Rafael Ordóñez

Aguilar de Campos, Valladolid, 1964

Estudou Maxisterio e completou a súa formación en obradoiros de narración oral escénica. É un dos fundadores, en 1995, do grupo Cháchara Cuentacuentos. Tamén pertence á Asociación Madrileña de Narración Oral, MANO. Recibiu o Premio Jaén de LIX (2001). É autor de varios libros para público infantil publicados en editoriais como Alfaguara, Beascoa e La Galera.