Pablo Albo

Alicante, 1971

Diplomado en Traballo Social pola Universidade de Alicante, profesión que non chegou a exercer para adicarse á literatura e á narración oral. Participou nos principais festivais de narración oral que se celebran en España. Gañou en 2003 o primeiro premio do III Certame Internacional de Álbum Infantil Ilustrado Cidade de Alicante e en 2008 o Premio Villa d'Ibi e o Premio Lazarillo. Publicou artigos sobre narración oral en revistas especializadas como Ñaque. Teatro, expresión, educación. Na súa faceta como narrador recibiu o primeiro premio da VI Mostra Maratón de Monólogos Solo ante el peligro. Colabora en programas radiofónicos recomendando libros infantís. Reside entre o seu Alicante natal e o seu Albacete de adopción. É autor, entre outros libros, de Melena, editado por FAKTORÍA K.

http://www.pabloalbo.com/

Other books from the same author in Spanish