Bernardo Atxaga

Asteasu, Guipúzcoa, 1951

É o pseudónimo de Joseba Irazu Garmendia; licenciado en Ciencias Económicas pola Universidade de Bilbao. A súa produción literaria está escrita integramente en éuscaro e dende 2006 pertence á Real Academia da Lingua Éuscara-Euskaltzaindia. Entre as súas obras máis importantes destacan o libro de poemas "Etiopía" (1972), "Chuck Aranberri dentista baten etxean" (1982), "Poemas & Híbridos (1993) e "O fillo do acordeonista" (2003), co que recibiu o Premio da Crítica, entre outros galardóns, como o Donostia Hiria, o Premio Euskadi de Literatura ou -o máis recente- o Premio Grinzane Cavour de narrativa estranxeira. FAKTORÍA K publicou deste autor a obra "Obabakoak", a súa obra máis internacional e galardoada, traducida ao galego tamén por Ramón Nicolás.

http://www.atxaga.org/es