Kvêta Pacovska

Praga, 1928

Graduouse na Escola de Artes Aplicadas de Praga, onde foi alumna do profesor Emil Filla, un dos baluartes do modernismo checo. Empezou a ilustrar contos nos anos 50, cando os seus fillos eran pequenos, "pola ledicia de crear algo con eles", ten explicado a propia autora, que tamén opina que o álbum ilustrado é "o primeiro museo que un neno descobre". Seguiu ilustrando libros para outros autores e en 1990 empezou a producir obras de seu. Traballou como profesora en Berlín. En 1992 foi galardoada co Premio Hans Christian Andersen polo conxunto da súa obra gráfica. É autora de máis de 60 libros.

Altres llibres del mateix autor en castellà