Joxan Ormazabal

Tolosa, Guipúzcoa, 1948; , 2010

Escritor e tradutor. Estudou Maxisterio e foi profesor durante dez anos, época na que empezou a escribir contos para nenos, nos que destacan as súas pinceladas de humor e fantasía. Posteriormente incorporouse ao equipo da editorial Elkar, de Donostia. Publicou máis dunha vintena de libros infantís en éuscaro, que tiveron moita difusión en Euskadi.