Pere Calders

Barcelona, 1912; , 1994

Autor de contos e de novelas, tamén foi debuxante e estudou na Escola Superior de Belas Artes de Barcelona. Aos 14 anos escribiu o seu primeiro relato, que se publicou en 1936 nunha colección de textos breves. Traballou na redacción do Diari Mercantil e colaborou en Diari de Barcelona, La Rambla e noutras publicacións. Tras permanecer en dous campos de concentración pola súa pertenenza ao exército republicano, exiliouse en México, onde seguiu escribindo, ata o seu regreso a Barcelona en 1962. Recibiu os premios Víctor Català (1954), Premio Sant Jordi (1964), Lletra d'Or (1979), Joan Crexells (1986) e o Premio de Honra das Letras Catalanas (1986). A súa obra, na que sobresae "Cróniques de la veritat oculta", traduciuse a numerosas linguas. [Fotografía: Francesc Melcion]

Other books from the same author in Spanish