Pablo Amargo

Oviedo, 1971

Comeza o seu labor de ilustrador profesional a mediados dos anos noventa, colaborando en prensa, proxectos publicitarios, publicacións e ilustrando libros. Participou en exposicións individuais e colectivas de ámbito nacional e internacional. Entre os galardóns máis destacados da súa traxectoria destacan o Premio Lazarillo de Ilustración (1999), o Premio Nacional de Ilustración (2004), e o Premio CJ Picture Book Award (Corea, 2011). Foi seleccionado para participar na Feira Internacional do Libro Infantil e Xuvenil de Boloña en 2003, 2005 e 2009.

Other books from the same author in Spanish