“A Vitamina N é a que nos fortalece cada vez que estamos suficiente tempo en contacto coa natureza”

A Torre”, de Antonio Sandoval, é unha nova aproximación á Torre de Hércules e á súa contorna dende unha visión polisémica do monumento e do territorio circundante. A partir dun paseo, o autor foi recollendo descricións da natureza, sensacións, relatos históricos e míticos, reflexións de actualidade e ideas sobre como cambiar o xeito no que a especie humana se relaciona coa biodiversidade.

Antonio Sandoval debullará as súas propostas na presentación da obra, este xoves ás 19:30 horas na libraría Moito Conto (San Andrés, 35) da Coruña. Canda el participarán a directora da Torre de Hércules, Ana Santorum, e o director de KALANDRAKA, Xosé Ballesteros, que introducirá “A Torre” no marco da nova colección Vitamina N de lecturas sobre a natureza.

En “A Torre”, o protagonismo do mar, xunto coa importancia da flora e da fauna nun espazo xeográfico senlleiro, complétanse con narracións sobre feitos históricos que tiveron alí o seu escenario. O autor tamén analiza cuestións de actualidade arredor do mundo dixital, do impacto das redes sociais ou da crise de valores. Relatos que teñen o monumento da Torre de Hércules -Patrimonio da Humanidade dende 2009- como fío condutor, na súa condición de faro, referente arquitectónico da antigüidade e icona social contemporánea.

LECTURAS AO NATURAL

“Somos natureza, criaturas naturais”, sostén Antonio Sandoval, coordinador de Vitamina N, de aí a urxencia de restaurar e reconstruír os equilibrios ecolóxicos que hoxe en día están rotos ou en serio perigo de conservación. Estas “Lecturas ao Natural” -lema da colección- pretenden celebrar o mundo natural e invitar á reflexión sobre a necesaria protección da biodiversidade, coa literatura como plataforma para impulsar os oportunos cambios de actitude.

Partindo do concepto de “Transtorno por déficit de natureza”, desenvolvido polo escritor Ricard Louv para explicar as doenzas físicas, sensoriais, emocionais e culturais motivadas polo desapego do medio natural, Vitamina N aspira a combater esas alteracións motivando as lectoras e os lectores a recobrar o contacto coa biodiversidade, a comprendela, admirala e respectala dun modo consciente, san e construtivo, activando “un compromiso persoal e social cada vez maior coa súa conservación e recuperación”, explica Sandoval.

“Motivar a través da literatura a persoas de todas as idades para recobrar e manter un contacto consciente, san e construtivo coa biodiversidade”

Despois de “A Torre”, a colección continuará con “Corredoira”, de Robert Macfarlane. Xesús Fraga realizou a tradución ao galego de ambos títulos, que contan coa proposta gráfica do ilustrador Adrià Fruitós. Son libros impresos en papel procedente de bosques e plantacións xestionados con estándares que garanten a explotación sostible dos recursos. As Lecturas ao Natural de Vitamina N cumpren así cos requisitos ambientais e sociais recollidos no proxecto «Libros amigos dos bosques».

Antonio Sandoval é escritor, comunicador ambiental e ornitólogo. Entre os seus libros figuran “¿Para qué sirven las aves?”, “Las aves marinas de Estaca de Bares. Un diario personal”, “BirdFlyway. Un viaje en familia por la Ruta de las Aves” ou “A árbore da escola”. Colabora con diversos medios de comunicación e revistas científicas. Ten participado en proxectos de comunicación e educación ambiental, interpretación do patrimonio e turismo de natureza. Está vencellado a organizacións de estudo e conservación do medio natural, e forma parte do Instituto Xosé Cornide de Estudios Coruñeses.


“CÁNDIDO Y LOS DEMÁS”, DE FRAN PINTADERA Y CHRISTIAN INARAJA, GANA EL XI PREMIO INTERNACIONAL COMPOSTELA DE ÁLBUM ILUSTRADO

La obra presentada con el lema “Cándido y los demás”, escrita por Fran Pintadera e ilustrada por Christian Inaraja, ha sido la ganadora -por unanimidad- del XI Premio Internacional Compostela de Álbum Ilustrado, organizado por el Departamento de Educación y Ciudadanía del Ayuntamiento de Santiago y por KALANDRAKA. Sus creadores recibirán 9000 euros como adelanto por los derechos de autor y el proyecto galardonado se publicará este próximo mes de noviembre en las cinco lenguas peninsulares.

El jurado ha destacado la “variedad y calidad” de los trabajos presentados al certamen, procedentes de 18 países, entre los que figuran Italia, México, Brasil, Grecia, Gran Bretaña, Portugal, Rusia, Argentina, Alemania o Canadá.

Sobre “Cándido y los demás” ha señalado que se “valora el tratamiento de la diferencia y la diversidad, la mirada de uno mismo hacia los demás, y de los demás hacia uno mismo”. También ha resaltado la “contemporaneidad del lenguaje y la universalidad temática, su estilo directo, coherente, circular y su riqueza gráfica, cercana al diseño actual”.

Licenciado en Psicopedagogía, diplomado en Educación Social y técnico superior en Integración Social, Fran Pintadera (Las Palmas, 1982) es narrador oral, director de teatro social y escritor de literatura infantil. Ha participado en los principales festivales de narración a nivel peninsular. Su obra, publicada por varias editoriales, ha sido seleccionada por la Fundación Cuatrogatos, la Fundación Germán Sánchez Ruipérez. En 2017 ha recibido el XIV Premio de Poesía Infantil La Luna de Aire.

Christian Inaraja (Vic, 1972) se dedica a la ilustración editorial  -con más de un centenar de libros publicados- y el cartelismo, además de colaborar como dibujante con varios medios especializados en público infantil y juvenil. Ha participado en exposiciones tanto en España como en otros países. Es codirector del Festival Europeo de Cortometrajes de Reus, coordinador del departamento de ilustración en la Escuela de Arte ILLA de Sabadell,  y ha estado vinculado a las directivas de la Asociación Profesional de Ilustradores de Cataluña y del Consejo Catalán para el Libro Infantil y Juvenil.

El jurado del XI Premio Internacional Compostela de Álbum Ilustrado ha estado formado por la ilustradora italiana Arianna Papini, el ilustrador y editor Miguel Ángel Fernández-Pacheco, el ilustrador Xosé Cobas, el concejal de Educación y Ciudadanía del Ayuntamiento de Santiago, Manuel Dios Diz, Manuela Rodríguez en representación de KALANDRAKA, y María Dolores Casás como secretaria.

FINALISTA Y MENCIONES

 

Además de elegir la obra ganadora del certamen tras una larga deliberación, el jurado ha declarado finalista el trabajo presentado con el lema “La ensartadora de lágrimas”, de las italianas Anna Pedron y Franca Perini. Se trata de “un poema breve que habla de la vida y la capacidad para transformar el dolor en fuerza positiva”, presentado con unas imágenes “muy sugerentes y elaboradas”.

Los integrantes del jurado también han acordado conceder sendas menciones especiales a las obras presentadas con los lemas “Ninguén coma min (autobiografía dun tirano)”, de José Ignacio Chao Castro (A Coruña) y Eva Sánchez Gómez (Barcelona), y “A cidade conta histórias”, de Susana Maria Seixas Alves Matos (Lisboa).

El jurado ha tenido un recuerdo especial hacia la figura y el legado literario del escritor Xabier P. DoCampo, ante su reciente pérdida, al recordar con “reconocimiento y gratitud” su estrecha colaboración con la organización del Premio Internacional Compostela de Álbum Ilustrado, siendo miembro del jurado en la primera y en la décima edición.

La convocatoria del Premio Internacional Compostela de Álbum Ilustrado forma parte de la Campaña Municipal de Animación a la Lectura que promueven el Departamento de Educación y Ciudadanía del Ayuntamiento de Santiago y KALANDRAKA desde hace 18 años. Con esta iniciativa se pretende acercar la lectura, la ilustración y la escritura al público infantil, además de desarrollar su sensibilidad artística.

A lo largo de las diez ediciones precedentes la cantidad de obras presentadas al Premio Internacional Compostela supera los 3.000 trabajos. “Cerca”, de Natalia Colombo; “Un gran sueño”, de Felipe Ugalde; “La familia C”, de Pep Bruno y Mariona Cabassa; “El camino de Olaj”, de Martín León Barreto; “Bandada”, de David Álvarez y Julia Díaz; “Mamá”, de Mariana Ruiz Johnson; “Ícaro”, de Federico Delicado; “Después de la lluvia”, de Miguel Cerro; “Una última carta”, de Antonis Papatheodoulou e Iris Samartzi; y “La huerta de Simón”, de Rocío Alejandro, son los títulos que forman parte de la historia del certamen.

Seguir leyendo


“Siga vivindo o libro galego”, proclamou Xabier P. DoCampo, con voz feble pero firme, hai un mes ao recoller o premio ao mellor autor de narrativa na gala organizada por editoras, escritores/as e librarías. Tamén as súas palabras han seguir vivas e perennes, tanto as que ceibou ao vento levando a súa liberdade por bandeira, como as que deixou negro sobre branco en tantos artigos, entrevistas e, sobre todo, na súa premiada obra literaria, coherente e honesta, auténtica semente de compromiso coa lingua e coa cultura de Galiza.

Do seu fondo coñecemento dos clásicos da LIX, do seu atinado criterio lector, da súa experiencia como mestre nos nutrimos cando lle confiamos participar no xurado da primeira e da décima edición do Premio Compostela de Álbum Ilustrado. No tinteiro da memoria quedan irremediablemente proxectos e arelas que non remataron de tomar forma. E fica un doce pouso de agradecemento infinito polo tempo compartido e polo moito que nos ensinou: conversas, presentacións…

Chora Frederick, brúa Ferdinando…

 

“Anda o Viaxeiro para volver,

pois os camiños son sempre regresos.

Nas pasadas que nos achegan á orixe,

ollar atrás semella avanzar.

Mais sabe o Viaxeiro que só se avanza

se miramos con coraxe cara a dentro,

para encontrarmos os vieiros que nos levan

polos montes e chairas de nós mesmos”.

[O libro das viaxes imaxinarias]

 

…Boa Viaxe, Xabier! Ata sempre…


Máis dunha ducia de autoras e autores dos ‘Libros para soñar’ que KALANDRAKA ten publicado ao longo dos seus 20 anos de traxectoria déronse cita na derradeira xornada da ‘Festa dos Libros’ de Pontevedra: Manuel Lourenzo González, María Xosé Fernández, Pepe Cáccamo, Óscar Villán, Olalla González, Marc Taeger, Pilar Martínez, Chema Heras, Ramón Trigo, Manuela Rodríguez, Xosé Ballesteros, Federico Fernández, Oli, Alicia Súarez, Belén Padrón e Kiko da Silva sumáronse a este acto aberto ao público no marco do aniversario da editorial, no que Bea Campos e Manuel Pombal conduciron unha sesión de contacontos e música.

 

 

 

Tamén acompañamos a Marga Tojo na presentación de “Cara de velocidade“, a obra coa que gañou o X Premio Cidade de Orihuela de Poesía para Nenas e Nenos. Canda ela, outras voces recitaron os versos que falan dunha nena moi especial que dá pasos de xigante nunha gran cidade: Navia e María Varela, nai e xornalista do Diario de Pontevedra, a poeta Lucía Novas, Lía e Pablo no papel de superheroe, e Nenuca da libraría Seijas .

 

 

 

 

 

 


KALANDRAKA estará presente na Semana do Libro de Compostela (SELIC) dando a coñecer algunhas  das súas publicacións máis recentes, como “Cara de velocidade”, de Marga Tojo, que participará nun encontro co público este sábado 2 ás 13:30 horas na carpa instalada na Praza da Quintana. Tamén contará co músico Paco Nogueiras, que ofrecerá un mini-concerto co repertorio do seu novo libro-disco “Radio Bulebule” o luns día 4 ás 18:30 horas. Ademais, o sábado 9 ás 13:30 horas contará cunha representación do elenco do Grupo  Chévere para debullar as claves da Biblioteca de Teatro, cuxo primeiro título, “Río Bravo”, vén de recibir o Premio da Gala do Libro Galego 2018 ao mellor libro neste xénero.

 

Para a presentación deste sábado, a escritora e xornalista compostelá Marga Tojo recitará unha selección de textos da obra coa que gañou o X Premio Internacional Cidade de Orihuela de Poesía para Nenas e Nenos. Tras recoller o galardón na vila natal do poeta Miguel Hernández no pasado mes de marzo e visitar posteriormente o Espacio Kalandraka de Madrid, Santiago será a súa primera cita literaria en Galicia coa edición do poemario na nosa lingua. A protagonista de “Cara de velocidade” é unha nena que -malia á adversidade- afronta a vida cotiá con humor, fortaleza e imaxinación.

No seu pulso pola liberdade, a pequena «H» é unha superheroína con superpoderes que dá “pasos de xigante” e ten a capacidad de converter a hora de comer nun xogo disparatado ou nunha festa con improvisados instrumentos musicais; ou facer que un incidente doméstico sexa a excusa para fantasear con fascinantes peripecias. As súas andanzas transcorren nunha cidade hostil coa infancia, tratando de atopar maxia no caos urbano e actuando á marxe das directrices que marcan os adultos.

Marga Tojo elabora divertidas metáforas baixo o punto de vista infantil e apóiase nunha lírica musical que bebe de voces contemporáneas como Patti Smith, The Rolling Stones, Nina Simone ou Fran Pérez Narf. Afincada en Madrid, a autora traballou tanto en prensa digital -Eldiario.es, Praza.gal e Galizaanocero.tv- como impresa -Galicia Hoxe, Revista Luzes, El Correo Gallego e Revista do Audiovisual Galego-. Foi co-fundadora do proxecto xornalístico Dioivo, ademais de ter participado no Festival Cineuropa, e formar parte do consello editorial de Altermundo.

As próximas actividades abranguen tanto o público infantil e familiar como os lectores adultos. Os primeiros poderán gozar da música e das cancións de Paco Nogueiras, que está percorrendo Galicia cos espectáculos de RADIO BULEBULE. O seu novo libro-disco, que volve contar co ilustrador David Pintor e co realizador audiovisual José Miguel Sagüillo, xira arredor do medio radiofónico. Os temas configuran a  programación dunha emisora, dende a sintonía de entrada ata a axenda cultural ou o magazine de variedades, pasando polo faladoiro, as noticias, a información deportiva e a previsión meteorolóxica, entre outros contidos.

Por último, Xesús Ron e outros integrantes do Grupo Chévere presentarán os primeiros tres volumes da colección Biblioteca de Teatro: “Río Bravo”, “Annus Horríbilis e outros musicais” e “Eroski Paraíso”. Esta iniciativa conxunta da compañía compostelá, con 30 anos de traxectoria sobre os escenarios, e de KALANDRAKA, que vén de cumprir dúas décadas de produción editorial, pretende documentar o teatro “feito a pé de escenario” e poñer a disposición do público as súas obras completas para seguir gozando delas cando se pecha o pano.

O stand da libraría El Faro de los Tres Mundos na SELIC acollerá a Marga Tojo, Paco Nogueiras e o Grupo Chévere ao remate de cada presentación para que os autores asinen exemplares das súas obras.


A III Gala do Libro Galego reuniu en Compostela o persoal das empresas editoras, das librarías, as escritoras e os escritores, convocados polos seus respectivos gremios, xunto con representantes doutros ámbitos do sector cultural, para premiar as mellores obras publicadas no último ano. O xurado designou “Pippi Mediaslongas” como a mellor tradución, pola frescura e a fluidez deste clásico universal de Astrid Lindgren na nosa lingua, e “Río Bravo” como o mellor libro de teatro, por darlle corpo impreso -nunha coidada edición- a unha obra pioneira que revolucionou o panorama dramático galego. O tradutor David A. Álvarez e Xesús Ron, do Grupo Chévere, recolleron estes galardóns.

David A. Álvarez, tradutor de “Pippi Mediaslongas”

Xesús Ron, do Grupo Chévere

Entre os títulos finalistas nesta Gala do Libro Galego tamén estiveron presentes “A horta de Simón“, de Rocío Alejandro, e “Cervatos“, de Lucía Novas, nas categoría de Libro Ilustrado e de Poesía, respectivamente.

Malia o descenso no número de títulos publicados, a merma na visibilidade da literatura galega e a perda de dereitos por parte dos galegofalantes, o xurado destacou “a gran calidade e o esforzo” dos axentes que interveñen na creación e produción bibliográfica.

Entre os momentos máis emocionantes da Gala, a prolongada ovación a Xabier P. Docampo, autor de “A nena do abrigo de astracán”, que recibiu o premio de Narrativa; e o apoio -co público en pé- ao programa Diario Cultural da Radio Galega na figura da súa directora durante 28 anos, Ana Romaní, que obtivo o premio de Xornalismo Cultural.

Fran Alonso recolleu o premio a Proxecto Literario na Rede en nome de Ramón Nicolás, promotor d’O caderno da crítica

Ana Romaní, premio de Xornalismo Cultural

A Gala do Libro Galego é unha celebración conxunta da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega, a Asociación Galega de Editoras e a Federación de Librarías de Galicia. Cada unha das tres entidades entregou os seus premios honoríficos: a AELG recoñeceu a traxectoria literaria de Isabel-Clara Simó nomeándoa Escritora Galega Universal 2018 pola súa defensa da lingua, da cultura, e da dignidade nacional dos Països Catalans. A AGE recoñeceu a prolongada e constante aposta a prol do libro galego de Xavier Senín, subdirector do Libro e de Promoción Cultural da Xunta entre 1987 e 2005. Polo seu compromiso co libro galego e coa lectura, Xurxo Patiño, da libraría viguesa Librouro, recibiu a homenaxe da FLG. A presidenta desta entidade, Pilar Rodríguez, reivindicou -en nome das tres organizacións- máis apoio institucional para a lingua galega, o libro e a lectura, recuperando a Subdirección do Libro e a aplicación da Lei do Libro e da Lectura de Galicia.

 

Isabel-Clara Simó

Xavier Senín

Xurxo Patiño

Pilar Rodríguez, intervindo en representación das tres entidades organizadoras


A CAMPAÑA MUNICIPAL DE ANIMACIÓN Á LECTURA CUMPRE 18 ANOS FOMENTANDO A LITERATURA E AS ARTES PARA O PÚBLICO ESCOLAR E FAMILIAR 

O Departamento de Educación e Cidadanía e Kalandraka convocan o XI Premio Internacional Compostela para Álbums Ilustrados 

A XVIII Campaña Municipal de Animación á Lectura do Concello de Santiago, organizada polo Departamento de Educación e Cidadanía e por KALANDRAKA, comeza hoxe coa presentación ao profesorado do programa no que van participar milleiros de escolares entre o 3 de abril e o 5 de maio: sesións de contacontos para Educación Infantil e 1º e 2º ciclo de Primaria, con visitas guiadas á exposición de ilustracións e instalacións artísticas; obradoiros de ilustración e de escrita creativa para 2º e 3º ciclo de Primaria; actividades na rede de Escolas Infantís Municipais de Conxo, As Fontiñas, Polígono do Tambre, Salgueiriños, San Roque e Trasparlamento; sesións de contos para bebés, e contos e música para as familias.

Durante este tempo, a Galería Sargadelos será un pequeno museo onde se poderá admirar o traballo de estampación de Rocío Alejandro para “A horta de Simón”, título do álbum ilustrado co que gañou o X Premio Internacional Compostela e do que toma o seu lema esta XVIII Campaña. Canda esta obra, o público tamén poderá coñecer outras mostras da diversidade de estilos e técnicas artísticas: o acrílico no caso das imaxes do libro “Animais de compañía”, de Óscar Villán; o collage para elaborar as ilustracións de “Quen falta?”, de Arianna Papini; a acuarela, presente nas páxinas de “Un máis”, ilustrado por Marc Taeger, que plasmou nun mural o bosque no que se ambienta esta historia; ou a videocreación, a través da curtametraxe dirixida por José Miguel Sagüillo para o libro-disco “Radio Bulebule”.

Como cada ano, a Campaña de Animación á Lectura ábrese á participación das familias: haberá dúas sesións especiais de contacontos para bebés de 0 a 3 anos o sábado 21 de abril ás 11:30 e ás 12:30 horas, con asistencia previa inscrición no Departamento de Educación do Concello.

O peche da Campaña “A horta de Simón” tamén será unha celebración aberta ao público, o sábado 5 de maio ás 12:00 horas, na que non faltarán os contos, amenizados coa colaboración do alumnado da Escola Municipal de Música.

XI PREMIO COMPOSTELA

No marco da XVIII Campaña Municipal de Animación á Lectura, o Departamento de Educación e Cidadanía e KALANDRAKA veñen de convocar o XI Premio Internacional Compostela para Álbums Ilustrados, cuxo prazo de envío de traballos rematará o 14 de maio. Está aberto á participación de autores e ilustradores de todo o mundo que presenten obras orixinais e inéditas escritas en calquera lingua oficial da Península. O fallo do xurado coñecerase na última quincena de xuño e o premio consistirá na publicación do traballo distinguido nas cinco linguas peninsulares, ademais de 9.000 euros como adianto polos dereitos de autor.

Ao longo das dez edicións precedentes a cantidade de traballos presentados supera os 3.000 proxectos, procedentes de numerosos países. “Cerca”, “Un gran soño”, “A familia C”, “A viaxe de Olaf”, “Bandada”, “Mamá”, “Ícaro”, “Despois da chuvia”, “Unha última carta” e “A horta de Simón” foron as obras premiadas polo xurado, do que teñen formado parte figuras tan destacadas da Literatura Infantil e Xuvenil como os premios nacionais Xabier Docampo, Fina Casalderrey, Miguel Calatayud e Emilio Urberuaga, editoras como Esther Tusquets e Felicidad Orquín, ou artistas como Roberto Innocenti, entre outros.

A Campaña Municipal de Animación á Lectura do Concello de Santiago persegue achegar a lectura, a ilustración e a escritura aos nenos e nenas, nun marco agradable e motivador que favoreza a escoita, ademais de poñer en valor as creacións plásticas, literarias e musicais, favorecendo que o público infantil desenvolva unha conciencia crítica e selectiva das súas lecturas. Tampouco se descoida a importancia da tradición oral como vehículo de transmisión do patrimonio cultural inmaterial galego.


KALANDRAKA cumpre 20 anos sendo a editorial galega       con maior proxección internacional

Recén rematada a súa participación na Feira Internacional de Boloña, celebra o Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil en vésperas de inaugurar en Compostela a XVIII Campaña de Animación á Lectura

 

KALANDRAKA celebrará o seu 20º aniversario este 2 de abril, Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil, posicionada no ranking das cen primeiras empresas do sector editorial a nivel estatal (posto 82), sendo a primeira galega en volume de facturación, segundo os xornais especializados.

Con máis dun milleiro de títulos vivos nos seus catálogos en galego, castelán, catalán, éuscaro, portugués, inglés e italiano, o selo pontevedrés acadou recentemente que o seu long-seller “A que sabe a lúa?”, de Michael Grejniec, se situase entre as 10 obras máis vendidas na plataforma todostuslibros.com, da Confederación Española de Gremios y Asociaciones de Libreros.

Recén concluída a súa participación na 55ª Feira Internacional do Libro Infantil e Xuvenil de Boloña, cun stand propio que foi visitado  por centos de persoas e profesionais do sector do libro -axencias, bibliotecas, editoriais, librarías, autores, ilustradores, docentes e público de numerosos países-, KALANDRAKA pon en marcha a XVIII Campaña Municipal de Animación á Lectura do Concello de Santiago, que se prolongará durante todo o mes de abril na Galería Sargadelos. Precisamente, co Departamento de Educación e Cidadanía vén de convocarse a 11ª edición do Premio Internacional Compostela de Álbum Ilustrado.

NOVIDADES

Entre as novidades que KALANDRAKA presenta neste mes destaca -para primeiros lectores- a recuperación en galego dun clásico do autor británico David McKee, “Elmer”, no 30º aniversario da creación deste icónico personaxe, símbolo de tolerancia e diversidade. Para lectores autónomos chegará ás librarías a obra galardoada na última convocatoria do Premio Internacional Cidade de Orihuela de Poesía para Nenas e Nenos, “Cara de velocidade”, da autora compostelá Marga Tojo.

Dúas décadas despois de que o mercado galego recibira a primeira fornada de ‘Libros para soñar’, o equipo de KALANDRAKA -espallado por Galicia, Madrid, Cataluña, Andalucía, Portugal, México e Italia- segue comprometido na súa tarefa fundamental de crear libros de calidade que seduzan, emocionen, divirtan e perduren no tempo. Galardoada en 2012 co Premio Nacional ao Mellor Labor Editorial Cultural, a editora mantén a súa aposta pola normalización do galego e pola animación á lectura como piares complementarios daquel proxecto que botou a andar -dende Pontevedra para o mundo- un 2 de abril de 1998.

 

. . . . . . . . . .

KALANDRAKA cumple 20 años consolidando su proyección internacional

 

KALANDRAKA celebrará su 20º aniversario este 2 de abril, Día Internacional del Libro Infantil y Juvenil, posicionada en el ranking de las cien primeras empresas del sector editorial a nivel estatal (puesto 82), siendo la primera editorial gallega en volumen de facturación, según la prensa especializada.

Con más de un millar de títulos vivos en sus catálogos en castellano, gallego, catalán, euskera, portugués, inglés e italiano, ha logrado recientemente que su long-seller “¿A qué sabe la luna?”, de Michael Grejniec, se situase entre las 10 obras más vendidas en la plataforma todostuslibros.com, de la Confederación Española de Gremios y Asociaciones de Libreros.

Recién concluida su participación en la 55ª Feria Internacional del Libro Infantil y Juvenil de Bolonia, con un stand propio que ha sido visitado por cientos de profesionales del sector del libro -agencias, bibliotecas, editoriales, librerías, autores, ilustradores, docentes- y público en general de numerosos países, KALANDRAKA pone en marcha la XVIII Campaña Municipal de Animación a la Lectura del Ayuntamiento de Santiago, que se prolongará durante todo el mes de abril en la Galería Sargadelos. Precisamente, con el Departamento de Educación y Ciudadanía se ha convocado la 11ª edición del Premio Internacional Compostela de Álbum Ilustrado.

NOVEDADES

Entre las novedades que presenta este mes destaca -para lectores juveniles y adultos- la recuperación de “El río que se secaba los jueves”, de Víctor González y Pablo Amargo. También para lectores autónomos llegará a las librerías el poemario galardonado en la última convocatoria del Premio Internacional Ciudad de Orihuela, “Cara de velocidad”, de Marga Tojo, ilustrado por María Hergueta. El certamen de Poesía para Niñas y Niños organizado en colaboración con la Concejalía de Educación, que también alcanza su 11ª edición, ya ha abierto el plazo para la recepción de textos.

Dos décadas después de que llegase al mercado la primera hornada de ‘Libros para soñar’, el equipo de KALANDRAKA -repartido entre Galicia, Madrid, Cataluña, Andalucía, Portugal, México e Italia- sigue comprometido en su tarea fundamental de crear libros de calidad que seduzcan, emocionen, diviertan y perduren en el tiempo. Galardonada en 2012 con el Premio Nacional a la Mejor Labor Editorial Cultural, mantiene su apuesta por la animación a la lectura como pilar complementario de aquel proyecto que echó a andar -desde Pontevedra para el mundo- un 2 de abril de 1998.

 


[Descargar en formato PDF: 8M, Día de la Mujer]

. . . . . . . . . .

[Descargar en formato PDF: 8M, Día da Muller]