Eric Carle

Siracusa, Nova York (EEUU), 1929

Autor de máis de 70 álbums, Eric Carle comezou a ilustrar libros en 1967, logo de moitos anos exercendo como director de arte nunha axencia de publicidade. Estudou na prestixiosa escola de arte Akademie der Bildenden Künste, de Stuttgart, en Alemaña. Regresou a Norteamérica en 1952, cun portafolio e 40 dólares no peto, buscando unha oportunidade que lle chegou como deseñador gráfico para The New York Times. O primeiro libro da súa completa autoría foi 1,2,3, to the Zoo (1968), ao que seguiu The very hungry caterpillar. Foi galardoado co Premio da Feira Internacional do Libro Infantil de Boloña, e distiguido pola Asociación de Libreiros Infantís e mais a Asociación Americana de Bibliotecas. Eric Carle ten dito: "Con moitos dos meus libros intento tender unha ponte entre o fogar e a escola. O paso do fogar ao colexio é o segundo maior trauma da nenez; o primeiro, por suposto, é nacer. En ámbolos casos deixamos un lugar de calidez e protección por outro descoñecido. Creo que os nenos son creativos por natureza e capaces de aprender. Nos meus libros intento conter ese temor, reemprazalo cunha mensaxe positiva. Quero ensinarlles que aprender é realmente fascinante e divertido".

http://www.eric-carle.com

Other books from the same author in Spanish