Pablo Otero

Ourense, 1970

Iniciou a súa traxectoria na Facultade de Belas Artes de Pontevedra. Artista visual e ilustrador, expón os seus debuxos, pinturas e esculturas en galerías de toda Galicia. Ten sido artista invitado na École Internationale de Genève, nas escolas públicas de São João da Madeira en Portugal ou na Laboral de Gijón. Con máis dunha vintena de libros publicados, recibiu os premios María Casares e FETEN de Escenografía 1999, unha mención no Premio Llibreter 2000 por "Mateo" e o Premio Isaac Díaz Pardo de Ilustración 2011 por "Contos por teléfono", ambos de KALANDRAKA. Colabora con estudios de arquitectura elaborando propostas para obra pública e privada. [Fotografía: Mark Ritchie]

https://www.instagram.com/pablo_otero_rodriguez

Altres llibres del mateix autor en castellà