O narrador Boniface Ofogo (Camerún, 1966) vai impartir unha charla titulada “A importancia da oralidade” este mércores 1 de febreiro, a partir das 17:30 horas, na libraría infantil e xuvenil LIBROS PARA SOÑAR de Vigo (r/ Triunfo, 1). Nesta sesión, que está dirixida a público adulto, especialmente docentes, pais e nais, Boni Ofogo vaise basear na súa experiencia persoal para xustificar a necesidade de achegar os nenos e nenas, dende idade temperá, á tradición oral, como piar da súa formación humana e cultural.

Seguir leyendo


Un ano máis, KALANDRAKA pon en marcha a súa campaña de animación á lectura nas escolas que, nesta 13ª edición, vai chegar a máis de 200 centros de toda Galicia. Trátase dunha campaña aberta e susceptible de incorporar, ata o final do curso, máis colexios interesados no programa das sesións de contos e música, que están dirixidas ao alumnado de Educación Infantil e 1º ciclo de Educación Primaria. O repertorio abarca a narración tanto de contos tradicionais como de relatos de autor acordes á idade do público, cun acompañamento musical a base de melodías compostas especialmente para cada historia. Empréganse instrumentos autóctonos e outros procedentes doutras culturas, axudando así a reforzar a educación dos nenos e das nenas nesta materia.

As campañas de animación á lectura de KALANDRAKA xurdiron como unha actividade propia que complementaba o seu labor editorial en galego, iniciado en 1998. Axiña se converteron nun dos seus sinais de identidade, contribuíndo paralelamente á normalización da lingua dende as primeiras idades. O protagonismo das sesións de contos e música céntrase no libro, como ferramenta de aprendizaxe, de e de transmisión da cultura. Outro dos obxectivos da campaña é poñer en valor a biblioteca escolar como espazo para o encontro arredor da palabra e da oralidade, enlazando o público infantil e os libros, coa música como elemento dinamizador.

Seguir leyendo


Ata o vindeiro 12 de febreiro LIBROS PARA SOÑAR-A Coruña acolle unha ampla mostra de ilustracións, esculturas e libros ilustrados por Óscar Villán. O nome deste artista plástico vai ligado para sempre á historia de KALANDRAKA, xa que en 1999 o libro “O coelliño branco” gañou o 1º Premio Nacional de Ilustración, que se convertía no primeiro galardón da curta traxectoria que, naquel entón, aínda tiña a editorial, fundada o ano anterior. Ata a actualidade, Óscar Villán segue e seguirá vencellado á editorial: ilustrou outros álbums como “A cebra Camila” e “Amora”, o libro de relatos “O Rei Oso Branco e outros contos marabillosos”, a colección “Do berce á lúa” para prelectores, e títulos como “Un becho estraño” na colección infantil de FAKTORÍA K, ademais de dirixir a colección ‘Alfabetos’ de libros de arte. Unha estreita e frutífera relación que agora se pode visualizar nesta mostra na que Óscar Villán expón diversos traballos da súa autoría, tanto relacionados con KALANDRAKA como con outros proxectos editoriais ou particulares.

Na inauguración da exposición, co lema “Un paseo ilustrado I”, a narradora Patricia González e o músico Álex Fente realizaron unha sesión especial de contos e música, cun repertorio baseado exclusivamente nas historias dos libros ilustrados exclusivamente por Óscar Villán. Tamén o escaparate de LIBROS PARA SOÑAR presenta un aspecto diferente, cunha instalación artística inspirada en “O coelliño branco” na que non falta ningún detalle: a casa do coelliño e a figura do protagonista, a horta e mesmo as coles coas que fai o seu caldiño.

———————————————

Hasta el próximo 12 de febrero LIBROS PARA SOÑAR-A Coruña acoge una amplia muestra de ilustraciones, esculturas y libros ilustrados por Óscar Villán. El nombre de este artista plástico va ligado para siempre a la historia de KALANDRAKA, ya que en 1999 el libro “El pequeño conejo blanco” ganó el 1º Premio Nacional de Ilustración, que se convertía en el primer galardón de la corta trayectoria que, por aquel entonces, aún tenía la editorial, fundada el año anterior. Hasta la actualidad, Óscar Villán sigue y seguirá vinculado con la editorial: ilustró otros álbumes como “La cebra Camila” y “La mora”, el libro de relatos “El Rey Oso Blanco”, la colección “De la cuna a la luna” para prelectores, y títulos como “Un bicho extraño” en la colección infantil de FAKTORÍA K, además de dirigir la colección ‘Alfabetos’ de libros de arte. Una estrecha y fructífera relación que ahora se puede visualizar en esta muestra en la que Óscar Villán expone diversos trabajos de su autoría, tanto relacionados con KALANDRAKA como con otros proyectos editoriales o particulares.

En la inauguración de la exposición, con el lema “Un paseo ilustrado I”, la narradora Patricia González y el músico Álex Fente realizaron una sesión especial de cuentos y música, con un repertorio basado exclusivamente en las historias de los libros ilustrados exclusivamente por Óscar Villán. También el escaparate de LIBROS PARA SOÑAR presenta un aspecto diferente, con una instalación artística inspirada en “El pequeño conejo blanco” en la que no falta ningún detalle: la casa del conejo y la figura del protagonista, la huerta e incluso las coles con las que hace su caldito.

Seguir leyendo


 

Hoy comienza el Año del Dragón que, según el Calendario Chino, se prolongará hasta el 9 de febrero de 2013. El dragón es un animal mitológico muy apreciado en la cultura oriental, que le atribuye ser portador de buena suerte, felicidad, éxito y vitalidad. Guardián de los tesoros y la sabiduría, el dragón protagoniza este nuevo Festival de Primavera, una de las celebraciones más importantes para 1.300 millones de personas en todo el mundo.

Tendiendo puentes con otras civilizaciones a través de los libros y la literatura, FAKTORÍA K se suma a los festejos recordando dos de los títulos de su catálogo: en una edición bilingüe chino mandarín-español, “El nacimiento del dragón”, de Wang Fei, Marie Sellier y Catherine Louis, traducido por Pedro A. Almeida, habla del origen de este ser mítico que simboliza la paz; “Claro de luna”, de Qinyun Huan y Peilong Liang, traducido por Mónica Ching, recopila poemas bucólicos a través de la voz de la infancia, ilustrados con la técnica de la tinta derramada y transcritos fonéticamente, para facilitar su lectura en la lengua original al público occidental.

———————————–

Hoxe comeza o Ano do Dragón que, segundo o Calendario Chinés, prolóngase ata o 9 de febreiro de 2013. O dragón é un animal mitolóxico moi apreciado na cultura oriental, que lle atribúe ser portador de boa sorte, felicidade, éxito e vitalidade. Gardián dos tesouros e da sabedoría, o dragón protagoniza este novo Festival de Primavera, unha das celebracións máis importantes para arredor de 1.300 millóns de persoas en todo o mundo.

Tendendo pontes con outras civilizacións a través dos libros e da literatura, FAKTORÍA K súmase aos festexos lembrando dous dos títulos dó seu catálogo: nunha edición bilingüe chinés mandarín-español, “O nacemento do dragón”, de Wang Fei, Marie Sellier e Catherine Louis, traducido por Fernando Moreiras, fala da orixe deste ser mítico que simboliza a paz; “Claro de luna”, de Qinyun Huan e Peilong Liang, traducido por Mónica Ching, recompila poemas bucólicos a través da voz da infancia, ilustrados coa técnica da tinta derramada e transcritos foneticamente, para facilitarlle ao público occidental a lectura na lingua orixinal.

Seguir leyendo


Garavanciño”, “Aquiles o puntiño”, “A verdadeira historia de Carapuchiña”, “Artur”… foron algúns dos contos que Olalla González e Marc Taeger narraron e ilustraron nun interesante e enriquecedor encontro cos alumnos e alumnas do CEIP A Lama. A biblioteca deste centro está de noraboa porque vén de recibir recentemente o 1º Premio no Concurso Nacional de Boas Prácticas na Innovación e Dinamización das Bibliotecas Escolares 2011, organizado polo Ministerio de Educación. Outro dos seus logros, o pasado mes de xuño, foi a obtención do selo Boa Práctica de lectura Leer.es que lle concedeu o Centro Virtual Leer.es pola calidade das súas propostas didácticas encamiñadas ao desenvolvemento das competencias en comunicación lingüística a través do uso da Rede.

O recanto de Leo” é o blog da biblioteca escolar, o punto de encontro onde a comunidade comparte experiencias docentes, lecturas e actividades. A visita de Olalla González e Marc Taeger enmarcábase no programa de celebracións co gallo do Premio do Ministerio de Educación. Parabéns ao profesorado e ao alumnado do CEIP A Lama, e moitos azos para que continuar na senda da excelencia e da innovación educativa.

—————————–

Garbancito”, “Aquiles el puntito”, “La verdadera historia de Caperucita”, “Arturo”… fueron algunos de los cuentos que Olalla González y Marc Taeger narraron e ilustraron en un interesante y enriquecedor encuentro con los alumnos y alumnas del CEIP A Lama. La biblioteca de este centro está de enhorabuena porque acaba de recibir recientemente el 1º Premio en el Concurso Nacional de Buenas Prácticas en la Innovación y Dinamización de las Bibliotecas Escolares 2011, organizado por el Ministerio de Educación. Otro de sus logros, el pasado mes de junio, fue la obtención del sello Boa Práctica de lectura Leer.es que le concedió el Centro Virtual Leer.es por la calidad de sus propuestas didácticas encaminadas al desarrollo de competencias en comunicación lingüística a través del uso de la Rede.

“O recanto de Leo” es el blog de la biblioteca escolar, el punto de encuentro donde la comunidad comparte experiencias docentes, lecturas y actividades. La visita de Olalla González y Marc Taeger se enmarcaba en el programa de celebraciones con motivo del Premio del Ministerio de Educación. Felicidades al profesorado y al alumnado del CEIP A Lama, y ánimo para continuar en la senda de la excelencia y la innovación educativa.

Seguir leyendo


 

Hasta el 31 de enero se puede visitar en la Galería Visions (c/ Igualada, 4) de Barcelona la exposición de ilustraciones “Els mons oblidats” (“Los mundos olvidados”), de Dani Torrent, ilustrador de “Mefi, Sata y Monio”, y autor e ilustrador de “Mi abuelo Carmelo”, editados por KALANDRAKA. Este último título se presentó recientemente en el Museu del Joguet de Catalunya, con la participación de Joan Manel Soldevilla, catedrático de Lengua y Literatura, ensayista, comisario de exposiciones, guionista de proyectos multimedia, y al que une una entrañable relación académica con Dani Torrent, del que fue profesor de Literatura en el instituto donde estudió.

La muestra en Visions invita a “pasear por mundos olvidados, poblados con seres andróginos, tiernos e inquietantes, de belleza sinistra e inocencia llena de secretos; mundos en los que las fronteras se vuelven fluidas y lo que parece simple esconde un sustrato complejo lleno de miedos atávicos y deseos ocultos, un mundo de sugerencia y relatividad, como la realidad justo antes de que uno despierte”. Así presenta la responsable de la galería, Araceli Costales, esta exposición, que se puede visitar de 18:00 a 21:00 horas.

Sobre “Mi abuelo Carmelo”, el blog de literatura infantil Los Cuentos de Bastian dedica esta semana una completa reseña a este álbum, sobre el que también se habló en el Canal Nord TV:


Seguir leyendo


 

El Museo de la Electricidad de Lisboa acoge, hasta el próximo 8 de abril, la exposición de la V Bienal Internacional de Ilustración para la Infancia-Ilustrarte 2012. La muestra reúne la obra de 50 artistas plásticos de todo el mundo; de cada uno se pueden admirar tres imágenes, dispuestas en vitrinas, a modo de cajones de unas elegantes mesillas. Entre los ilustradores seleccionados figura André da Loba, con las vanguardistas estampas que ilustran el libro “Bocage: antologia poética”, de FAKTORÍA K. “(In)timidade”, “Flor-esta” y “O poeta” reflejan su particular interpretación, a base de formas y colores sorprendentes, de los versos del “poeta de la respuesta pronta e inolvidable”.

A esta quinta edición de Ilustrarte se presentaron 1.585 artistas plásticos de 65 países: la obra de Valerio Vidali fue la vencedora del certamen, mientras que Simone Rea, Nina Wehrle y Evelyne Laube recibieron menciones honoríficas. Sus trabajos ocupan un lugar preferente en el Museo de la Electricidad, que también exhibe la obra de André da Loba. El horario de visita de la exposición es de martes a domingo, de 10:00 a 18:00 horas. También fueron seleccionados André Letria y Pablo Amargo.

Además, durante los meses de enero y febrero, André da Loba es el “Ilustrador invitado” en el blog Cria Cria, de Portugal. En semanas sucesivas, se van publicando imágenes y reflexiones de este joven, pero ya reconocido profesional de las artes plásticas.

—————————————

O Museo da Electricidade de Lisboa acolle, ata o vindeiro 8 de abril, a exposición da V Bienal Internacional de Ilustración para la Infancia-Ilustrarte 2012. A mostra reúne a obra de 50 artistas plásticos de todo o mundo; de cada un pódense admirar tres imaxes, dispostas en vitrinas, a modo de caixóns dunhas mesiñas. Entre os ilustradores seleccionados figura André da Loba, coas vangardistas estampas que ilustran o libro “Bocage: antologia poética”, de FAKTORÍA K. “(In)timidade”, “Flor-esta” e “O poeta” reflicten a súa particular interpretación, a base de formas e colores sorprendentes, dos versos do “poeta da resposta pronta e inesquecible”.

A esta quinta edición de Ilustrarte presentáronse 1.585 artistas plásticos de 65 países: a obra de Valerio Vidali foi a vencedora do certame, mentres que Simone Rea, Nina Wehrle e Evelyne Laube recibiron mencións de honra. Os seus traballos ocupan un lugar preferente no Museo da Electricidade, que tamén exhibe a obra de André da Loba. O horario de visita da exposición é de martes a domingo, de 10:00 a 18:00 horas. Tamén foron seleccionados André Letria e Pablo Amargo.

Ademais, durante os meses de xaneiro e febreiro, André da Loba é o “Ilustrador invitado” no blog Cria Cria, de Portugal. En semanas sucesivas, vanse publicar imaxes e reflexións deste xoven, pero xa recoñecido profesional das artes plásticas.

Seguir leyendo


El suplemento Apuntes de Educación, que se publica en el periódico La Opinión de Málaga, ofrece esta semana una entrevista con el director de KALANDRAKA, Xosé Ballesteros.

“…La lectura es una forma de descubrir el mundo, de irse conociendo a uno mismo, de enfrentarse a la vida… de crecer. Es una medicina necesaria ¡que cura! Cuanto mas atractivo sea su envoltorio, mejor. Pero no debemos olvidar que lo importante es lo que se ingiere, una historia bien construída perdurará, se convertirá en clásica, se reeditará una y otra vez, se leerá una y otra vez”.

“…El trabajo de las pequeñas editoriales independientes es difícil de visualizar, de llegar al público. De ahí que, además de editores, tengamos que desarrollar una constante labor de promoción, un trabajo de difusión cultural que se realiza de forma habitual en el ámbito escolar, en las librerías y en las bibliotecas. Campañas de animacián a la lectura, exposiciones de ilustraciones originales, o cualquier acción encaminada a animar a leer, pero siempre manteniéndonos fieles a nuestro proyecto original: dignificar el proceso de animación a la lectura y tratar al público infantil con el mayor respeto, sin frivolidades ni noñerias”.

“…En Kalandraka vamos a seguir haciendo lo que sabemos hacer: publicar libros en papel, mientras haya público que lo demande”.


«…En aquella época todos los paraguas eran negros, pardos o, si acaso, de color azul de Prusia o verde oscuro. Así que, cuando apareció en la fábrica aquel paraguas amarillo, todo el mundo se quedó frío. Un paraguas de semejante color no estaba en los planes, ni en los catálogos, ni en los pedidos…»

En una ciudad gris y con gente gris, el operario de una fábrica de paraguas comete la osadía de saltarse las normas establecidas y fabricar un paraguas amarillo pese a que lo que se lleva son los paraguas de color negro, marrón, verde y azul oscuro. El relato de Joel Franz Rosell -ilustrado por Giulia Frances Campolmi- reivindica, pues, la libertad y la creatividad frente a la rutina y las convenciones impuestas.

RESEÑA: «El paraguas amarillo«

—————————–

Naquela época todos os paraugas eran de cor negra, parda ou, se acaso, azul de Prusia ou verde escuro. Así que, cando na fábrica apareceu aquel paraugas amarelo, todo o mundo ficou pampo. Un paraugas de semellante cor non estaba previsto na programación nin nos catálogos nin nos pedidos…

Nunha cidade gris e con xente gris, o operario dunha fábrica de paraugas comete a ousadía de saltar as normas establecidas e fabricar un paraugas amarelo malia que o que se leva son os paraugas de cor negra, marrón, verde e azul escuro. O relato de Joel Franz Rosell ilustrado por Giulia Frances Campolmi- reivindica, pois, a liberdade e a creatividade fronte á rutina e ás convencións impostas.

RESEÑA: «O paraugas amarelo»

Seguir leyendo