LIBROS PARA SOÑAR organiza mañá venres, a partir das 18:30 horas, a primeira sesión infantil de contacontos da nova tempada, co lema Contos do mundo. Trala paréntese estival, a libraría especializada do Casco Vello retoma as actividades de animación á lectura que, nesta ocasión, estarán protagonizadas por libros de procedencia asiática, latinoamericana e doutras latitudes exóticas. Entre os títulos que formarán parte do repertorio destacan “O Rei Oso Branco e outros contos marabillosos”, de Tim Bowley e Óscar Villán, e “O nacemento do dragón”, de Wang Fei, Marie Sellier e Catherine Louis, editados en KALANDRAKA e FAKTORÍA K, respectivamente.
Categorias de archivos: Libros para Soñar-Vigo
‘TIC-TAC’ CON PABLO & MARC
Rematou este pasado fin de semana a Feira do Libro de Vigo. O músico Pablo Díaz e o ilustrador Marc Taeger asinaron exemplares do seu libro-disco, “Tic-Tac”, que soou en toda a Praza de Compostela pola megafonía, transportando ritmos de rock, música latina e jazz en clave galega ata libreiros, paseantes, veciños e conductores. Próxima estación: A Coruña, do 1 ao 10 de agosto nos Xardíns de Méndez Núñez coa caseta de KALANDRAKA. Pablo e Marc volverán reunirse cos lectores para entón: mércores 4 de agosto a partir das 20:00 horas.
FEIRA DO LIBRO DE VIGO
…vs. Mundial de Fútbol. A pesar do calor estival e a (re)pesar da coincidencia cun partido que levantara moita expectación, acrecentada pola instalación dunha pantalla xigante a escasos metros das casetas, contamos coa compaña do ilustrador Óscar Villán. Agradecémoslle a súa inmensa profesionalidade. Óscar Villán tamén asistirá á Feira do Libro da Coruña, a partir do 1 de agosto, para asinar exemplares de obras como “O coelliño branco”, “Un becho estraño” ou “O Rei Oso Branco”. Acompañarao o autor deste último título da colección SeteLeguas, Tim Bowley.
SINATURAS NA FEIRA DO LIBRO DE VIGO
A 36ª Feira do Libro de Vigo comeza este venres 2 de xullo na Praza de Compostela. As casetas van estar abertas ao público ata o domingo día 11, de 11:00 a 14:00 horas e de 18:00 a 22:00 horas. O escritor Xosé Cid Cabido, autor -entre outros títulos- de “Oralmente pola boca”, editado en castelán por FAKTORÍA K, vai ler o pregón inaugural a partir das 19:30 horas. Ao longo dos próximos días, a caseta da libraría LIBROS PARA SOÑAR vai ofrecer unha ampla variedade de literatura infantil e xuvenil, mais tamén unha escolma de títulos dirixidos a lectores adultos. Entre as actividades que ofrece a Feira, destaca a presenza de autores e ilustradores que publicaron algunha obra en KALANDRAKA:
-O sábado 3, ás 20:00 horas, o ilustrador Óscar Villán asinará exemplares do seu traballo máis recente, “O Rei Oso Branco”, mais tamén doutros álbums emblemáticos, como “O coelliño branco”, polo que recibiu o 1º Premio Nacional de Ilustración en 1999; “Un becho estraño”, editado no selo FAKTORÍA K; ou a colección para pre-lectores “Do berce á lúa”.
-O domingo 4, a partir das 20:00 horas, o escritor Fran Alonso e o fotógrafo Manuel G. Vicente van asinar “A araña e mais eu”, un álbum galardoado pola Asociación Galega de Editores co Premio Xosé Neira Vilas 2009 ao mellor libro infantil, e escollido como un dos mellores álbums do ano pola revista Cuadernos de Literatura Infantil e Juvenil.
-O venres 9, dende as 20:00 horas, o músico Pablo Díaz e o ilustrador Marc Taeger asinarán exemplares do libro-disco “Tic-Tac”, co que xa cantan e bailan moitos escolares galegos, e que tamén alenta a creatividade dos cativos coas súas orixinais imaxes elaboradas coa técnica do linograbado.
Durante a Feira, os libros teñen un desconto do 10%. E diariamente haberá dous sorteos: un vale de 60 euros para mercar libros nas librarías participantes e un lote de libros. LIBROS PARA SOÑAR agárdavos na caseta número 7.
RELATOS DE LEO LIONNI EN ‘LIBROS PARA SOÑAR’

A libraría LIBROS PARA SOÑAR de Vigo tamén é partícipe da homenaxe a Leo Lionni, con motivo do centenario do seu nacemento. A sesión de contacontos de mañá venres, a partir das 18:30 horas, centrarase na obra do autor e ilustrador de, entre outros títulos, “Pequeno Azul e Pequeno Amarelo”, “Frederick”, “A casa máis grande do mundo” e “Nadarín”. Precisamente, sobre este último, haberá un taller de plástica para crear un gran mural colectivo coa figura de Nadarín. Para elo, utilizaranse as siluetas de Nadarín que figuran nos marcapáxinas deseñados especialmente por KALANDRAKA.
—————————-
La librería LIBROS PARA SOÑAR de Vigo también es partícipe del homenaje a Leo Lionni, con motivo del centenario de su nacimiento. La sesión de cuentacuentos de mañana viernes, a partir de las 18:30 horas, se centrará en la obra del autor e ilustrador de, entre otros títulos, “Pequeño Azul y Pequeño Amarillo”, “Frederick”, “La casa más grande del mundo” y “Nadarín”. Precisamente, sobre este último, habrá un taller de plástica para crear un gran mural colectivo con la figura de Nadarín. Para ello, se utilizarán las siluetas de Nadarín que figuran en los marcapáginas diseñados especialmente por KALANDRAKA.
CELEBRACIÓN ‘DÉCIMO ANIVERSARIO’ DE LIBROS PARA SOÑAR

LIBROS PARA SOÑAR cumpriu o 23 de abril, Día do Libro, o seu décimo aniversario, e celebrouno invitando a nenos e nenas, nais e pais, e público en xeral, a unha sesión especial de contos, música e larpeiradas. Entre os invitados estiveron o autor Xosé Ballesteros, os autores de “Garavanciño”, Olalla González e Marc Taeger, que ilustrou un mural a partir deste conto tradicional, a mestra e narradora Iria Mantilla, e o músico Xoan Carlos Vázquez, do cuarteto Caramuxo.
—————————————–
LIBROS PARA SOÑAR cumplió el 23 de abril, Día del Libro, su décimo aniversario, y lo celebró invitando a niños y niñas, madres y padres, y público en general, a una sesión especial de cuentos, música y dulces. Entre los invitados estuvieron el autor Xosé Ballesteros, los autores de “Garbancito”, Olalla González y Marc Taeger, que ilustró un mural a partir de este cuento tradicional, la profesora y narradora Iria Mantilla, y el músico Xoan Carlos Vázquez, del cuarteto Caramuxo.
10º ANIVERSARIO DE LIBROS PARA SOÑAR, EN VIGO

LIBROS PARA SOÑAR cumpre mañá, 23 de abril, Día do Libro, o seu décimo aniversario, e celébrao invitando a nenos e nenas, nais e pais, e público en xeral, a unha sesión especial de contos, música e larpeiradas, a partir das 18:30 horas. Entre os invitados estarán os autores Xosé Ballesteros e Olalla González, o ilustrador Marc Taeger, que fará un mural colectivo cos debuxos dos asistentes, a mestra e narradora Iria Mantilla, e o músico Xoan Carlos Vázquez, do cuarteto Caramuxo. Como é tradicional nesta data, os libros terán un 10% de desconto no seu prezo. Ademais, os visitantes poderán participar nestes días no sorteo dun lote de álbums ilustrados.
A tamén viguesa libraría Mañán -que acaba de pechar definitivamente as súas portas- e LIBROS PARA SOÑAR foron as primeiras librarías de toda Galicia especializadas en exclusiva en libros infantís e xuvenís. De LIBROS PARA SOÑAR tamén destaca a súa iniciativa pioneira de desenvolver para a cidadanía de Vigo unha programación cultural, gratuita e continuada, dirixida non só aos máis cativos, mediante sesións de contos, obradoiros e encontros con autores e ilustradores, senón tamén a docentes, bibliotecarios e mediadores de lectura, coa organización de cursos de formación e charlas.
Nesa liña de traballo, marcada pola maneira especial que KALANDRAKA ten de endenter a Literatura Infantil e Xuvenil, LIBROS PARA SOÑAR introduciu como novidade na súa oferta de servizo público as sesións de contos para bebés de cero a tres anos, que se celebran quincenalmente, con moito éxito de participación. Na súa sala de actos tamén se poden contemplar exposicións das ilustracións coas que están feitos os libros. Nas súas estanterías atópase a mellor escolma de libros para nenos e nenas de todas as idades, nun ambiente cómodo e acolledor.
——————————————————
LIBROS PARA SOÑAR cumple mañana, 23 de abril, Día del Libro, su décimo aniversario, y lo celebra invitando a niños y niñas, madres y padres, y público en general, a una sesión especial de cuentos, música y dulces, a partir de las 18:30 horas. Entre los invitados estarán los autores Xosé Ballesteros y Olalla González, el ilustrador Marc Taeger, que hará un mural colectivo con dibujos de los asistentes, la maestra y narradora Iria Mantilla, y el músico Xoan Carlos Vázquez, del cuarteto Caramuxo. Como es tradicional en esta fecha, los libros tendrán un 10% de descuento en su precio. Además, los visitantes podrán participar estos días en el sorteo de un lote de álbumes ilustrados.
La también viguesa libraría Mañán -que acaba de cerrar definitivamente sus puertas- y LIBROS PARA SOÑAR fueron las primeras librerías de toda Galicia especializadas en exclusiva en libros infantiles y juveniles. De LIBROS PARA SOÑAR también destaca su iniciativa pionera al desarrollar para la ciudadanía de Vigo una programación cultural, gratuita y continuada, dirigida no sólo a los más pequeños, mediante sesiones de cuentos, talleres y encuentros con autores e ilustradores, sino también a docentes, bibliotecarios y mediadores de lectura, con la organización de cursos de formación y charlas.
En esa línea de trabajo, marcada por la manera especial que KALANDRAKA tiene de entender la Literatura Infantil y Juvenil, LIBROS PARA SOÑAR introdujo como novedad en su oferta de servicio público las sesiones de cuentos para bebés de cero a tres años, que se celebran quincenalmente, con mucho éxito de participación. En su sala de actos también se pueden contemplar exposiciones de las ilustraciones con las que están hechos los libros. En sus estanterías se encuentra la mejor selección de libros para niños y niñas de todas las edades, en un ambiente cómodo y acogedor.

X ANIVERSARIO DE LPS (II)
LIBROS PARA SOÑAR acolle este mércores día 14, a partir das 17:30 horas, unha sesión de contos para bebés ata tres anos de idade. No mes do seu décimo aniversario, a libraría infantil do Casco Vello vigués segue programando actividades de animación á lectura. Na sesión de contos do pasado venres, o repertorio deparou obras como “O traxe novo do rei”, “O anano saltareiro” e “O zapateiro e os trasnos” na voz de Lucas, Carmela e Sandra. Consulta o PROGRAMA DE ACTIVIDADES e acode á festa de cumpreanos de LIBROS PARA SOÑAR este próximo 23 de abril, Día do Libro.
ESTE MES, X ANIVERSARIO DE LPS
LIBROS PARA SOÑAR abriu as súas portas no ano 2000 na rúa Triunfo do Casco Vello e o próximo 23 de abril, Día do Libro, celebra o seu décimo aniversario: dez anos ofrecendo unha variada e completa oferta especializada aos lectores, cos títulos máis relevantes no ámbito da literatura infantil e xuvenil. Ademais de facer un servizo personalizado, a cualidade que máis define a LIBROS PARA SOÑAR ao longo destes anos é a súa programación continua de actividades de animación á lectura. Todos os venres, de xeito gratuito, celébranse sesións de contos e música para nenos e nenas.















