André da Loba

Aveiro, 1979

Malia a súa curta traxectoria, é un dos ilustradores emerxentes do actual panorama mundial da ilustración. O seu traballo foi premiado pola Feira Internacional do Libro Infantil e Xuvenil de Boloña, pola Sociedade de Ilustradores de Nova York e pola American Ilustration. Tamén foi distinguido polas revistas 3x3, CMYK ou Lurzer's Archive, que o seleccionou como un dos 200 mellores ilustradores de todo o mundo en 2010. Colabora co New York Times e coa Times Magazine, así como outras publicacións en Europa e América do Sur. Ten ilustrado máis dunha decena de libros infantís en Portugal, España e Brasil. É profesor invitado no Master de Ilustración do I.S.E.C. e imparte clases na Escola de Deseño Parsons de Nova York. Vive en Brooklyn, onde é secretamente feliz.