Jose Luis Alonso de Santos

Valladolid, 1942

Dramaturgo, director escénico e guionista. Licenciado en Filosofía e Letras e en Xornalismo (Universidade Complutense). A súa carreira teatral iniciouse en 1964 nos grupos de Teatro Independente. Dirixiu a Real Escola Superior de Arte Dramática de Madrid e a Compañía Nacional de Teatro Clásico. É autor de máis de trinta obras, entre as que destacan "Bajarse al moro", "La estanquera de Vallecas" ou "Viva el duque, nuestro dueño", que foron levadas ao cine. Versionou obras de autores como Shakespeare, Molière ou Calderón. Escribiu guións de cine, series de televisión, narrativa infantil e novelas. Recibiu, entre outros, o Premio Nacional de Teatro, a Medalla de Ouro de Teatro de Valladolid, o Premio Max e o Premio Castilla e León das Letras 2009.

http://www.joseluisalonsodesantos.com/

Other books from the same author in Spanish