Milena Agus

Xénova, 1959

Reside en Cagliari (Sardeña) onde traballa de profesora de Lingua e Historia nun Instituto. Dende sempre estivo moi unida a esa illa, terra natal da súa nai; un espazo que adquire moito protagonismo nos seus textos. Sendo moi nova comezou a escribir poesía e xa en 2005 acadou o éxito coa súa primeira novela, "Mentre dorme il pescecane". Coa súa segunda obra, "Mal de pedra", que fora finalista do Premio Junturas 2004, recibiu o Premio Elsa Morente 2006 en Italia e irrompeu no panorama literario internacional, chegando aos primeiros postos de vendas durante semanas en Italia, Francia, Alemaña e España. Posteriormente publicou "Ali di Babbo" (2008) e "La contessa di ricotta" (2009), que foron moi ben recibidas pola crítica e polo público europeo. As súas novelas, caracterizadas pola presenza de paisaxes de ensoño, elementos fantásticos e moita imaxinación, son moi apreciadas polo seu estilo natural e intenso, que introduce aspectos como a feminidade, a nostalxia e a esperanza. Con "Mal de pedra", Milena Agus crea unha pequena xoia literaria que non deixa indiferente a ninguén, ao crear un mundo propio, descrito con delicadeza e paixón, no que se mesturan o real e o onírico e onde trunfa o verdadeiro amor.