LIBROS PARA SOÑAR recibe este venres 13 de maio, ás 18:30 horas, ao escritor vigués Fran Alonso e mais ao músico Xurxo Souto, que van protagonizar o espectáculo poético-musical “O meu gato é un poeta”, dirixido non só a nenos e nenas a partir de 4 anos, senón tamén a público adulto. Fran Alonso coa súa voz e Xurxo Souto co seu acordeón farán que a poesía se convirta en maxia, música e xogo.
LIBROS PARA SOÑAR vai medrando. Coma os nenos e nenas que dende hai 11 anos levan visitando a libraría, asistindo ás sesións de contacontos, aos obradoiros, aos encontros con autores e ilustradores. E ao tempo que medra, LIBROS PARA SOÑAR enriquece a súa oferta: cursos de formación para adultos, exposicións de ilustración, sesións de contos para bebés, libros de narrativa, arte e poesía que complementan o catálogo de literatura infantil e xuvenil… Cada venres, LIBROS PARA SOÑAR abre a súa porta para que nenos e nenas, nais e pais, a familia en xeral, tamén o profesorado, teñan unha cita coa palabra, coa imaxe, ás veces mesmo coa música. A pasada semana a libraría do Casco Vello vigués celebrou o seu aniversario compartindo con cativos e maiores a satisfacción polo camiño percorrido e a ilusión da andaina que seguimos facendo xuntos. Grazas.
—————————————-
LIBROS PARA SOÑAR va creciendo. Como los niños y niñas que desde hace 11 años llevan visitando la librería, asistiendo a las sesiones de cuentacuentos, los talleres, los encuentros con autores e ilustradores. Y al tiempo que crece, LIBROS PARA SOÑAR enriquece su oferta: cursos de formación para adultos, exposiciones de ilustración, sesiones de cuentos para bebés, libros de narrativa, arte y poesía que complementan el catálogo de literatura infantil y juvenil… Cada viernes, LIBROS PARA SOÑAR abre su puerta para que niños y niñas, madres y padres, la familia en general, el profesorado también, tengan una cita con la palabra, la imagen, a veces incluso coa música. La pasada semana la librería del Casco Viejo vigués celebró su aniversario compartiendo con pequeños y mayores la satisfacción por el camino recorrido y la ilusión del itinerario que seguimos haciendo juntos. Gracias.
LIBROS PARA SOÑAR vén de cumprir o seu 11º aniversario e vaino celebrar cos lectores, ao longo de toda esta semana, con actividades especiais de promoción e de animación á lectura. Para mañá, mércores día 27 ás 17:30 horas, está programada unha sesión de contos para bebés de cero a tres anos. O venres 29 ás 18:30 horas, os nenos e nenas a partir de catro anos serán os protagonistas da sesión habitual de animación á lectura, na que se sortearán varios lotes de libros. Durante estes días, tamén se van aplicar descontos pola compra de libros.
Unha das novidades que incorpora a libraría para intensificar a súa relación cos lectores, é a creación da páxina LIBROS PARA SOÑAR en Facebook. Coa súa incorporación ás redes sociais, LIBROS PARA SOÑAR dótase dunha ferramenta máis para seguir contribuindo ao dinamismo comercial do Casco Vello vigués.
LIBROS PARA SOÑAR acollerá mañá mércores, a partir das 17:30 horas, unha nova sesión de contos para bebés de 0 a 3 anos de idade, que vai contar coa participación da multiinstrumentista buenense Nébeda Piñeiro, que acompañará as narracións a ritmo de acordeón. Os relatos de “Pequena Lúa”, de Elzbieta, “Lúa”, de Antonio Rubio e Óscar Villán, e “Onde?”, de Leo Lionni, forman o repertorio desta actividade, coa que se pretende achegarlles o libro e a lectura dende a primeira infancia.
A narración dos contos compleméntase coa interpretación de cantigas tradicionais, arrolos e retrousos que envolven a sesión nun clima cálido e acolledor ao longo dos 30 minutos que dura a sesión. Os pais e nais que acoden cos seus meniños e meniñas reciben asesoramento personalizado sobre as propostas de lectura máis acordes para cada etapa do crecemento.
Trala de mañá, a seguinte sesión de contos para bebés celebrarase o 23 de marzo. As sesións habituais de contacontos manteñen o seu horario, os venres a partir das 18:30 horas. Esta semana o lema da xornada vai ser ‘Casas de conto’, a partir da narración de “Unha casa a medida”, da autora e ilustradora alemana Daniela Kulot, cos personaxes de Xirafa a Crocodilo como protagonistas.
Por outra banda, finaliza o prazo de inscrición no curso de iniciación ao teatro-foro que vai impartir o grupo Feitoría Verde, do 14 ao 17 de marzo, de 17:00 a 20:00 horas. Está dirixido a educadores e profesionais do ámbito das relacións sociais, e abordará distintos mecanismos para facilitar a resolución de conflictos nas aulas, problemáticas asociadas ao funcionamento interno das asociacións, situacións de violencia ou de desvantaxe social, conflictos de xénero, problemas laborais ou accións de promoción do consumo responsable.
Trátase dunha metodoloxía innovadora en Galicia para solventar conflictos mediante a aplicación de técnicas de participación social baseadas na dramaturxia
LIBROS PARA SOÑAR acollerá este mes de marzo un curso de iniciación ao teatro-foro que vai impartir o colectivo galego de educación e participación socioambiental Feitoría Verde. Trátase dunha metodoloxía innovadora e de recente implantación en Galicia, indicada para a resolución de conflictos nas aulas dos centros de ensino, problemáticas asociadas ao funcionamento interno das asociacións, situacións de violencia ou de desvantaxe social, conflictos de xénero, problemas laborais ou accións de promoción do consumo responsable. As sesións, que son abertas á participación do público en xeral, celebraranse do 14 ao 17 de marzo en horario de 17:00 a 20:00 horas.
As sesións de teatro-foro comezan cunha representación teatral de 10 a 15 minutos de duración na que se expón un problema persoal ou social que lle afecta á poboación en xeral. Na representación participan, como mínimo, un personaxe opresor e outro oprimido, cun desenlace brusco e desfavorable do acto. Ao remate da obra, o público espectador que forma parte do foro convértese en “espectactores e espectactrices”: comentan as situacións coas que se senten identificados, propoñen fórmulas para solucionar o conflicto, e acaban sustituindo os actores no escenario, actuando conforme a un esquema improvisado, e en función de como cren que debera transcorrer a acción.
DIÁLOGO E EMPATÍA
O diálogo é a ferramenta esencial para “verbalizar o problema, argumentar e contraargumentar na procura de diferentes puntos de vista”, explica Noa Estévez, de Feitoría Verde. Buscando a “empatía” co foro, a dramaturxia emprégase como recurso alternativo para abordar problemáticas sociais e individuais. Deste xeito, “a obra é bidireccional, non unidireccional”, engade Noa Estévez.
Os asistentes ao curso participarán na creación dunha obra de teatro-foro na que se tratarán varias temáticas de actualidade social. A sesión inicial servirá para exteriorizar os motivos de “opresión interior” que atenazan a liberdade de cada un dos participantes. A partir de aí, mediante diversas dinámicas e xogos, iranse construindo as representacións de teatro, que se completarán coa intervención do foro.
O teatro-foro -coñecido tamén como “teatro do oprimido”- xurdiu en Brasil da man do autor e dramaturgo Augusto Boal (Río de Xaneiro, 1931-2009), que o concebiu como método pedagóxico e de coñecemento para a transformación da realidade social. Boal foi nominado ao Premio Nobel da Paz en 2008 e, ao ano seguinte, foi nomeado Embaixador Mundial do Teatro pola Unesco.
As inscricións para o curso de iniciación ao teatro-toro pódense formalizar en LIBROS PARA SOÑAR por teléfono, no número 986 433 768, ou por correo electrónico, no enderezo lps@kalandraka.com. O prezo da matrícula é de 45 euros.
LIBROS PARA SOÑAR retomará mañá venres, a partir das 18:30 horas, as sesións habituais de animación á lectura para público infantil e xuvenil. A programación desta nova tempada vai comezar centrada en libros sobre solidariedade e multiculturalidade, con motivo do Día Escolar pola Paz e a Non Violencia, que se celebra este vindeiro 30 de xaneiro. “Bailar nas nubes”, da autora e ilustradora arxentina Vanina Starkoff e editado por KALANDRAKA, foi finalista do III Premio Internacional Compostela de Álbum Ilustrado 2010. Trátase dun libro cun enfoque multidisciplinar: por unha banda, aboga pola convivencia e o respecto entre persoas de diferente procedencia; por outra, reflexiona sobre as relacións sociais e a compaña fronte ao aillamento individual e a soidade.
“NA PUNTA DO PÉ” é o título do primeiro traballo musical de Pesdelán. Un libro-cd-dvd que anima a aprender cancións, bailes e xogos do patrimonio tradicional galego e portugués dun xeito divertido e participativo. Disposto a recuperar a cultura participativa das festas, este curioso grupo pretende que o público -cativos e maiores- se poña a bailar. A obra, editada en Galicia e mais en Portugal (“Pezinhos de lã”) por KALANDRAKA, conta con ilustracións de João Vaz de Carvalho, un dos artistas plásticos máis relevantes do actual panorama artístico portugués.
“NA PUNTA DO PÉ” preséntase mañá, venres 17 de decembro, a partir das 18:30 horas, na libraría LIBROS PARA SOÑAR de Vigo (rTriunfo, 1).
Dende KALANDRAKA enviamos unha agarimosa aperta á familia de María del Mar Ameijeiras, de Barafunda Animación, colaboradora da libraría LIBROS PARA SOÑAR. A súa perda, nun tráxico accidente, déixanos tristes e orfos do entusiasmo e da vitalidade desta compañeira e amiga. A nosa solidariedade cos seus achegados e a nosa lembranza imborrable para ela.
——————–
Desde KALANDRAKA enviamos un cariñoso abrazo a la familia de María del Mar Ameijeiras, de Barafunda Animación, colaboradora de la librería LIBROS PARA SOÑAR. Su pérdida, en un trágico accidente, nos deja tristes y huérfanos del entusiasmo y la vitalidad de esta compañera y amiga. Nuestra solidariedad con sus allegados y nuestro recuerdo imborrable para ella.
A animación á lectura é un dos piares de LIBROS PARA SOÑAR, a libraría especializada en Literatura Infantil e Xuvenil do Casco Vello vigués. Ante a carencia de actividades específicas para a primeira infancia, LIBROS PARA SOÑAR puxo en marcha hai dous anos un programa estable de sesións de contos para bebés de cero a tres anos de idade. Mañá mércores, a partir das 17:30 horas, celebrarase a primeira sesión da nova tempada, que continuará quincenalmente, o 3 e o 17 de novembro e o 1 de decembro, á mesma hora.
————————————
La animación a la lectura es uno de los pilares de LIBROS PARA SOÑAR, la librería especializada en Literatura Infantil y Juvenil del Casco Antiguo vigués. Ante la carencia de actividades específicas para la primera infancia, LIBROS PARA SOÑAR puso en marcha hace dos años un programa estable de sesiones de cuentos para bebés de cero a tres años de edad. Mañana miércoles, a partir de las 17:30 horas, se celebrará la primera sesión de la nueva temporada, que continuará quincenalmente, el 3 y el 17 de noviembre y el 1 de diciembre, a la misma hora.
LIBROS PARA SOÑAR organiza mañá venres, a partir das 18:30 horas, a primeira sesión infantil de contacontos da nova tempada, co lema Contos do mundo. Trala paréntese estival, a libraría especializada do Casco Vello retoma as actividades de animación á lectura que, nesta ocasión, estarán protagonizadas por libros de procedencia asiática, latinoamericana e doutras latitudes exóticas. Entre os títulos que formarán parte do repertorio destacan “O Rei Oso Branco e outros contos marabillosos”, de Tim Bowley e Óscar Villán, e “O nacemento do dragón”, de Wang Fei, Marie Sellier e Catherine Louis, editados en KALANDRAKA e FAKTORÍA K, respectivamente.