Cada 27 de enero se celebra en todo el mundo el Día Internacional de Conmemoración en Memoria de las Víctimas del Holocausto…

27 enero, Día de las víctimas del Holocausto

[Descargar en PDF: Día de las Víctimas del Holocausto]

La historia de Erika“, de Ruth Vander Zee y Roberto Innocenti

 


 

Cada 27 de xaneiro celébrase en todo o mundo o Día Internacional de Conmemoración en Memoria das Vítimas do Holocausto…

vitimas-holocausto_xan17

Descargar en PDF: Día das Vítimas do Holocausto]

A historia de Erika“, de Ruth Vander Zee y Roberto Innocenti

Diario de Ana Frank

O neno do pixama a raias“, de John Boyne

 


V Certame de Relato Curto de FANPA Pontevedra. Cartel, Xosé Cobas.

FANPA PONTEVEDRA convocou o V Certame de Relato Curto, de ámbito provincial, dirixido a escolares de educación primaria, secundaria, bacharelato e Formación Profesional, ademais de adultos. Elixiranse 120 finalistas, incluídos os gañadores de cada categoría, cuxos relatos se publicarán nun volume editado por KALANDRAKA. Outros colaboradores deste V Certame de Relato Curto son o Concello de Pontevedra, a Deputación Provincial de Pontevedra, a Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega, Diario de Pontevedra, Mensavedra. ASM, Abanca e Gadis.

Os participantes deberán enviar os seus traballos por correo electrónico ao enderezo certame.relatocurto@nontedurmas.org incluíndo dous ficheiros:
1. Datos no que figurará o relato completo e datos do participante
2. Relato: o título, o relato, o pseudónimo, a categoría

As bases completas do concurso pódense consultar na web http://certame.nontedurmas.org

O prazo de envío dos textos finalizará o 28 de febreiro de 2017.

Os premios que recibirán os gañadores consistirán nun vale de 200€, un lote de libros de KALANDRAKA, un xogo e unha lámina autenticada por Xosé Cobas, que é o autor do cartel desta edición. Tanto os gañadores como os finalistas recibirán un exemplar do libro cos seus traballos impresos, que estarán encabezados por un relato do Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil Xabier P. Docampo. Os autores e autores dos cinco mellores textos de cada categoría poderán participar nun obradoiro de creación literaria que impartirá no mes de xuño a Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega. Os 120 textos elixidos polo xurado publicaranse no Diario de Pontevedra.


2016... Un año de Libros para Soñar

Descargar en formato PDF (en castellano)

 


 

2016... Un ano de Libros para Soñar

Descargar en formato PDF (en galego)

 


 

un any de Llibres per a somniar

Descarregar en format PDF (en català)

 


KALANDRAKA en Culturgal 2016

KALANDRAKA presenta este fin de semana en Culturgal, no Recinto Feiral de Pontevedra, unha selección das obras publicadas este ano, coas novidades que veñen de saír do prelo neste mes de decembro, e unha escolma do seu fondo editorial. Ademais, este sábado ás 18:30 horas está programada a actuación de Migallas Teatro no Espazo Infantil para interpretar cancións do libro-disco “Canta connosco!”, con motivo do 20º aniversario deste traballo musical. Ao día seguinte e á mesma hora, no Espazo Foro, o tradutor Xesús Fraga presentará a novela “Un monstro vén a verme”, acompañado polo psicólogo Enrique Casas, da xunta provincial en Pontevedra da Asociación Española contra o Cancro.

Polo stand de KALANDRAKA tamén pasarán o escritor Pepe Cáccamo que o venres ás 19:00 horas asinará exemplares de “Ganapán das palabras”, do que se cumpriron 18 anos da súa publicación. Seguiralle o autor de “A árbore da escola”, Antonio Sandoval, o sábado ás 13:00 horas. E pola tarde, a partir das 19:00 horas, María Campos e Carlos Yus do grupo Migallas, xunto co ilustrador Óscar Villán e o realizador dos videoclips de “Canta connosco!”, José Miguel Sagüillo.

"Canta connosco!" en Culturgal

"Canta connosco!" en Culturgal

“Canta connosco!” supuxo un acontecemento na música infantil en galego cando saíu ao mercado en 1996. Dúas décadas despois, KALANDRAKA vén de publicar unha edición especial conmemorativa dese traballo en formato libro-CD-DVD para que os nenos e as nenas de hoxe poidan coñecer, cantar e bailar cancións como “O libro máxico”, “O esqueleto” ou “Dime que fixeches” a ritmo de rock, reggae ou melodías tradicionais.

"Un monstro vén a verme" en Culturgal

Á parte das actividades para público infantil, os lectores xuvenís e adultos poderán achegarse á primeira novela de Patrick Ness, “Un monstro vén a verme”, a través das reflexións do tradutor da obra e dun experto en psicooncoloxía. Publicada no selo Faktoría K de Libros, trátase dunha historia emocionante e conmovedora sobre a capacidade de superación das persoas diante dunha situación dolorosa.

Avalada cos premios The Red House e National Galaxy, xunto coas medallas Carnegie e Greenaway, “Un monstro vén a verme” xa vai pola súa segunda reimpresión en galego, á par que se mantén nas pantallas a adaptación cinematográfica dirixida por Juan Antonio Bayona.

Pepe Cáccamo en Culturgal

Antonio Sandoval en Culturgal

 


María Solar, autora de "Teño uns pés perfectos"

O libro “Teño uns pés perfectos: un libro para ler cos pés descalzos”, da autora compostelá María Solar e publicado na colección Sete Leguas de KALANDRAKA, vén de ser incluído na selección The White Ravens 2016 pola Internationale Jugendbibliothek de Munich, que elixiu 200 obras de 60 países para formar parte desta prestixiosa escolma dos mellores libros infantís e xuvenís.

Con este recoñecemento, o galego é unha das 42 linguas representadas en The White Ravens 2016, cuxo comité de selección destacou que María Solar aborda nesta obra un aspecto tan “novidoso e inusual” como os pés, dando como resultado un libro “informativo e entretido”. Os especialistas da Internationale Jugendbibliothek tamén destacaron o “enxeño” das ilustracións do arxentino Gusti, que invitan os lectores a “fixarse máis” nesta parte do corpo.

“Teño uns pés perfectos” é un dos títulos destacados no stand de KALANDRAKA en Liber, a feira do libro que se celebra ata mañá en Barcelona, e tamén ocupará un espazo importante no stand da editorial na Feira Internacional do Libro de Frankfurt, do 19 ao 23 de outubro. Precisamente, será na Feira de Frankfurt onde se presente o catálogo impreso dos White Ravens, nun acto programado para o xoves día 20, ademais de permanecer exposto no espazo da Internationale Jugendbibliothek.

Concebido como un libro dentro doutro libro, “Teño uns pés perfectos” contén unha parte de creación literaria e outra informativa, diferenciadas pola cor do papel. O protagonista é un neno que se presenta a un concurso no que, inesperadamente, ten que demostrar os seus coñecementos sobre os pés, dos que non sabe nada ata que descobre un libro con información sobre os tipos de pés, a súa anatomía, a función que cumpren e moitas curiosidades sobre esa parte das extremidades inferiores que pasa tan desapercibida. A narración destaca polo ton humorístico e ameno.

Con esta nova distinción, María Solar suma outra nominación na lista The White Ravens, que xa acadara en 2015. Ademais, recibiu o Premio Lazarillo 2014 e o Premio Frei Martín Sarmiento en 2013 e 2014. A estes recoñecementos engádense os que acadou pola súa faceta como xornalista da Televisión de Galicia e da Radio Galega nos premios Mestre Mateo, sendo presentadora do programa cultural ZigZag. Ademais de xornalista, María Solar é licenciada en Bioloxía, diplomada en Maxisterio, e a súa bibliografía suma numerosos libros infantís e para público adulto.

Con este título son xa 14 libros do catálogo de KALANDRAKA incluídos na prestixiosa escolma The White Ravens que impulsa a Internationale Jugendbibliothek, unha institución fundada en 1949 por Jella Lepman para reunir literatura infantil e xuvenil de todo o mundo, analizala e achegala aos lectores como ferramenta de intercambio cultural.

………………………..

"Tengo unos pies perfectos": María Solar & Gusti (Kalandraka).

El libro “Tengo unos pies perfectos: un libro para leer con los pies descalzos”, de la autora compostelana María Solar y publicado en la colección Siete Leguas de KALANDRAKA, ha sido incluido en la selección The White Ravens 2016 por la Internationale Jugendbibliothek de Munich, que eligió 200 obras de 60 países para formar parte de esta prestigiosa lista de los mejores libros infantiles y juveniles.

El comité de la Internationale Jugendbibliothek ha destacado que María Solar aborda en esta obra un aspecto tan “novedoso e inusual” como los pies, dando como resultado un libro “informativo y entretenido”. Los especialistas de la Internationale Jugendbibliothek también han resaltado el “ingenio” de las ilustraciones del argentino Gusti, que invitan a los lectores a “fijarse más” en esta parte del cuerpo.

“Tengo unos pies perfectos” es uno de los títulos destacados en el stand de KALANDRAKA en Liber, la feria del libro que se celebra hasta mañana en Barcelona, y también ocupará un espacio importante en el stand de la editorial en la Feria Internacional del Libro de Frankfurt, del 19 al 23 de octubre. Precisamente, será en la Feria de Frankfurt donde se presente el catálogo impreso de los White Ravens, en un acto programado para el jueves día 20, además de permanecer expuesto en el espacio de la Internationale Jugendbibliothek.

Concebido como un libro dentro de otro libro, “Tengo unos pies perfectos” contiene una parte de creación literaria y otra informativa, diferenciadas incluso por el color del papel. El protagonista es un niño que se presenta a un concurso en el que, inesperadamente, tiene que demostrar sus conocimientos sobre los pies, de los que no sabe nada hasta que descubre un libro con información sobre los tipos de pies, su anatomía, la función que cumplen y muchas curiosidades sobre esa parte de las extremidades inferiores que pasa tan desapercibida. La narración destaca por el tono humorístico y ameno.

Con esta nueva distinción, María Solar suma otra nominación en la lista The White Ravens, que ya había conseguido en 2015. Además, ha recibido el Premio Lazarillo 2014 y el Premio Frei Martín Sarmiento en 2013 y 2014. A estos reconocimientos se añaden los que ha logrado en su faceta como periodista de la Televisión de Galicia y la Radio Galega en los premios Mestre Mateo, siendo presentadora del programa cultural ZigZag. Además de periodista, María Solar es licenciada en Biología, diplomada en Magisterio, y su bibliografía suma numerosos libros infantiles y para público adulto.

Con este título son ya 14 libros del catálogo de KALANDRAKA incluidos en la prestigiosa selección The White Ravens que impulsa la Internationale Jugendbibliothek, una institución fundada en 1949 por Jella Lepman para reunir literatura infantil y juvenil de todo el mundo, analizarla y acercarla a los lectores como herramienta de intercambio cultural.


"Míster Magnolia", de Quentin Blake (Kalandraka).

“A Míster Magnolia le falta una bota.
Tiene 1 trompeta que siempre está rota,
2 primas flautistas que dan bien na nota,
pero… a Míster Magnolia le falta una bota”.

En el Día Internacional de la Traducción, sea el homenaje de KALANDRAKA a quienes hacen posible que podamos leer clásicos como este 《Míster Magnolia》, del gran Quentin Blake, en todas las lenguas posibles, especialmente en las minoritarias. De Miguel Azaola es la traducción en castellano; de Xosé Ballesteros, en galego; Francesc Parcerisas lo ha traducido en català; y Eva Lizasoro, en euskara. ¡Qué fortuna y qué riqueza, esta pluralidad idiomática! Las aventuras de este atípico personaje llegarán la próxima semana a las librerías.

 


 

"Un monstro vén a verme", de Patrick Ness (trad. Xesús Fraga). Faktoría K.

《Non é máis ca un soño》, dixo Conor para si no xardín traseiro, mentres ollaba para o monstro, cuxa silueta se recortaba contra o luar no ceo da noite…

Recén saído do prelo, e a piques de chegar ás librarías a próxima semana, FAKTORÍA K presenta《Un monstro vén a verme》. Xesús Fraga traduciu ao galego esta novela de Patrick Ness, que nestes días é noticia pola estrea, o vindeiro 7 de outubro, da versión cinematográfica dirixida por J.A. Bayona. Que mellor ocasión para anunciars este lanzamento editorial, co gallo do Día Internacional da Tradución. Parabéns a todos os tradutores e tradutoras.

 

 


Tras el paréntesis veraniego, KALANDRAKA se prepara para comenzar un nuevo curso con la mochila llena de Libros para soñar

EN CASTELLANO:

Novedades: septiembre 2016

EN GALEGO:

Novidades: setembro 2016

EN CATALÀ:

Novetats: setembro 2016

EUSKARA:

Nobedadeak: iraila 2016


"Diario de Crosses Green", presentación en Noia.

A Casa da Cultura Antón Avilés de Taramancos, en Noia, acolleu a presentación do “Diario de Crosses Green”, do escritor Martín Veiga. Volta o autor á súa terra natal procedente de Cork, a cidade irlandesa onde reside e traballa como profesor universitario. En Cork empezaron a agromar estes versos; de hai xa 15 anos son as primeiras composicións. Porque a obra poética de Martín Veiga constrúese lentamente, dende o sosego, a observación e a reflexión de vagar, en conexión sensorial e espiritual coa natureza.

“Unha garza fita as augas pousada nas ponlas

do salgueiro, estantía coma un penedo branco”

Garzas, lavandeiras, merlos… a presenza das aves é constante no “Diario de Crosses Green”, tal e como destacou a poeta e xornalista Ana Romaní, directora do programa Diario Cultural da Radio Galega. Definiuno como unha “cartografía emocional que nos convoca, un mapa dos lugares da emoción”. Citando a profesora e crítica literaria Chus Nogueira, trataríase dunha “poética do territorio”, unha poética “sobre a literatura e sobre o poema”.

"Diario de Crosses Green", presentación en Noia: Ana Romaní

Martín Veiga fainos partícipes do seu “diálogo literario” con Avilés de Taramancos, Cunqueiro, Novoneyra, Manuel Antonio, María Mariño e outras voces literarias que evoca nestes versos; os lectores asistimos ás súas reflexións sobre a literatura e a poesía.

“Poesía nun sentido moi profundo” é o que, segundo o profesor e escritor David Pérez, practica Martín Veiga, que entende a poesía como “algo profundamente vital, unha actitude ante a vida”. Os seus poemas son comparables con “haikus sen a forma do haiku” pola súa capacidade para “deter o tempo”.

"Diario de Crosses Green", presentación en Noia: David Pérez.

"Diario de Crosses Green", presentación en Noia.

A presentación completouse cun recital do autor, que acompañou a lectura dos seus poemas cunha proxección de fotografías históricas de Cork, pertencentes á colección de Michael O’Leary e ao Cork Camera Club.

"Diario de Crosses Green", presentación en Noia.

Esta obra de Martín Veiga súmase ao ronsel literario da colección Tambo, que dirixe o escritor Luís Rei Núñez e da que forman parte “Os ángulos da brasa” (Premio Ánxel Casal de Poesía 2012, Premio da Crítica Española 2012, Premio de Poesía da Asociación de Escritores en Lingua Galega 2012 e Premio Nacional de Poesía 2013), “Onde nunca e mañá” e “Rigorosamente humano”, os tres de Manuel Álvarez Torneiro; “Alén da fronteira” (Premio Lois Tobío de Tradución 2012), que recompila a obra de sete poetas vascos; “Tríptico”, de Antoni Marí; “Espiral de sombras”, de Xavier Seoane; “Estrela do norte”, de Luís Rei Núñez; e “Tempo de exilio”, de Joseba Sarrionandia (Premio Etxepare 2015 de Tradución).

"Diario de Crosses Green", presentación en Noia.

“Diario de Crosses Green” tamén se presentará este martes 12 de xullo, ás 20:00 horas, na libraría Couceiro de Santiago, coa participación de Chus Nogueira.

"Diario de Crosses Green", presentación en Noia.

Presentación de "Diario de Crosses Green" na Libraría Couceiro de Santiago.