Roberto Innocenti

Florencia (Italia), 1940

De formación autodidacta, iniciou a súa traxectoria artística nun estudio de animación; tamén traballou na diagramación de libros e no deseño de carteles para cine e teatro. Ilustrou textos de Eta Hoffmann, Charles Perrault, Oscar Wilde e Christophe Gallaz. As súas obras publicáronse en todo o mundo. Entre outras distincións, recibiu a Mazá de Ouro na Bienal de Bratislava, a Medalla de Prata da Sociedade de Ilustradores de Nova York e o Premio Hans Christian Andersen 2008.

http://www.robertoinnocenti.com/

Other books from the same author in Spanish