Manuel Álvarez Torneiro

A Coruña, 1932

Traballou durante moitos anos no eido do xornalismo, vencellado ao diario La Voz de Galicia. Mantén unha actividade poética ininterrumpida dende o seu debut serodio, coa obra "Memoria dun silencio" (1982). A súa traxectoria inclúe os títulos "Rigorosamente humano" (1995, Premio Esquío), "Luz de facer memoria" (1999, Premio González Garcés e Premio da Crítica Española) e "Campo segado" (2001). A estes súmanse tamén os tres libros editados na primeira etapa da colección Tambo: "Epicentro" (2003, finalista do Premio Nacional de Poesía), "Setembro Stradivarius" (2004) e "Parábola do incrédulo" (2006). Polo seu último poemario, "Os ángulos da brasa", recibiu o Premio Nacional de Poesía 2013, o Premio da Crítica Española 2012, o Premio Ánxel Casal de Poesía 2012 (Asociación Galega de Editores) e o Premio da Asociación de Escritores en Lingua Galega 2013.