Toño Núñez

Navia de Suarna, Lugo, 1959

Estudou Maxisterio e exerceu como mestre de Educación Infantil durante máis de dúas décadas. Actualmente traballa no Instituto de Educación Secundaria de Palas de Rei, onde imparte clases de lingua e literatura galega. Recibiu o segundo premio Ánxel Fole de narrativa. Tamén é autor de libros infantís, artigos de opinión, poemas, relatos e traballos didácticos que publica habitualmente en xornais galegos, libros colectivos e revistas especializadas.