Manolo Hidalgo

Madrid, 1967

Licenciado en Belas Artes (Universidade Complutense de Madrid). Debuxante, guionista, ilustrador e profesor de debuxo e historieta. As súas obras publicáronse en revistas, xornais e suplementos. Tamén realizou exposicións no Museo Español de Arte Contemporáneo, na sala Antonio Machado de Leganés e galerías de Italia, Suiza e Francia. Ademais de traballar en proxectos educativos e multimedia para editoriais nacionais e estranxeiras, na actualidade realiza labores de difusión artística e cultural no Concello de Leganés. É autor de varias novelas gráficas para adultos, libros ilustrados para público infantil, e portadas e ilustracións para obras doutros autores. Recibiu o Premio Lazarillo 2005, entre outros galardóns. Foi un dos participantes no proxecto francés Comix 2000.