Aaron Frisch

Browerville, 1975; North Mankato, 2013

Graduado na Escola Superior de Browerville e na Universidade de St. John. Dende 1998 traballaba como editor en The Creative Company, onde publicou numerosos títulos como autor. Escribiu sobre deportes, natureza, biografías e relatos para público infantil e xuvenil. Destacados artistas plásticos, como Roberto Innocenti ou Etienne Delessert, ilustraron os seus textos. Ademais de "La niña de rojo", publicou outros álbums: "Pirates at the Plate", "The Lonely Pine", "A Night on the Range" (Spur Award 2011) e "Dark Fiddler: The Life and Legend of Nicolo Paganini". Entre os recoñecementos recibidos, foi finalista do Minnesota Book Award 2011 na categoría de libro infantil.

Other books from the same author in Spanish