Ajubel

Villa Clara (Cuba), 1956

Pintor, ilustrador, debuxante satírico, gravador e deseñador gráfico. Establecido en España dende hai 20 anos. Ao longo da súa traxectoria recibiu máis dun cento de galardóns, tanto no seu país natal, como noutros: Medalla de Bronce e Mención de honra en The Best of Newspaper Design (Estados Unidos, 1994), Premio Nacional de Ilustración Infantil e Xuvenil (España, 1994), premio da Feira do Libro de Boloña en 2009 pola obra "Robinson Crusoe". Participou en exposicións individuais e colectivas en Italia, Brasil, México e España. Ten obra permanente en museos de Cuba, Bulgaria, Irlanda e Canadá.

Other books from the same author in Spanish