Marta Azcona

Oviedo

Licenciada en Filoloxía Inglesa pola Universidade de Oviedo. Trasladouse a Madrid, onde empezou a colaborar en radio e televisión. Foi reporteira, redactora e guionista de distintos programas e magacines. Dende hai anos adícase exclusivamente a escribir guións para series de ficción; tamén escribe libros para adultos. “Un agasallo diferente” foi a súa primeira obra para público infantil.