Josse Goffin

Bruselas (Bélgica), 1938

Estudou deseño gráfico e comunicación visual. Comezou a súa traxectoria como director de axencias de publicidade e editoriais. A súa produción gráfica inclúe carteis culturais e comerciais, portadas de revistas e campañas de publicidade internacionais. Tamén é ilustrador de libros infantís, dos cales “Oh!” foi premiado na Feira do Libro de Bolonia en 1993. A súa obra expúxose en Europa, Estados Unidos e Xapón.

http://www.jossegoffin.com/

Other books from the same author in Spanish