Carles Arbat

Bescanó, Girona, 1973

Graduado en deseño gráfico na Escola de Arte de Olot. Os seus traballos centráronse nos eidos editorial, gráfico e publicitario. Ilustrou libros para lectores adultos, público infantil e xuvenil. Colaborou con diversas revistas e participou en diversas mostras individuais e colectivas en escolas de arte, centros cívicos, dependencias municipais e casas de cultura. Recibiu o Premio Lazarillo para Ilustradores (2002).

Other books from the same author in Spanish