Campaña “Palabras no ar” (SXPL)



Publicado noviembre 20th, 2009 por comunicacion

“PEQUECHOS” DA RÍA… EN REDONDELA


 

O blog de PALABRAS NO AR ofrece un divertido xogo de adiviñas elaboradas polos escolares do CEIP Santo Paio de Abaixo, cos animais acuáticos e aéreos que habitan na ría. Esta proposta didáctica, baseada na colección “Pequechos” de FAKTORÍA K, xurdiu nun obradoiro de oralidade realizado cos alumnos e alumnas de 5º curso de Educación Primaria. O video anima a atinar no maior número posible de acertixos e, segundo o resultado, medir o nivel de coñecemento do habitat mariño.

Continuar leyendo ‘“PEQUECHOS” DA RÍA… EN REDONDELA’

Publicado noviembre 13th, 2009 por comunicacion

100 PALABRAS NO AR

100 entradas no blog de PALABRAS NO AR (Ilustr. Óscar Villán)

PALABRAS NO AR está de noraboa. Celébrase a ‘entrada’ número 100 deste blog, co que fai un seguemento constante á campaña de dinamización lingüística coa que KALANDRAKA está percorrendo a xeografía galega. E compartimos este logro con toda a comunidade escolar, cos bibliotecarios e libreiros, cos lectores cativos e grandes que visitan a cotío este modesto recuncho da rede. Ogallá haxa cen motivos máis para seguir festexando o achegamento dos nenos e nenas galegos á nosa lingua e á nosa cultura. Moitas grazas por acompañarnos neste fermoso camiño de palabras, músicas e voces.

Publicado octubre 29th, 2009 por comunicacion

PRÓXIMAS EMISIÓNS RADIOFÓNICAS DE ‘PALABRAS NO AR’

PALABRAS NO AR en Ames Radio, do 2 ao 6 de novembro

Publicado octubre 5th, 2009 por comunicacion

PALABRAS NO AR, EN AMES

Pazo da Peregrina, en Ames, punto de encontro de PALABRAS NO AR

A quinta etapa da Campaña de Animación Lingüística PALABRAS NO AR, que realiza KALANDRAKA, comeza hoxe en Ames. Esta iniciativa, que se enmarca no programa ‘Bocaberta’ da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta, achegará sesións de contos e música, obradoiros de oralidade e de escrita creativa, para escolares de tres a once anos de idade. As actividades celebraranse no Pazo da Peregrina ata o 16 de outubro e participarán máis de 800 escolares pertencentes aos CEIP Bispo Guerra Campos, Agro do Muiño, Barouta e Ventín, a Escola de Educación Infantil de Milladoiro e os centros unitarios de Ames, Ortoño, Bugallido, Agrón e Covas.

Continuar leyendo ‘PALABRAS NO AR, EN AMES’

Publicado septiembre 21st, 2009 por comunicacion

‘PALABRAS NO AR’… EN ALLARIZ

PALABRAS NO AR, un programa de animación lingüística desenvolvida por KALANDRAKA no marco da campaña Bocaberta da SXPL da Xunta

O equipo de PALABRAS NO AR chega esta semana a Allariz, no corazón da provincia de Ourense, para desenvolver -no marco da campaña Bocaberta- as súas actividades de dinamización lingüística. Obradoiros de oralidade, de escrita creativa e sesións de contos con música ocuparán o tempo de todos os nenos e nenas de Educación Infantil e Primaria da vila, que visirán a Biblioteca Municipal do 22 de setembro ao 2 de outubro.

Continuar leyendo ‘‘PALABRAS NO AR’… EN ALLARIZ’

Publicado septiembre 4th, 2009 por comunicacion

PALABRAS NO AR: VOLTA AO COLE

 Escola Municipal Infantil "O coelliño branco", en As Fontiñas (Santiago)

Tralas vacacións de agosto, o equipo animación á lectura de KALANDRAKA que traballa na campaña de animación lingüística PALABRAS NO AR retoma o contacto cos escolares composteláns para rematar nestres días as actividades que comezaran o pasado mes de xullo. Recorremos novamente a Rede Municipal de Escolas Infantís e os CEIP Pio XII, López Ferreiro e Fontiñas para achegarlles aos máis cativos a lingua galega mediante un programa lúdico artellado en torno á literatura, á música e á creación.

Continuar leyendo ‘PALABRAS NO AR: VOLTA AO COLE’

Publicado agosto 4th, 2009 por Kalandraka

PALABRAS NO AR VOLTARÁ EN SETEMBRO

O equipo de PALABRAS NO AR toma un merecido descanso durante este mes de agosto. Pero antes da paréntese estival agasállannos cunha fotomontaxe musical na que resumen o intenso traballo realizado, entre maio e xullo, cos escolares dos concellos de Fene, Monforte e Santiago. Para setembro prometen voltar con novas sorpresas, con sesións de contos e música cheas de emoción, con novas propostas para os obradoiros de oralidade e de escrita creativa, e con programas radiofónicos máis dinámicos. Agardámosvos!

Publicado julio 21st, 2009 por Kalandraka

ADIANTO DO LIBRO-DISCO “TIC-TAC” | Adelanto del libro-disco en gallego “Tic-Tac”


«Un saúdo moi grande para todos os nenos e nenas de Compostela. Espero vervos moi pronto nos concertos que daremos para presentar o disco Tic-Tac.»

O músico Pablo Díaz, que ameniza cos seus instrumentos as sesións de contacontos de KALANDRAKA, é un dos protagonistas da campaña de animación lingüística PALABRAS NO AR. Á volta do verán publicaremos o seu primeiro libro-disco, “Tic-Tac”, con ilustracións de Marc Taeger

————————————–

«Un saludo muy grande para todos los niños y niñas de Compostela. Espero veros muy pronto en los conciertos que daremos para presentar el disco Tic-Tac.»

El músico Pablo Díaz, que ameniza con sus instrumentos las sesiones de cuentacuentos de KALANDRAKA, es uno de los protagonistas de la campaña de animación lingüística del gallego PALABRAS NO AR. Después del verano publicaremos su primer libro-disco, “Tic-Tac”, con ilustraciones de Marc Taeger

Continuar leyendo ‘ADIANTO DO LIBRO-DISCO “TIC-TAC” | Adelanto del libro-disco en gallego “Tic-Tac”’

Publicado julio 13th, 2009 por Kalandraka

“PALABRAS…” NO AR DE SANTIAGO

Paz e Alberto conducen os programas radiofónicos de PALABRAS NO AR

Os estudos de Radio Galicia, a emisora da Cadena Ser en Santiago, acollen esta semana a emisión do espazo radiofónico PALABRAS NO AR. Paz e Alberto presentan as voces dos nenos e nenas composteláns que participaron recentemente nas actividades de dinamización lingüística organizadas por KALANDRAKA no marco da campaña Bocaberta da Secretaría Xeral de Política Lingüística e das Escolas Municipais de Verán do Concello de Santiago. Os programas pódense escoitar de luns a venres ás 13:15 horas no 95.2 da Frecuencia Modulada e no 873 de Onda Media. Tamén se poden seguir no Blog de PALABRAS NO AR, que ofrecen unha ampla variedade de contidos: imaxes das sesións de contos e música e dos obradoiros, fragmentos de audio dos talleres de oralidade e de escrita creativa, montaxes audiovisuais a partir das actividades nas que participaron os cativos, enquisas sobre os libros favoritos dos lectores… Visitade a páxina e participade coas vosas opinións!

Publicado julio 3rd, 2009 por Kalandraka

XOGAMOS ÁS ADIVIÑAS? | JUGAMOS A LAS ADIVINANZAS?


A campaña de animación lingüística PALABRAS NO AR segue a deparar novidades continuas e sorpresas marabillosas. O máis recente, a montaxe audiovisual para divertirse xogando ás adiviñas cos escolares do CEIP A Gándara, de Monforte. E aínda que se atope lonxe, na outra beira do Atlántico, a autora de “Cerca“, Natalia Colombo, envíalles un agarimoso saúdo aos nenos e nenas de PALABRAS NO AR…
————————–
La campaña de fomento del uso del gallego PALABRAS NO AR sigue deparando novedades continuas y sorpresas maravillosas. Lo más reciente, el montaje audiovisual para divertirse jugando a las adivinanzas con los escolares del CEIP A Gándara, de Monforte. Y aunque se encuentre lejos, al otro lado del Atlántico, la autora de “Cerca“, Natalia Colombo, les envía un cariñoso saludo a los niños y niñas de PALABRAS NO AR…

Continuar leyendo ‘XOGAMOS ÁS ADIVIÑAS? | JUGAMOS A LAS ADIVINANZAS?’