Ana Fernández-Abascal

Cantabria, 1950

Adicouse durante moitos anos a exercer a actividade docente en diversos centros de ensino galegos, os máis deles nunha escola de Arzúa. Impartiu clases a rapaces de todas as idades. Participou na elaboración de varios libros de lecto-escritura e estivo sempre vencellada aos movementos de renovación pedagóxica existentes en Galicia.