Frédérique Bertrand

Épinal, Francia, 1969

Graduada na Escola Nacional de Belas Artes de Nancy, cidade onde vive e traballa. Colaborou con medios de comunicación audiovisuais, xornais e revistas internacionais. Traballou no deseño e produción de películas de animación. Publicou libros infantís en editoriais de varios países. Participou en exposicións individuais e colectivas, e imparte obradoiros. Recibiu o Premio de Ilustración da Bienal Internacional de Barreiro (Portugal, 2003), dous premios da Feira Internacional do Libro Infantil e Xuvenil de Boloña (1999 e 2003), o Silver Award ao mellor deseño de prensa en arte e ilustración (Chicago, 1998) e o Silver Pencil Award (Amsterdam, 1997). 

http://www.lesfreds.com/frederiquebertrand.php

Other books from the same author in Spanish