Pello Añorga

Oiartzun, 1956

Estudou Maxisterio en San Sebastián. Exerceu a docencia na ikastola de Oiartzun, investigando diversos medios de expresión. En 1986 comezou a traballar como narrador por escolas e bibliotecas de toda a xeografía vasca. Tamén imparte obradoiros de contacontos na Facultade de Eskoriatza, pertencente á Universidade de Mondragón. Ademais, colabora dende os seus comezos co Seminario do Libro Infantil.