David Wapner

Bos Aires, Arxentina, 1957

É poeta, narrador, dramaturgo e músico. Foi un dos fundadores da banda Gutural, coa que actuou en numerosos espectáculos durante os 80. Colaborou con varias publicacións culturais e literarias, entre as que figuran Humi, Anteojito, Billiken, La Nación de los Chicos e Extremaficción, da que foi director nos 90. As súas pezas teatrais representáronse en Arxentina, Chile, Bolivia. Publicou numerosos libros de poesía e de ficción para lectores infantís de Arxentina, polos que recibiu varios galardóns. Entre as súas obras destacan "Canción decidida", "Pajarraigos", "El otro Gardel", "La noche". Dende 1998 reside en Israel. Nos anos posteriores participou en traballos audiovisuais, exposicións multimedia e proxectos desenvolvidos a través da Internet. Ademais, imparte obradoiros de escultura para público infantil e xuvenil.

http://davidwapner.blogspot.com.es

Altres llibres del mateix autor en castellà