Daniela Kulot

Schongau, 1966

En 1988 iniciou os seus estudos de educación artística na Universidade de Augsburg, aos que seguiron cursos de deseño gráfico e ilustración. En 1993 empezou a traballar como pintora, ilustradora e deseñadora freelance. Completou a súa formación na Escola de Belas Artes de Munich. Foi visitando feiras internacionais de literatura infantil como a de Boloña, cando a editorial alemá Thienemann lle deu a primeira oportunidade de publicar. En 1999 comezou a impartir clases de debuxo na Escola Profesional de Augsburg. A súa obra expúxose na Bienal Internacional de Bratislava (1997), no Museo de Günzburg (2001) e na Feira de Arte de Nagama en Xapón (2002), entre outras cidades.

http://daniela-kulot.de

Altres llibres del mateix autor en castellà