Fernando Pessoa

Lisboa, 1888; Lisboa, 1935

Naceu e morreu en Lisboa, aínda que viviu en Durban, Sudáfrica, entre 1896 e 1905, onde recibiu parte da súa formación escolar e cultural en inglés. Xa en Lisboa, e tras un breve paso pola Facultade de Letras -que abandonou- traballou en varias oficinas como comercial. En 1915, con Mário de Sá-Carneiro, Almada Negreiros e outros poetas e artistas plásticos, cos que formou o grupo "Orpheu", lanzou a revista homónima, marco do Modernismo portugués. No seu segundo número publicó "Chuva Oblíqua". Nunha carta a Adolfo Casais Monteiro, Pessoa atribúe a esa obra a emerxencia de Alberto Caeiro (1889-1915), o seu primeiro heterónimo e predecesor dos demais: Ricardo Reis (1887) e Álvaro de Campos (1890). Á marxe do aspecto literario, o lado humano dos heterónimos chamou moito a atención. Concebidos como individualidades distintas da do autor, creoulles unha biografía, atribuiulles un rostro, aficións, xestos e mesmo horóscopo propios; en suma, construiulles "idades e vidas".

Altres llibres del mateix autor en castellà