Janet & Allan Ahlberg

Janet Hall (Yorkshire, Inglaterra, 1944 - 1994) Allan Ahlberg (Croydon, Inglaterra, 1938) Coñecéronse nun curso de formación do profesorado e casaron en 1969. Xuntos crearon uns 40 libros infantís escritos por el e ilustrados por ela, que recibiu en dúas ocasións a Medalla Kate Greenaway. Dende a publicación dos seus primeiros traballos en 1976, foron autores de éxito, con millóns de exemplares vendidos, ata o falecemento de Janet. Allan produciu máis de 150 obras, algunhas ilustradas pola filla de ambos, Jessica Ahlberg.

Other books from the same author in Spanish