[Descargar en formato PDF: 8M, Día de la Mujer]

. . . . . . . . . .

[Descargar en formato PDF: 8M, Día da Muller]


Na semana do 8 de Marzo, entre os libros a prol da igualdade, cómpre darlle preponderancia a un singular personaxe, xa clásico e imprescindible da Literatura Infantil e Xuvenil: Pippi Mediaslongas.

«Deixar a Pippi en liberdade» significa, entre outras moitas cousas, volver ás súas páxinas por primeira ou por enésima vez, entregarnos á lectura (con nenas e/ou nenos moitísimo mellor) e enchouparnos deses aires de liberdade e dese arrecendo a infancia, a independencia e a autenticidade que caracteriza estes relatos da autora sueca Astrid Lindgren.

  • Icona da diferenza, estímulo de igualdade

Pippi é unha nena que vive na compaña dun mono e dun cabalo, mais sen ningún adulto. É moi alegre e moi dinámica, viste como quere, pensa por si mesma e vai descubrindo o mundo a golpe de aventuras e de aventurarse, sen moito máis control que o que ela mesma se impón. Pippi ten pencas, o pelo roxo con dúas trenzas tesas, usa medias a raias e unhas botas con cordóns de cores diferentes. É unha nena valente e ten unha forza extraordinaria. Poderiamos non parar de describila; o caso é que, fagámolo como o fagamos, digamos o que digamos, non hai dúbida: Pippi está lonxe, moi lonxe do rol de nena vulnerable e fráxil, necesitada de aprobación social, e por iso haina que pór en valor para conmemorar o 8 de Marzo.

[Ilustracións orixinais e restauradas de Ingrid Vang Nyman]

Pippi é fundamentalmente diferente, simbolicamente diferente, e á vez encanta e seduce; unha clave que fixo que millóns de nenas e nenos do mundo a reciban cos brazos abertos. Quizais isto fía coa idea de que o respecto á diversidade e á diferenza en todas as ordes -de raza, de cultura, de xénero, de formas de facer e de sentir- é o único que pode igualarnos.

  • Rescatar a nosa nena

Pippi xa ten 73 anos. É un personaxe literario atemporal e adiantado ao seu tempo. Pippi Mediaslongas publicouse por primeira vez en 1945, con non poucas dificultades e rexeitamento por parte das editoriais. Astrid Lindgren sempre asegurou que malia que fose unha historia que escribira como agasallo para a súa filla no seu décimo cumpreanos, ela non se inspirou na rapaza, senón na nena que aínda habitaba nela mesma. Non cabe dúbida de que conseguíu rescatala. Ela estaba convencida de que o éxito de Pippi radicaba precisamente en que era unha nena, posto que o personaxe chocaba moito máis cos roles de xénero estereotipados que se tivera elixido un neno.

Está claro que en máis dunha ocasión e por máis dun motivo, a figura de Pippi Mediaslongas tece un fío de conexión coa esencia natural de nenas e nenos. Dalgún xeito, rescátaos, ponos en valor representando unha liberación para ambos. Tamén o vemos cando -como se fose Peter Pan- Pippi non quere medrar. Ela sabe da importancia de ser unha nena e do que perderá cando deixe de selo.

  • Derrubando tópicos na Literatura Infantil e Xuvenil

“Un libro para nenos pode conter episodios que resultan divertidos tanto para nenos como para para adultos. Tamén se poden escribir cousas que os adultos non entenden, que van dirixidas exclusivamente aos nenos. Pero os acenos ao mundo adulto por riba da cabeza dos nenos están totalmente prohibidos, son unha aldraxe para os pequenos lectores”.

[Astrid Lindgren, entrevistada por Isabel Carvajal: Revista CLIJ nº31, Setembro 1991]

Con declaracións coma esta, non pode estrañar que creara personaxes tan fondamente vencellados ao mundo infantil. A lectura de Pippi Mediaslongas abre fiestras e deixa entrar aire e frescura. Tamén abre portas, as da intriga, porque non se sabe nunca que pensa Pippi nin como actuará e iso fai que queiramos seguir lendo.

Pola contra, a cotío podemos atopar preocupacións por parte do mundo adulto con respecto á literatura entendida como ensinanza y así pénsase -algúns con pesadume, outros con ánimo- que nenas e nenos reproducirán os roles que están escritos. E se son as nenas as que poden reproducilos, a preocupación aumenta. Pero o certo, e iso sábeno as lectoras e os lectores, é que a literatura é pracer e un fin en si mesma. Por iso e ante as ameazas da non publicación das súas obras, Astrid Lindgren afirmaba:

“Los niños no imitan a Pippi. Saben que ela es única”.

[Astrid Lindgren, entrevistada por Isabel Carvajal: Revista CLIJ nº31, Setembro 1991]

Pippi pertence ao mundo da ficción, non anima as nenas e os nenos a ser coma ela, senón que vai máis aló. De aí que o título escollido para este artigo -Deixar a Pippi en liberdade- é permitir lela, sentila; porque tamén así se deixa que as nenas e os nenos sintan as súas propias diferenzas sen ser xulgados socialmente por iso.

 

Artigo de Lola Gallardo, pedagoga e especialista en Literatura Infantil e Xuvenil. Libraría Rayuela de Sevilla.

 


“Poesía para os sentidos, coa imprescindible cooperación das sinestesias”. Así describía Vicente Araguas o poemario “Tempo transfigurado” de Cesáreo Sánchez Iglesias. Na presentación celebrada no Espacio Kalandraka de Madrid, o profesor e crítico literario falou de beleza, de autenticidade. Canda el, Paz Castro, en representación de Kalandraka, e o autor, que evocou as claves deste décimo volume da colección Tambo: a música e o amor.

“Só somos como nos soñamos cando amamos. Somos memoria do amor, e dos seres que amamos e polos que moitas veces fomos amados. Somos memoria do amor, e dela quizais veñen as orfandades do amor, das máis diversas formas de amor do feminino, sabendo da forza do non dito, e como nos procuramos nel. A busca do feminino é unha constante neste libro”. 

. . . . . . . . . .

“Poesía para los sentidos, con la imprescindible cooperación de las sinestesias”. Así describía Vicente Araguas el poemario “Tempo transfigurado” de Cesáreo Sánchez Iglesias. En la presentación celebrada en el Espacio Kalandraka de Madrid, el profesor y crítico literario habló de beleza, de autenticidad. Con él, Paz Castro, en representación de Kalandraka, y el autor, que evocó las claves de este décimo volumen de la colección Tambo: la música y el amor.

“Solo somos como nos soñamos cuando amamos. Somos memoria del amor, y de los seres que amamos y por los que muchas veces fuimos amados. Somos memoria del amor, y de ella quizás vengan las orfandades del amor, de las más diversas formas de amor de lo feminino, sabiendo de la fuerza de lo no dicho, y cómo nos buscamos en él. La búsqueda de lo femenino es una constante en este libro”. 

 


A poeta Lucía Novas presentou no seu Bueu natal o seu novo poemario, Cervatos, publicado na colección Tambo de Faktoría K. Na Sala Amalia Domínguez Búa estivo acompañada polo profesor e crítico literario Ramón Nicolás, e polo director da colección Tambo, Luis Rei Núñez. O gusto polas atmosferas kitsch, a beleza do efémero e a riqueza de obxectos superfluos marcan o estilo desta obra, que bebe das fontes do videoclip e do cinema, da música e da cultura audiovisual contemporánea.

A diferenza dos dez títulos de Tambo precedentes, os poemas de Cervatos teñen un carácter fragmentario, están elaborados a base dun atrevido colaxe de palabras enxertadas con tino, sensibilidade e lirismo. A autora amosa un mundo urbano, nocturno e inhóspito; mais tamén recolle o pouso e a autenticidade do mundo rural. Trátase, en conxunto, dunha poética híbrida entre memoria e cosmopolitismo, que aposta pola mestizaxe entre o popular e o vangardismo. Tampouco elude a crítica á posmodernidade, ao carácter fuxidío e fugaz dunha realidade na que se identifica os individuos como fráxiles cervatos expostos ao teimudo, fascinante e implacable paso do tempo.

 

Licenciada en Filoloxía Galega pola Universidade de Vigo, Lucía Novas é docente nun instituto de Pontevedra. Da súa faceta literaria, destaca como autora dos libros Epiderme de estío (2001, Premio de Poesía do Concello de Carral), e Neve (2010, Premio de Poesía Johán Carballeira). Tamén participou nas antoloxías Das sonorosas cordas (2005), Poetízate: antoloxía da poesía galega (2006), Erato: bajo la piel del deseo (2010) ou Novas de poesía: 17 poetas (2014). Ademais, ten colaborado en publicacións como Grial, Dorna, PolpA, Casa da Gramática ou Escrita Contemporánea. Os premios Minerva, Universidade de Vigo e Faustino Rey Romero completan polo momento os recoñecementos que ten colleitado como escritora.

“Cervatos” súmase aos poemarios dos galegos Manuel Álvarez Torneiro -Premio Nacional de Poesía 2013-, Xavier Seoane, Martín Veiga, Luís Rei Núñez e Cesáreo Sánchez Iglesias que viron a luz en Tambo, xunto coa obra do catalán Antoni Marí e do vasco Joseba Sarrionandia, entre outros autores.

Ξ      Ξ      Ξ      Ξ

Trala introdución de Luis Rei Núñez, Ramón Nicolás foi quen trazou o perfil literario da autora e as claves líricas de Cervatos. A súa achega serviu para informar e emocionar, revelando a lectura desta obra como unha oportunidade certeira para o deleite e a reflexión.

Polo xeral adóitase, nunha presentación, falar do libro que nos xunta e, se cadra, non tanto do autor ou autora. Ídesme permitir que, nunha primeira instancia, fale da autora, de Lucía Novas para o que, ademais, e aínda correndo o risco de ser un chisco inoportuno, tamén vos fale de min porque actuamos, escribimos cos “fíos da vida”, como dicía o noso querido Agustín Fernández Paz, invisibles pero tantas veces perennes e sempre resistentes na memoria.

   Hai algúns anos unha antiga profesora, que o foi de moitas persoas que andamos por aquí, Camiño Noia, telefonoume inesperadamente por se quería substituír durante un tempo na Facultade de Filoloxía de Vigo ao profesor Gonzalo Navaza, que se recuperaba devagar dun grave accidente. Sen pensalo como debería dixen que si e compatibilicei, ao longo dun ano e medio máis ou menos, o exercicio da docencia no instituto no que traballaba e traballo aínda hoxe, e algunhas materias que me correspondían para alumnado de primeiro de Filoloxía Galega da Universidade de Vigo.

   Lembro aquela experiencia como esgotadora física e intelectualmente, pero gozosa, talvez das máis gozosas que a práctica do ensino me brindou ata hoxe. Gozosa, en esencia, porque me posibilitou, sobre outras moitas cousas, coñecer e compartir, xa non só algúns coñecementos e actividades relativas, por exemplo, á nosa literatura contemporánea, que talvez aprendín a ver desde outra perspectiva e que sigo valorando, sen dúbida nun posicionamento chauvista, como a mellor do mundo, porque é nosa e nos define no mundo. Dicía que foi unha experiencia que mesmo me formou porque me resultou operativa para confirmar como un grupo de persoas moi novas querían formarse, e diría que con entusiasmo, nos camiños da filoloxía e, máis concretamente, nos camiños da filoloxía galega. Daquel grupo, moi numeroso, tanto que nuns primeiros momentos me asustaba, conservo na memoria, talvez polo seu interese, pola vontade de sempre saber máis, pola colaboración que me prestaron e  por unha actitude aberta e sempre xenerosa, a algunhas persoas como -e desculparanme outras que agora mesmo esquezo- como Iago Castro, Laura Montes, María Besteiros, Iria Collazo e, loxicamente, Lucía Novas.

   Pasou o tempo, eu volvín ao ensino medio onde felizmente sigo e fun observando como estas persoas, e outras moitas, foron converténdose en magníficos profesionais docentes e, nalgún caso, desenvolvendo con mérito labores noutros ámbitos que teñen que ver co mundo da edición ou da investigación. Ademais, algunhas daquelas persoas comezaban a dar os seus primeiros pasos no traballo literario creativo en lingua galega, o que sempre produce -e descúlpenme de novo- esa confesable, porque estamos entre amigas e amigos, pequena satisfacción como docente que produce o feito de constatar como persoas das que con seguridade aprendín eu máis delas ca elas comigo se incorporan, con paso firme e talento, ao mundo da creación literaria en lingua galega…, probablemente haxa poucas cousas, para min, máis fermosas.

   Ou, se cadra pode habelas,  cando neste mesmo lugar, hai algún tempo, dúas daquelas persoas ás que citei, concretamente Iria Collazo e Lucía Novas, realizan unha disección, garimosa e fantástica e que aínda conservo na memoria, sobre unha novela que aquel seu profesor publicara tamén con certa inconsciencia. E hoxe tócame, claro é, vivir outra desas experiencias que moitas persoas non gozan da posibilidade de vivir, isto é, dicir unhas palabras sobre un libro daquela Lucía Novas, hoxe convertida nunha poeta salientable que camiña, desde hai anos xa, con pasos firmes no ámbito da poesía contemporánea.

   Lucía é probable, estou convencido, que xa escribía naqueles anos compartidos en Marcosende pero, como sabedes, é unha voz galardoada en numerosos concursos literarios e, presenta, ata o de hoxe, unha obra poética singular e senlleira conformada por tres volumes como son Epiderme de estío (2001), Neve (2010) e Cervatos, que aquí nos xunta. Lucía é unha autora, como podedes advertir no que se refire ao espazo temporal que van marcando as datas de publicación dos seus libros, que coce a súa obra a lume manso e iso, para min, resulta, malia que non teña que sempre ser así, unha verdadeira garantía pois entende o coidado preciso que esixe a construción dunha obra que ha de ser meditada, elaborada e reelaborada, dona dun ritmo pousado e pousada na súa produción. Non hai présas por publicar, e isto define a Lucía, non teño dúbida.     Non vou falar aquí das súas obras anteriores mais si me gustaría citar unhas palabras  de Lucía a través das cales nos confesa a súa propia poética:

É a poesía para min a necesidade máis íntima, a substancia da vida, o alimento marabilloso, o pan máis exquisito, ave do Paraíso, pracer delicioso, catarse senlleira, viaxes inauditas, círculos purificadores, pomadas reconfortantes…

Imos enchoupándonos de vida e chega un intre en que reside en nós demasiada xiria: a experiencia vai pasando por unha peneira, criba senlleira, e elabóranse versos e palabras, sensacións de fulgor, raiolas lenísimas, metáforas do cotián e da marabilla… (calidoscopio fantástico, transparencia de vidros). O interior é sala luminosa cunha colección de espellos…

    Estas palabras axúdannos, creo eu, a entender tamén Cervatos, inserido nesa poética que, aventuro, a autora segue a abrazar. Poesía,  pois, é para Lucía “substancia da vida”, catarse, purificación, vida en definitiva. Mais tamén chamo a atención, se me permitides, sobre esa afirmación de que “a experiencia vai pasando por unha peneira”. Talvez poida radicar unha posible lectura  deste Cervatos, que é un libro de vida, un libro no que se olla a vida, un libro que bebe da experiencia sensorial e vital, un libro no que a vida se peneira para iluminarnos e, ademais, faino inserido, por fortuna, nunha colección poética onde o tratamento da palabra, do discurso poético e sobre todo dos silencios atopa un acubillo perfecto porque nel se espella ese diálogo sempre necesario entre a voz e o silencio, o branco, un branco limpísimo e brillante, tanto como a neve, e tantas veces tan elocuente.

   Cervatos, así pois, comenteino nun texto que publiquei hai algúns días, opta por depurar o sentido do poema, o sentido do verso, o propio sentido da palabra. O emprego, recorrente, reiterado e consciente das enumeracións léxicas e a vontade explícita de focalizar a atención na dimensión semántica e simbólica da palabra eríxese neste libro como un proceso intenso, extenuante, talvez mesmo, doloroso e quen sabe se purificador que, sen dúbida, cómpre vincular coa dinámica rápida dos frames do mundo audiovisual, das películas, das cancións… Porque tamén neste libro hai moita música, música evocada que todas e todos podemos ter na nosa mente, mais tamén unha construción que, por veces, parece agromar dunha inspiración musical determinada, sempre heteróxena, ordenada desde a instancia autorial.

   Gústame dicir que as fronteiras da linguaxe nestes poemas, como se di da poesía da poeta María Mariño, se dinamitan, estoupan e suxiren un camiño de interpretación, unha re-codificación impresiva e libérrima, probablemente única e distinta na recepción de cada unha das persoas que se acheguen a eles.

   En Cervatos, claro é, hai un símbolo, que non é o dos cervos, é o dos cervatos, mais que podemos vincular tamén coa poesía e a música: a cría do cervo, fráxil e fermosa, loxicamente dependente da nai e da manda, é un ser un tanto desvalido e, talvez, inocente, mais tamén claramente gregario o que nos fai pensar na voz da tribo, aquí presente sempre. O cervato, así pois, preséntase como o referente que sostén un contraste continuo porque desde o bosque, onde  vive alleo ao paso do tempo e abeirado a unha contorna protectora, a súa presenza sométese agora a unha ollada híbrida na que se desvela ese diálogo cun entorno de asfalto, coa atmosfera máis kitsch e cun son no que reverbera unha crítica á postmodernidade pero á que non se lle dá as costas reutilizando os seus referentes, tantas veces esmaltados cun verniz de ironía, que é un dos elementos máis salientables desta proposta. É un libro plural, heteroxéno, rupturista, fala da memoria, si, tamén do amor, mesmo do amor desde as marxes e a turbulencia dos nosos días. Un libro de contrastes, entre o urbano e o rural cando todo se mestura, de contrastes no uso de rexistros diferentes, de diálogo e diálogos, de obsesións talvez convertidas en elementos clave -velaí o reiterado espiño albar, a neve, os xeranios, os fentos, os tulipáns, as chaquetas de la, o purpúreo, o lobo cerval, o azul índigo, os amorodos… por citar só algunhas referencias recorrentes.

   Volvo aos cervos porque Lucía é filóloga e só dunha filóloga se poden atopar, probablemente, palabras como liscanzo, pelicano, buguina…, talvez unha filólogo con oído marabilloso presto a captar a eufonía pode rematar con ese marabilloso Nightingale da conclusión: Pero Meogo, inevitable non citalo ao falar deste libro, modernizou un xénero como o das cantigas de amigo ao introducir un símbolo como era o do cervo e talvez non sexa esaxerado que estes Cervatos volven modernizar o discurso lírico contemporáneo –non hai leixaprén non, pero non aseguraría eu que o recurso ao paralelismo, ás reiteracións non beban dunha fonte común e renovada transformada agora en imaxes que van e veñen, que van e veñen, que van e veñen. Talvez, con todo, todo isto non se ha ver ata dentro dun determinado tempo, pero alén da referencia literaria gustoume moito o deseño da cuberta que fai pensar máis ca en Pero Meogo, Joan Meendiz de Briteiros ou o xudeu de Elvas -que tamén o usaron como símbolos, aínda tamén pois hai sen dúbida erotismo nestas páxinas e gústame ver os cervatos remexendo aquí non nas augas senón nas conciencias; fai pensar Cervatos -dicía- nas pinturas rupestres cuxa reprodución, nalgunhas culturas, está asociada ao espírito e ao corpo, ao misticismo e á beleza, á forza da luz entre as tebras a un corpo que se rexenera polo marabilloso que supón o nacemento dos brotes nos seus cornos. Cos conceptos de renovación e rexeneración, aínda que poida en primeira instancia parecer hiperbólico, querería quedar. Veremos se o tempo me dá ou quita a razón, veremos mesmo se deste libro se dan tamén, no futuro, brotes ou agromos.

   E todo isto mercé o recurso da colaxe e do fragmentarismo; grazas á imaxe visionaria porque a idea case sempre é imaxe; xogando coa percepción libérrima, como apuntei, que obtemos ao ler ou oír as enumeracións, entre as que están tamén as deses espazos e lugares verdadeiros que aquí se nomean: certos porque non están en mapa ningún, mais si na memoria da voz que nos guía. Cervatos, dalgún xeito, supón unha invitación para habitar outros espazos, algúns percorridos por voces moi diversas entre as que atopo a de Lois Pereiro por só citar unha, desde outra perspectiva, como se di no libro rouba a transparencia e interpélanos desde a transgresión, desde a cerna da subversión, desde a vontade, iso é colleita miña, de matar dunha vez por todas a Bambi, a esa imaxe descafeinada e docificada, dunha vez, dese Bambi que Walt Disney ocultou e manipulou moitas pasaxes do libro orixinal do autor austríaco Felix Salten, esa versión que tanto dano fixo e estou certo que fai.

   Cervatos, cando menos a min, fai pensar que todos somos, no fondo, seres fráxiles, gregarios. Convida á reflexión, repara en obxectos e atmosferas particulares para reivindicar o pensamento pois semella que hai cervatos que nunca medran, que quedan nun estadio de eterna infancia e mocidade que lles impide dar co necesario espírito crítico para se enfrontar coa propia vida, polo que parece que nunca paso o tempo instalados nese non-lugar que é a adolecencia, pero que si pasa, porque tamén neste libro se fala do paso do tempo: un ubi sunt?, no fondo, orixinalmente e brillantemente tratado.

   Conclúo: Lucía díxome un día que o paxaro que prefería era o cuco, non se me ocorre outra forma para pechar esta intervención que estes versos do cantigueiro popular: Canta cuco, canta cuco,/ na rabiza do arado;/ canta cuco, canta cuco,/ que o tempo vaiche acabado.  O meu acabou e agardo que vos fose grato, tanto como supuxo vir a min aquí hoxe e arroupar aos Cervatos que nos xuntan. Grazas, Lucía, e que sigamos léndote moitos anos.

 

 

 


¿Por qué?, de Nikolai Popov

La historia de Erika, de Ruth Vander Zee y Roberto Innocenti

El principio, de Paula Carballeira y Sonja Danowski

El hombrecito vestido de gris, de Fernando Alonso y Ulises Wensell

Bandada, de Julia Díaz Garridoy David Álvarez Hernández

Carta de las Islas Baladar, de Jacques Prévert y André François

Nicolás Guillén. Selección poética, ilustrado por Nelson Villalobos

Un cuadro de Picasso, de Claire d’Harcourt

 

[Descargar en formato PDF: Día Escolar por la Paz y la No Violencia ]


 

Por qué?, de Nikolai Popov

A historia de Erika, de Ruth Vander Zee e Roberto Innocenti

O principio, de Paula Carballeira e Sonja Danowski

Bandada, de Julia Díaz Garrido e David Álvarez Hernández

A historia do touro Ferdinando, de Robert Lawson e Munro Leaf

Guernica, de Heliane Bernard e Olivier Charpentier

O homiño vestido de gris, de Fernando Alonso e Ulises Wensell

Eu son Suleimán, de Antonio Lozano

Diario de Ana Frank, de Ana Frank

Un cadro de Picasso, de Claire d’Harcourt

O nacemento do dragón, de Wang Fei, Marie Sellier e Catherine Louis

 

[Descargar en formato PDF: Día Escolar pola Paz e a Non Violencia ]

 


 

Per què? (Nikolai Popov)

La història del Ferdinando (Robert LawsonMunro Leaf)

La història de L’Erika (Ruth Vander ZeeRoberto Innocenti)

Començar (Paula CarballeiraSonja Danowski)

Guernica (Heliane BernardOlivier Charpentier)

Bandada (Julia Díaz GarridoDavid Álvarez Hernández)

Carta de las Islas Baladar (Jacques PrévertAndré François)

Un cuadro de Picasso (Claire d’Harcourt)

 

[ Descarregar en format PDF: Dia escolar de la no-violència i la pau ]


Desde KALANDRAKA, con Simón y sus amigos celebrando la cosecha de su fértil huerta comunitaria, entre zanahorias, maíz, tomates, lechugas y muchos más vegetales, os deseamos FELICES FIESTAS!

. . . . . . .

Dende KALANDRAKA, con Simón e os seus amigos celebrando a colleita da súa fértil horta comunitaria, entre cenorias, millo, tomates, leitugas e moitos máis vexetais, desexámosvos BO NADAL!

. . . . . . .

Des de KALANDRAKA, en Simó i els seus amics celebren la collita del seu hort comunitari, entre pastanagues, blat de moro, tomàquets, enciam i molts més vegetals, us desitgem BONES FESTES!

. . . . . . .

From KALANDRAKA, with Simon and his friends celebrating the harvest of their fertile community garden, among carrots, corn, tomatoes, lettuce and many more vegetables, we wish you MERRY CHRISTMAS!

. . . . . . .

Da KALANDRAKA, com Simão e os seus amigos a celebrar a colheita da sua fértil horta comunitária, entre cenouras, milho, tomates, alfaces e muitos outros vegetais, desejamos BOAS FESTAS!

. . . . . . .

Fra carote, pannocchie, pomodori e lattuga, noi della KALANDRAKA vi facciamo l’augurio di BUON NATALE e BUON ANNO festeggiando il raccolto dell’orto di Simone insieme ai suoi amici.

 


La ilustradora Nadia Menotti y el director de KALANDRAKA, Xosé Ballesteros, han recibido en Madrid el Premio de la 33ª Muestra del Libro Infantil y Juvenil -que se ha concedido por primera vez este año- por la obra “Las pescadoras“, elegida entre las 200 obras que componen el catálogo de esta exposición, que se celebra en el marco del 41º Salón del Libro Infantil y Juvenil.

Con libros como “Las pescadoras”, KALANDRAKA “mantiene su apuesta por la multiculturalidad, la educación en igualdad, la tolerancia y la estimulación de la imaginación y la curiosidad”, ha señalado el jurado del certamen, formado por la autora Margarita del Mazo, el editor Diego Moreno, la maestra Sara Moreno, el autor e ilustrador Raúl Nieto Guridi, el librero Rodrigo Rivero y el jefe de la Unidad del Libro y la Lectura de la Comunidad de Madrid, Pedro Valverde. Tamén han destacado la trayectoria de la editorial -que cumplirá 20 años en 2018- y su línea de trabajo “definida por la animación a la lectura y el apoyo a los creadores”.

 

En la entrega del premio, Xosé Ballesteros ha reflexionado sobre la importancia de la diversidad cultural y lingüística a propósito de la reciente participación de KALANDRAKA en la Feria Internacional del Libro de Guadalajara (México), en Culturgal (Pontevedra) y la Feria del Libro Vasco (Durango): “Reivindicamos que las lenguas estén vivas”, ha señalado a propósito del gallego, “que está en peligro de extinción”.

Tras explicar que KALANDRAKA publica en siete idiomas, ha defendido la función de las lenguas como “instrumentos de comunicación y afecto”, y ha pedido que se sigan “respetando” por ser “la riqueza más natural de las personas”.

A la inauguración del Salón del Libro Infantil y Juvenil de Madrid han asistido también el escritor Antonio García Teijeiro -Premio Nacional de Literatura Infantil y Juvenil 2017- y el ilustrador Xan López Domínguez, que han participado en un encuentro literario con público escolar, además de la autora Ledicia Costas, que recogía el Premio Lazarillo.

LIBRÓPTERO

El Premio de la Muestra del Libro Infantil y Juvenil tiene carácter simbólico. Creado por Guridi, se trata de una figura que representa la capacidad de la lectura para hacer volar la imaginación. No es el único reconocimiento otorgado a esta obra: “Las pescadoras” ya había recibido la mención del jurado del VII Premio Internacional Compostela de Álbum Ilustrado 2014.

Esta adaptación de un cuento tradicional de la India destaca por su hermosa y delicada propuesta plástica, a base de minuciosas escenografías con pequeñas figuras elaboradas en madera, cartón, alambre y tela. “Las pescadoras” -que cuestiona la idea de lo relativo y lo subjetivo ante determinadas convenciones- formará parte de la Muestra del Libro Infantil y Juvenil, que recorrerá las bibliotecas y centros de lectura de toda la Comunidad de Madrid. En la selección de las 200 obras incluidas en esta exposición itinerante han participado 16 bibliotecarias y bibliotecarios expertos en literatura infantil.

. . . . . . . . . .

A ilustradora Nadia Menotti e o director de KALANDRAKA, Xosé Ballesteros, recibiron en Madrid o Premio da 33ª Mostra do Libro Infantil e Xuvenil -que se concedeu por primeira vez este ano- pola obra “As pescadoras“, elixida entre as 200 obras que compoñen o catálogo desta exposición, que se celebra no marco do 41º Salón do Libro Infantil e Xuvenil.

Con libros como “As pescadoras”, KALANDRAKA “mantén a súa aposta pola multiculturalidade, a educación en igualdade, a tolerancia e a estimulación da imaxinación e a curiosidade”, sinalou o xurado do certame, formado pola autora Margarita del Mazo, o editor Diego Moreno, a mestra Sara Moreno, o autor e ilustrador Raúl Nieto Guridi, o libreiro Rodrigo Rivero e o xefe da Unidade do Libro e da Lectura da Comunidade de Madrid, Pedro Valverde. Tamén destacaron a traxectoria da editorial -que cumprirá 20 anos en 2018- e a súa liña editorial “definida pola animación á lectura e o apoio aos creadores”.

Na entrega do premio, Xosé Ballesteros reflexionou sobre a importancia da diversidade cultural e lingüística a propósito da recente participación de KALANDRAKA na Feira Internacional do Libro de Guadalaxara (México), en Culturgal e na Feira do Libro Vasco celebrada en Durango: “Reivindicamos que as linguas estean vivas”, sinalou a propósito do galego, “que está en perigo de extinción”.

Tras explicar que KALANDRAKA publica en sete idiomas, defendeu a función das linguas como “instrumentos de comunicación e de afecto”, e pediu que se sigan “respectando” por ser “a riqueza máis natural das persoas”.

Á inauguración do Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Madrid asistiron tamén o escritor e o ilustrador galegos Antonio García Teijeiro -Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil 2017- e Xan López Domínguez, que participaron nun encontro literario con público escolar, ademais da autora Ledicia Costas, que recollía o Premio Lazarillo.

LIBRÓPTERO

O Premio da Mostra do Libro Infantil e Xuvenil ten carácter simbólico. Creado por Guridi, trátase dunha figura que representa a capacidade da lectura para facer voar a imaxinación. Non é o único recoñecemento outorgado a esta obra: “As pescadoras” xa recibira a mención do xurado do VII Premio Internacional Compostela de Álbum Ilustrado 2014.

Esta adaptación dun conto tradicional da India destaca pola súa fermosa e delicada proposta plástica, a base de minuciosas escenografías con pequenas figuras elaboradas en madeira, cartón, aramio e tea. “As pescadoras” -que cuestiona a idea do relativo e do subxectivo ante determinadas convencións- formará parte da Mostra do Libro Infantil e Xuvenil, que percorrerá as bibliotecas e centros de lectura de toda a Comunidade de Madrid. Na selección das 200 obras incluídas nesta exposición itinerante participaron 16 bibliotecarias e bibliotecarios expertos en literatura infantil.


A escritora de Bueu Lucía Novas presentou o seu novo libro, “Cervatos” no marco dun faladoiro co lema “Poesía galega ao abeiro da colección Tambo”. Canda ela participaron tamén o autor de “Tempo transfigurado”, Cesáreo Sánchez Iglesias, e Isaac Xubín, que traduciu “Tempo de exilio”, de Joseba Sarrionandia (Premio Etxepare de Tradución 2015) e “Alén da fronteira, sete poetas vascos” (Premio Lois Tobío de Tradución 2012).

“Cervatos” é o undécimo título da colección Tambo, que dirixe o escritor e xornalista Luís Rei Núñez. O proxecto retomouse no selo FAKTORÍA K de KALANDRAKA con “Os ángulos da brasa”, de Manuel Álvarez Torneiro, que recibiu en 2013 o Premio Nacional de Poesía e o Premio da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega, e no 2012 o Premio Ánxel Casal e o Premio da Crítica Española. Tamén foron publicadas obras de Martín Veiga, Xavier Seoane, Antoni Marí, Bernardo Atxaga e do propio Luis Rei Núñez, entre outros

Á sinatura de exemplares incorporouse a ilustradora Belén Padrón, artífice das ilustracións que acompañan “Tempo transfigurado” e da escolma poética de “Rosalía de Castro” na colección Trece Lúas.

O stand de KALANDRAKA -convertido nun estudio radiofónico- tamén recibiu unha ampla representación de creadores que dedicaron as súas obras: os autores Olalla González e Manuel Lourenzo González, os artistas Óscar Villán, Marcos Viso e Marc Taeger, e o director do Grupo Chévere, Xesús Ron.

Olalla González e Marc Taeger

Marcos Viso

Óscar Villán e Manuel Lourenzo González

Xesús Ron, do Grupo Chévere

Polo Espazo Infantil de Culturgal tamén pasou o músico Paco Nogueiras que, tralo éxito de “Brinca vai!”, presentou o seu novo libro-disco, titulado “Radio Bulebule”. Canda el, o director dos videoclips que acompañan a obra en formato DVD, José Miguel Sagüillo, tamén asinou exemplares tralo concerto.

 

 


"Las pescadoras": Xosé Ballesteros & Nadia Menotti (Kalandraka, 2017).

Las pescadoras, de Nadia Menotti, ha sido galardonado con el Premio de la XXXIII Muestra del Libro Infantil y Juvenil de Madrid, que se concede por primera este año vez entre las 200 obras que componen el catálogo de esta exposición, cuya inauguración será el miércoles 13 de diciembre en el Centro Cultural Conde Duque, en el marco del Salón del Libro Infantil y Juvenil. El objetivo de esta distinción es “destacar tanto la labor intelectual y artística como el trabajo editorial” a la publicación que presenta “un equilibrio más armónico entre todos sus valores”.

Se trata de un premio simbólico, el Libróptero, creado por Guridi, y representa una alegoría de la capacidad que posee la lectura para hacer volar la imaginación.

El jurado, formado por la autora Margarita del Mazo, el editor Diego Moreno, la maestra Sara Moreno, el autor e ilustrador Raúl Nieto Guridi, el librero Rodrigo Rivero y el jefe de la Unidad del Libro y la Lectura de la Comunidad de Madrid, Pedro Valverde Ogallar, ha destacado la trayectoria de KALANDRAKA -que cumplirá su vigésimo aniversario en 2018- y su línea editorial “definida por la animación a la lectura y el apoyo a los creadores”.

Con libros como Las pescadoras, “mantiene su apuesta por la multiculturalidad, la educación en igualdad, la tolerancia y la estimulación de la imaginación y la curiosidad”, ha señalado la organización del certamen.

Además de este reconocimiento, la obra ilustrada por Nadia Menotti recibió la mención del jurado del VII Premio Internacional Compostela de Álbum Ilustrado 2014. Esta adaptación de un cuento tradicional de la India destaca por su hermosa y delicada propuesta plástica, a base de minuciosas escenografías con pequeñas figuras elaboradas con madera, cartón, alambre o tela.

Proceso creativo de "Las pescadoras", ilustrado por Nadia Menotti (Kalandraka, 2017)   Proceso creativo de "Las pescadoras", ilustrado por Nadia Menotti (Kalandraka, 2017)

Proceso creativo de "Las pescadoras", ilustrado por Nadia Menotti (Kalandraka, 2017)

Las pescadoras cuestiona el concepto de lo relativo y lo subjetivo de determinadas convenciones, además de plantear una reflexión sobre el trabajo, la solidaridad ante las adversidades o la capacidad creativa para abordar los problemas.

«La literatura, el arte, el diseño, la ilustración, la tipografía, la arquitectura… todas ellas puestas al servicio de la ilustración, favorecen el desarrollo de la competencia literaria, el goce estético y la sensibilidad. Se proponen despertar la fascinación por la lectura»

[Palabras de Nadia Menotti en una entrevista publicada en el Blog K]

La entrega del premio contará con la asistencia de Nadia Menotti, procedente de Buenos Aires, y del director de KALANDRAKA, Xosé Ballesteros, que también es el adaptador del texto. Las pescadoras formará parte de la Muestra del Libro Infantil y Juvenil, que recorrerá las bibliotecas y centros de lectura de toda la Comunidad de Madrid. En la selección de las 200 obras incluidas en esta exposición itinerante han participado 16 bibliotecarias y bibliotecarios expertos en literatura infantil.

 


Stand de KALANDRAKA en la FIL 2017 con el equipo de Ediciones Tecolote (México).

Con el equipo de Ediciones Tecolote

Ha comenzado la 31ª Feria Internacional del Libro (FIL) de Guadalajara (México), la cita más importante de Latinoamérica en el ámbito editorial y literario, con Madrid como invitada de honor. Hasta el 3 de diciembre, KALANDRAKA participa en la FIL con dos stands propios, además de tener una selección de sus Libros para soñar en el stand de Galicia que comparten la Asociación Galega de Editoras y la Consellería de Cultura.

El programa de actividades de la editorial incluye encuentros con editores y distribuidores, autores e ilustradores, profesionales de librerías, bibliotecas y del ámbito escolar y académico. Precisamente, en el catálogo hay una amplia representación de creadores mexicanos: los artistas Felipe Ugalde, María Julia Díaz Garrido y David Daniel Álvarez Hernández, distinguidos en el Premio Internacional Compostela de Álbum Ilustrado que convocan KALANDRAKA y el Departamento de Educación del Ayuntamiento de Santiago; los ilustradores Gabriel Pacheco y Cecilia Rébora, esta última designada embajadora de la próxima edición de la Feria Internacional del Libro Infantil y Juvenil (FILIJ) de México; el escritor Ramón Suárez Caamal, ganador del IV Premio Internacional Ciudad de Orihuela de Poesía, otro certamen impulsado por la editorial; y los autores de “Migrar”, José Manuel Mateo y Javier Martínez Pedro, por la que recibieron el Premio Nuevos Horizontes de la Feria de Bolonia y el Premio Antonio García Cubas de Antropología e Historia de México, ambos en 2012.  

En el stand de KALANDRAKA en la FIL con el autor de "Migrar", José Manuel Mateo.

Con José Manuel Mateo, autor de “Migrar”, en el stand de KALANDRAKA en la FIL

Este año también visitarán el stand de KALANDRAKA en la FIL la escritora Paula Carballeira y el ilustrador Federico Fernández, dos de los autores convidados por la Xunta y la organización de la feria. Además de firmar ejemplares de sus libros, el martes 28 participarán en un encuentro institucional con el lema “Ilustrador y escritora, vasos comunicantes: palabras que recrean ilustraciones e ilustraciones que recrean palabras”.

La FIL de Guadalajara, que finalizará el 3 de diciembre, toma el relevo de la FILIJ celebrada en Ciudad de México entre el 9 y el 19 de este mes de noviembre, donde también estuvieron presentes los libros de la editorial. El poeta Pedro Mañas, ganador del II Premio Ciudad de Orihuela, fue uno de los autores participantes, siendo España el país invitado.

El stand de KALANDRAKA en la FIL recibirá a público de todas las edades, ya que esta feria sobresale no solo por su carácter profesional, sino también por la masiva presencia de la ciudadanía, especialmente niñas y niños que acuden en visitas organizadas para centros escolares. Paralelamente, el recinto de la FIL acohe un extenso programa de encuentros con escritores procedentes de diversos países y culturas, además de una variada oferta cultural que se extiende a toda la ciudad.

 


 

Stand de Galicia na FIL 2017

Libros de KALANDRAKA no stand de Galicia na FIL

Comezou a 31ª Feira Internacional do Libro (FIL) de Guadalaxara (México), a cita máis importante de Latinoamérica no eido editorial e literario, con Madrid como invitada de honra. Ata o 3 de decembro, KALANDRAKA participa na FIL con dous stands propios, ademais de ter unha selección dos seus Libros para soñar no stand de Galicia que comparten a Asociación Galega de Editoras e a Consellería de Cultura.

O programa de actividades da editorial inclúe encontros con editores e distribuidores, autores e ilustradores, profesionais das librarías, das bibliotecas e do ámbito escolar e académico. Precisamente, no seu catálogo hai unha ampla representación de creadores mexicanos: os artistas Felipe Ugalde, María Julia Díaz Garrido e David Daniel Álvarez Hernández, que foron distinguidos no Premio Internacional Compostela de Álbum Ilustrado que convocan KALANDRAKA e o Departamento de Educación do Concello de Santiago; os ilustradores Gabriel Pacheco e Cecilia Rébora, esta última designada embaixadora da próxima edición da Feira Internacional do Libro Infantil e Xuvenil (FILIJ) de México; o escritor Ramón Suárez Caamal, gañador do IV Premio Internacional Cidade de Orihuela de Poesía, outro certame impulsado pola editorial; e os autores de “Migrar”, José Manuel Mateo e Javier Martínez Pedro, obra pola que recibiron o Premio Novos Horizontes da Feira de Boloña e o Premio Antonio García Cubas de Antropoloxía e Historia de México, ambos en 2012.

Este ano tamén visitarán o stand de KALANDRAKA na FIL a escritora Paula Carballeira e o ilustrador Federico Fernández, que son dous dos autores convidados pola Xunta e pola organización da feira. Ademais de asinar exemplares dos seus libros, o martes 28 participarán nun encontro institucional co lema “Ilustrador e escritora, vasos comunicantes: palabras que recrean ilustracións e ilustracións que recrean palabras”.

"Balea" no stand de Galicia na FIL

“Balea”, de Federico Fernández, no stand de Galicia na FIL

A FIL de Guadalaxara, que rematará o 3 de decembro, toma o relevo da FILIJ celebrada en Cidade de México entre o 9 e o 19 deste mes de novembro, onde tamén estiveron presentes os libros da editorial. O poeta Pedro Mañas, gañador do II Premio Cidade de Orihuela, foi un dos autores participantes, sendo España o país invitado.

O stand de KALANDRAKA na FIL recibirá a público de todas as idades, xa que esta feira sobresae non só polo seu carácter profesional, senón tamén pola masiva presenza da cidadanía, especialmente nenas e nenos que acuden en visitas organizadas para centros escolares. Paralelamente, o recinto da FIL acolle un extenso programa de encontros con escritores procedentes de diversos países e culturas, ademais dunha variada oferta cultural que se extende a toda a cidade.

Con Margarida Noronha, de KALANDRAKA PORTUGAL. O país veciño será o invitado na FIL 2018

Con Margarida Noronha, de KALANDRAKA PORTUGAL. O país veciño será o invitado na FIL 2018