Fran Nuño

Bilbao, 1973

Escritor, dinamizador cultural e propietario dunha libraría-editorial en Sevilla, cidade na que reside. Organiza actividades culturais en escolas, bibliotecas e salas de teatro. Colaborou durante anos en Radio Sevilla recomendando libros para nenos e adultos. Tamén foi asesor de literatura infantil-xuvenil en Ediciones Toro Mítico (Almuzara). Publicou varios libros de literatura infantil-xuvenil, de animación á lectura e de poemas. Ten recibido distincións tanto como escritor, como polo seu labor a prol da lectura. Obtivo unha mención especial do xurado do Premio Internacional 'Ciudad de Orihuela' de Poesía para Nenos pola obra "La hora de los relojes".

www.frannuno.es

Altres llibres del mateix autor en castellà