María José Ferrada

Chile, 1977

Licenciada en Comunicación Social pola Universidade Diego Portales de Chile. Estudou Lingüística aplicada á Tradución na Universidade de Santiago de Chile e realizou un máster en Estudos Asiáticos pola Universidade de Barcelona. Participou no Taller de Escritura da Fundación Pablo Neruda e publicou o seu primeiro libro en 2005. Tamén é autora de guións para curtametraxes, colabora con iniciativas literarias e teatrais, e publicou libros infantís. Entre as súas obras destacan "Un mundo raro" e "O baile diminuto" (Bolsa do Fondo de Fomento do Libro e da Lectura, Chile), editadas por KALANDRAKA. Traballa como xornalista e profesora do Instituto Chileno Xaponés de Cultura.

Other books from the same author in Spanish