Jan Lööf

Trollhättan (Suecia), 1940

Ilustrador, autor, debuxante de banda deseñada e músico de jazz. Estudou na Academia de Arte de Estocolmo a principios dos anos 60. En 1967 publicou o seu primeiro álbum de cómic e na década seguinte traballou de actor en algunhas producións para televisión. Durante 1985 realizou o seu propio programa infantil na televisión sueca.