Nicolás Guillén

Camagüey, Cuba, 1902; La Habana, Cuba, 1989

Poeta Nacional de Cuba. Participou na vida cultural e política cubana, o que lle custou o exilio varias veces. Ingresou no Partido Comunista en 1937 e, tralo trunfo da Revolución en 1959, desempeñou cargos e misións diplomáticas. Iniciou a súa produción literaria no posmodernismo e afianzouna nas vangardas, sendo un referente da poesía negra ou afroantillana: Motivos del son (1930), Sóngoro cosongo. Poemas mulatos (1931), West Indies Ltd. (1934). Evolucionou cara á poesía de tipo social e político: La paloma de vuelo popular (1958). Con Poemas de amor (1964), El gran zoo (1967), La rueda dentada (1972), El diario que a diario (1972) e Por el mar de las Antillas anda un barco de papel. Poemas para niños y mayores de edad (1977) amosan a súa capacidade para expresar preocupacións diversas. Prosa de prisa (1975-1976) contén os seus traballos xornalísticos.

Other books from the same author in Spanish