crear una obra colectiva que en ambos casos ocupa un lugar destacado de sus respectivos centros. Las sesiones se amenizaron con la música de Alberto Barreiro; el binomio arte y ritmo sirvió para estimular dos sentidos muy importantes: la vista y el oído, ver y escuchar, como principios fundamentales en el proceso educativo. En este caso, Pablo Otero -ilustrador de los álbumes titulados “Mateo”, “El príncipe de las sombras”, “ABCdiario” y la portada de “Gramática da fantasía”- optó por una técnica sencilla: la pintura a mano y la estampación con moldes, con su propio toque final al final.

Seguir leyendo


O ilustrador Marc Taeger, acompañado de Alberto Barreiro ao acordeón, visitou as Escolas Infantís Municipais de Conxo e de Fontiñas. O obxectivo destes encontros é achegar os cativos á ilustración nun ambiente lúdico, para gozar da creación artística en directo. Así, as intervencións de Marc Taeger consistiron na elaboración de figuras de gran formato que serven para decorar os centros. Utilizando papel, pinturas de cores, tesoiras e habilidade compositiva, Marc Taeger converteu os muros destas escolas infantís nunha sorte de zoolóxicos nos que se asoman leóns e xirafas, elefantes e gatos, monos e paxaros. Marc Taeger é o ilustrador de “A verdadeira historia de Carapuchiña”, “Aquiles o puntiño”, “Garavanciño” e “Tic-Tac”.

—————————————————

El ilustrador Marc Taeger, acompañado de Alberto Barreiro al acordeón, visitó las Escuelas Infantiles Municipales de Conxo y de Fontiñas. El objetivo de estos encuentros es acercar a los niños y niñas a la ilustración en un ambiente lúdico, para disfrutar de la creación artística en directo. Así, las intervenciones de Marc Taeger consistieron en la elaboración de figuras de gran formato que sirven para decorar los centros. Utilizando papel, pinturas de colores, tijeras y habilidad compositiva, Marc Taeger convirtió los muros de estas escuelas infantiles en una suerte de zoológicos en los que se asoman leones y jirafas, elefantes y gatos, monos y pájaros. Marc Taeger es el ilustrador de “La verdadera historia de Caperucita”, “Aquiles el puntito”, “Garbancito” y “Tic-Tac”.

Seguir leyendo