Animación Lectora


A próxima semana chega ao seu fin a XI Campaña de animación á lectura “Libros para Soñar” coa que KALANDRAKA percorreu nos últimos meses máis de 150 colexios de toda Galicia. Dous equipos de contacontos -un para a zona norte e outro para a zona sur- visitaron as aulas de Educación Infantil e de 1º ciclo de Primaria. Como novidade, nesta edición tamén se realizaron obradoiros de oralidade e de escrita creativa para escolares de 2º e 3º de Primaria.
Continuar leyendo ‘REMATA A CAMPAÑA DE ANIMACIÓN LECTORA ‘LIBROS PARA SOÑAR’’

Afinamos a vista e o oído, aclaramos a voz e poñemos a punto o corpo enteiro. Imos cantar e bailar ao son de “Tic Tac”. Con quen? Cos nenos e nenas da libraría Quimbamba, na Coruña. Pablo e Patricia ofrecéronlles unha sesión de contos e música chea de ritmo, contaron e cantaron contos como o “O poliño da abeleira” e “Un dous tres, que ves? ” e bailaron ao son do “Rock do porco celta”. Queredes ver como transcorreu a festa?
Continuar leyendo ‘AO COMPÁS DE “TIC-TAC” EN QUIMBAMBA’

La Asociación Cultural Equipo PARA, de Santa Cruz de Tenerife, ha puesto en marcha un ciclo de actividades de animación a la lectura para público infantil y adulto, que se llevarán a cabo el último viernes de cada mes. Han inaugurado esta iniciativa con varios títulos de la colección 7 Leguas: “28 historias para reírse”, “29 historias disparatadas” y “Sopa de Sueño y otras recetas de CocoCina”.
——————-
A Asociación Cultural Equipo PARA, de Santa Cruz de Tenerife, puxo en marcha un ciclo de actividades de animación á lectura para público infantil e adulto, que se levarán a cabo o último venres de cada mes. Inauguraron esta iniciativa con varios títulos da colección 7 Leguas: “28 historias para rir”, “29 historias disparatadas” e “Sopa de soño”.
Continuar leyendo ‘LECTURAS EN “ALTAVOZ”, EN TENERIFE’


Espazo Lectura, en Gondomar, adicoulle unha das recentes sesións infantís de animación lectora a “Un gran soño”, de Felipe Ugalde, obra coa que gañou o II Premio Internacional Compostela de Álbum Ilustrado. A narración do conto completouse cun obradoiro no que os nenos e nenas contruiron unha caixiña para gardar nela os seus mellores soños.
Continuar leyendo ‘“UN GRAN SOÑO” EN ESPAZO LECTURA’

O equipo de animación á lectura de KALANDRAKA visitou hai uns días os nenos e nenas da Escola de Educación Infantil “As Dunas”, en Nigrán. O blog do centro, titulado Tartarugas de Panxón, amosa fragmentos da sesión, na que Sandra e Iria contaron e cantaron contos como “Crocodilo namorado”, “Un becho estraño” ou “Chibos chibóns”, co acompañamento musical de Luis Prego. Unha forte aperta aos escolares e ao profesorado pola súa agarimosa acollida.
Continuar leyendo ‘COAS ‘TARTARUGAS’ DE PANXÓN’

¡Ya llegan, ya llegan! ¿Tú has sido bueno, has sido buena? Yo sí… Este año, no quiero más carbón.
Por eso, Esther e Isabel, las libreras de Kirikú y la bruja, en Madrid, con la colaboración de Blanca, Araceli y Ana, te van a contar la historia de un niño: “Cuando a Matías le entraron ganas de hacer pis en la noche de Reyes”, de Chema Heras y Kiko Dasilva. Será este sábado, 2 de enero, a las 12:00 horas.
Continuar leyendo ‘“CUANDO A MATÍAS…” EN MADRID’

Reseña de “Tic Tac”.

A Biblioteca Central de Vigo acolle mañá un obradoiro infantil de lectura pola igualdade, a partir do álbum “Unha parella diferente”, de Daniela Kulot, editado por FAKTORÍA K.