Qingyun Huang

Guangzhou, sur de China, 1920

O seu nome, que significa 'celebración da lúa', marcou tal vez a súa vocación de autora especializada en poesía para nenos. Coñecida popularmente como 'Irmá nube' ou 'Tía nube', graduouse en 1939 na Universidade Nacional de Zhongshan e en 1948 obtivo a mestría en Belas Artes na Universidade de Columbia (EEUU). Comezou a súa traxectoria na revista de Hong Kong 'Os novos nenos' e, durante toda a súa vida, traballou como editora, profesora, tradutora e escritora de contos infantís. O seu traballo foi recoñecido no interior de China, Hong Kong, Macao e outros países do Sureste de Asia. Creou máis de 60 coleccións de libros; entre as súas obras destacan "A máis estrana das estrelas", "Nova lúa", "A idade de ouro da infancia", "O espertar das flores" e "O can intelixente e o gato das cen transformacións".

Other books from the same author in Spanish