Esther Tusquets

Barcelona, 1936; Barcelona, 2012

Foi alumna do Colexio Alemán e posteriormente estudou Filosofía e Letras nas Universidades de Barcelona e de Madrid. Durante varios anos foi profesora de Literatura e Historia na Academia Carillo. Na década dos 60 fundou a editorial Lumen, da que foi directora durante case 40 anos. En 1978 publicou a súa primeira novela, "El mismo mar de todos los veranos", a primeira dunha triloxía á que lle seguiu en 1979 "El amor es un juego solitario", coa que gañou o Premio Cidade de Barcelona, e concluiu ao ano seguinte con "Varada tras el último naufragio". Tamén é autora de contos infantís e libros de relatos. Entre as súas obras máis recentes figuran "Bingo" (2007), "Prefiero ser mujer" (2006) e "Confesiones de una editora poco mentirosa" (2005). Testemuña de excepción e protagonista activa dun mundo no que a lei da oferta e da demanda chegaba a sustituir os valores estrictamente literarios, Esther Tusquets practicou sempre o humor, a vivacidade, o aprezo polos libros e a literatura. Na súa ampla traxectoria editorial contribuiu a forxar o camiño profesional de autores como Miguel Delibes, Ana María Matute, Pablo Neruda, Carlos Barral, Anna María Moix, Cristina Peri Rossi e Carmen Martín Gaite, entre outros.

Altres llibres del mateix autor en castellà