David Daniel Álvarez Hernández

México D.F., 1984

Licenciado na Escola de Deseño do Instituto Nacional de Belas Artes de México (EDINBA). Os seus estudos de Artes Plásticas levárono ao campo da ilustración, no que recibiu varios recoñecementos a nivel internacional: 1º Premio de Ilustración (categoría de Estudante) no Encontro Latinoamericano de Deseño 2011, organizado pola Universidade de Palermo; 2º posto no Catálogo de Ilustradores para Publicacións Infantís e Xuvenís da Cidade de México 2011. Tamén foi seleccionado para a Bienal Ilustrarte 2012, en Lisboa.

http://escamasdeplata.blogspot.mx/

Other books from the same author in Spanish